Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 30 de marzo de 1999 Páx. 3.601

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/60-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: retranqueo L.M.T., PARC. 15-17-18-19, Polg. Sabón.

Situación: Arteixo.

Características técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 138 m de lonxitude, con orixe na liña a C.T. concello (expediente 32780) e remate no C.T. Ponte da Horta (expediente 24715) de 105 m de lonxitude, con orixe na liña Polígono de Sabón 2 e 3 (expediente 29319) e remate no C.T. Facet. Arteixo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 24 de febreiro de 1999.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións

2172