Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 29 de marzo de 1999 Páx. 3.521

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 9 de marzo de 1999 pola que se autoriza o cambio de titularidade do centro privado Valle Inclán II de Ferrol (A Coruña).

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Valle Inclán II de Ferrol (A Coruña), no que se solicita o cambio de titularidade do devandito centro.

Resultando que mediante escritura pública notarial outorgada ante o notario do colexio da Coruña José Cora Guerreiro, OTME, Sociedad Limitada cede a súa titularidade, para tódolos efectos, al Colegio Valle Inclán, Sociedad Limitada.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que se uniron a el os documentos esixidos e que a petición foi informada pola Inspección de Educación.

Resultando que o referido centro docente ten a correspondente autorización para impartir ensinanzas.

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que se cumpriron neste expediente tódolos requisitos esixidos pola normativa vixente nesta materia.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de titularidade do centro privado Valle Inclán II de Ferrol (A Coruña) a favor de Colegio Valle Inclán, Sociedad Limitada con tódolos dereitos e obrigas contraídas polo cesionista OTME, Sociedad Limitada, sen prexuízo das responsabilidades que puidesen recaer sobre o anterior titular do centro por actos ou omisións realizados antes do cambio de titularidade que se autoriza.

O cambio de titularidade non afectará ó réxime de funcionamento do centro.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria