Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 30 de marzo de 1999 Páx. 3.591

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 1999 pola que se elevan a definitivas as relacións de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a cobertura mediante nomeamento de persoal interino dun posto de traballo de analista-programador (grupo B), vacante nos servicios centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 23 de novembro de 1998 (DOG número 236, do 4 de decembro).

Rematado o prazo de reclamación contra as relacións provisionais de aspirantes admitidos e excluídos ás referidas probas, e de acordo co disposto na base sexta da orde de convocatoria do 23 de novembro de 1998 (DOG nº 236, do 4 de decembro), esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Elevar a definitivas as relacións de aspirantes admitidos e excluídos á celebración das probas selectivas sinaladas ó comezo, que se publican como anexo I á presente resolución.

Segundo.-O tribunal cualificador das probas terá a seguinte composición:

Tribunal titular:

Presidente: José Antonio Redondo López, director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Vocais:

Heriberto García Porto, director técnico de Construcións do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Alfonso Blasco García, xefe do Servicio de Actualización de Datos do Persoal da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Francisco Xavier Salvado Cives, en representación dos funcionarios da Comunidade Autónoma.

Secretario: Jorge Picouto Delgado, xefe do Servicio de Xestión de Recursos Humanos e Réxime Interior do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Tribunal suplente:

Presidenta: Beatriz Cuiña Barja, secretaria xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Vocais:

Mª Elena Barba Pan, xefa do Servicio Prog. Xest. Invest. e Apoio Admtvo. do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Susana Mª Castro Barral, xefa de Servicio de Selección e Provisión de Postos de Traballo da Consellería de Presidencia e Administración Pública.

Ana García Cao, en representación dos funcionarios da Comunidade Autónoma.

Secretario: Víctor Gallego Vincent, xefe de sección de Persoal e Réxime Interior do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 1999.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

ANEXO I

Grupo B: analista-programador

Relación definitiva de admitidos

DNIApelidos e nome

52.453.475CBrión Santos, Isolino

33.290.537SCouto Losada, José Alberto

32.665.816CFernández González, Ángel Daniel

52.471.620HGarcía Araujo, Rafael José

36.020.535MPortela Gelusich, José Manuel

76.366.774NRiotorto Suárez, Javier

32.649.997WTella Dorrio, Nicolás

32.802.599ETrens Sieira, José Antonio

33.329.201QVázquez Iglesias, Nicolás

76.713.194YVila Pérez, Hernán Ovidio

Relación definitiva de excluídos

DNIApelidos e nomeCausa

32.771.193 Álvarez Vilariño, José Jorge Falta DNI

base sexta

Orde 23-11-1998