Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. R/ Salvador Dalí.
Situación: Ourense.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV. de 260 metros de lonxitude en conductor RHV-12/20 kV, con orixe na L.M.T.S. do C.T. Galerías O Couto e remate na L.M.T.S ó C.T. Fátima. C.T. de 400 kVA , R/T 20.000 /380-220 V. en baixo de r/ Salvador Dalí-2. R.B.T subterránea con orixe no dito C.T. de 217 metros en conductor RV.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 24 de febreiro de 1999.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense