Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 30 de marzo de 1999 Páx. 3.592

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 1999 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 98/038 de corpos docentes universitarios convocado por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez

designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión que ha de resolve-lo concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade número 98/038 convocado por Resolución do 6 de abril de 1998 (BOE do 30 de abril), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte á súa publicación.

A Coruña, 11 de marzo de 1999.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: medicina.

Praza nº: 98/038.

Comisión titular.

Presidente: Vilardell Tarres, Miguel, catedrático de univesidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

Secretario: Vidal Marsal, Francisco, profesor titular de universidade. Universidade Rovira y Virgili.

Vocais:

Cuervas-Mons Martínez, Valentín, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

Antona Gómez, José María, profesor titular de universidade. Universidade de Estremadura.

Grasa Jordan, María del Pilar, profesora titular de universidade. Universidade de Zaragoza.

Comisión suplente.

Presidente: Martínez Vázquez, José Manuel, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario: Masa Vázquez, Cándido, profesor titular de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

Vocais:

Arroyo Pérez, Vicente, catedrático de universidade. Universidade de Barcelona.

Simarro Martín-Ambrosio, Eugenio, profesor titular de universidade. Universidade de Oviedo.

Collantes Estévez, Eduardo, profesor titular de universidade. Universidade de Córdoba.