Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 29 de marzo de 1999 Páx. 3.567

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización do plan parcial O Pombal (expediente 4080/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 5 de marzo de 1999, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do plan parcial O Pombal, presentado por José Carlos Alonso Pena, redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos, Alberto Moreno García, e visado os días 26 de xaneiro e 18 de xuño de 1998, así como o seu complementario de urbanización do camiño de baixada á Pontenova redactado tamén polo mesmo enxeñeiro de camiños e visado o día 26 de outubro de 1998.

Procédese ó trámite de información pública do citado proxecto durante o período dun mes a través de publicación no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia e no taboleiro de anuncios da Xerencia.

Indícase que o prazo de exposición ó público se entendera aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 de Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por se ignora-lo seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 12 de marzo de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo