Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 26 de marzo de 1999 Páx. 3.481

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/14-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Freixo-Vilares-Casanova.

Situación: Celanova e Ramirás.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 2.161 metros de lonxitude en conductor LA-56, con orixe na actual derivación existente desde a L.M.T. Frieira-Sobrado e remate no C.T. proxectado con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V de Freixo. L.M.T. aérea a 20 kV de 193 metros en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 12 da L.M.T. proxectada a Freixo e remate no C.T. aéreo proxectado con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V en Vilares-Casanova. L.M.T. aérea a 20 kV de 54 metros en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 12 da L.M.T. proxectada a Freixo e remate no C.T. en caseta existente en Vilares-Casanova. 3 R.B.T. aéreas de 1.667, 837 e 599 metros en conductores R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 24 de febreiro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense