Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 29 de marzo de 1999 Páx. 3.567

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XOVE

ANUNCIO de convocatoria de concurso de ideas para o deseño do parque do Centro Cívico de Xove.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 1 de marzo de 1999, acordou a convocatoria do concurso de ideas para o deseño do parque do Centro Cívico de Xove, de conformidade coas bases que foron obxecto de publicación no BOP de Lugo, nº 57, do 11 de marzo de 1999, cun orzamento máximo para esta actuación, resultante da suma do orzamento de execución por contrata e dos honorarios profesionais correspondentes tanto ó proxecto coma á dirección das obras (IVE incluído) de 40.000.000 de ptas.

Cadro de características do concurso.

1. Obxecto: deseño do parque do Centro Cívico de Xove.

2. Orzamento máximo: 40.000.000 (IVE incluído) de ptas.

3. Partida: 60,4.

4. Lugar de presentación de solicitudes de inscrición e información: rexistro xeral do Concello de Xove (Camiño Real, s/n, Xove). Facilitarase, así mesmo, copia das bases en persoa, por correo, telecopia ou correo electrónico (xove*fegamp.es).

5. Prazo de presentación de proposicións: 30 días naturais contados desde esta publicación.

6. Dereitos de inscrición: 15.000 ptas.

7. Modalidades básicas de financiamento e pagamento: concurso financiado con fondos propios.

8. Premios: 1º premio encargo do traballo, proxecto e dirección de obra con anticipo a conta; 2º premio 300.000 ptas.

Xove, 11 de marzo de 1999.

Jesús López González

Alcalde

Manuel Díaz Sánchez

Secretario

ANEXO I

Modelo de solicitude de inscrición

Admítese a presentación de solicitudes de inscrición mediante telefax ó nº 982 59 21 54 e por correo electrónico ó seguinte E-Mail: xove*fegamp.es

Don/Dña....., con enderezo na rúa..... e con teléfono nº......, con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº......, actuando en nome propio (ou en representación de DNI ou CIF nº..... e con enderezo en....., nº teléfono.....) toma parte no concurso de ideas para o deseño do parque do Centro Cívico de Xove e para estes efectos faise constar:

1) Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven das súas bases reguladoras.

2) Que achega o xustificante de ter feito o correspondente ingreso de 15.000 ptas. para participar no concurso.

3) Que fixa como enderezo para os efectos de recepción de documentación o seguinte.....

En....., ..... de..... de 19..

O/a concursante (Asinado e rubricado)

Modelo de sobre:

Inscrición para tomar parte no concurso de ideas para o deseño do parque do Centro Cívico de Xove..................................presentada por: ......................................

En....., .... de..... de 19..

O/a concursante (asinado e rubricado)