Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Eléctrica de Catoira, S.A.
Enderezo social: Gondar, 5, 36612 Catoira.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Penedes.
Situación: Catoira.
Descricións técnicas: L.M.T., aéreo subterránea, a 20 kV, de 110 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, e 152 m o tramo subterranea, con conductor tipo R.H.V., desde un apoio s/n da L.M.T. Lombas-A Baiuca, rematando no C.T. que se proxecta en Penedes, concello de Catoira. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. aéreos subterránea, de 990 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, e 246 m de
lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 25 de febreiro de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
2174