Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 26 de marzo de 1999 Páx. 3.471

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1999 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán os concursos para a provisión das prazas 98/56 e cinco máis de corpos docentes universitarios convocados por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán os concursos para a provisión das prazas de profesorado desta universidade números 98/56, 98/57, 98/58, 98/59, 98/61 e 98/62, convocadas por resolucións do 7 de setembro e 15 de setembro de 1998 (BOE do 29 de setembro e 2 de outubro), comisións que se relacionan como anexo a esta resolución.

As citadas comisións deberán constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 4 de marzo de 1999.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: fisioloxía.

Praza nº: 98/56.

Comisión titular:

Presidente: Acuña Castroviejo, Carlos, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario: González Martínez, Constancio, catedrático de universidade. Universidade de Valladolid.

Vocais: González González, Julián Jesús, catedrático de universidade. Universidade da Laguna.

Segura Caradona, Amon, catedrático de universidade. Universidade de Barcelona.

González Barón, Salvador, catedrático de universidade. Universidade de Málaga.

Comisión suplente:

Presidente: Delgado García, José María, catedrático de universidade. Universidade de Sevilla.

Secretario: Gallego Fernández, Roberto, catedrático de universidade. Universidade de Alacante.

Vocais: Cervero Santiago, Fernando, catedrático de universidade. Universidade de Alcalá de Henares.

Jorda Catalá, Juan José, catedrático de universidade. Universidade de Cantabria.

García Sacristán, Albino, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Praza de: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: medicina.

Praza nº: 98/57.

Comisión titular:

Presidente: Vilardell Tarres, Miguel, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

Secretario: Richart Jurado, Cristóbal, catedrático de universidade. Universidade Rovira i Virgili.

Vocais: Zarco Gutiérrez, Pedro, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Iglesias Díez, Luis, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Vicente García, Vicente, catedrático de universidade. Universidade de Murcia.

Comisión suplente:

Presidente: Martínez Vázquez, José Manuel, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario: Rey Barroso, Celestino, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

Vocais: Pons Romero, Fernando, catedrático de universidade. Universidade de Cantabria.

Bayes de Luna, Antonio José, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

Urbano Márquez, Álvaro, catedrático de universidade. Universidade de Barcelona.

Praza de: catedrático de escola universitaria.

Área de coñecemento: fisioloxía.

Praza nº: 98/58.

Comisión titular:

Presidente: Cruz Palomino, Luis Felipe de La, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario: Cudeiro Mazaira, F. Javier, catedrático de E.U. Universidade da Coruña.

Vocais: González Gallego, Javier, catedrático de universidade. Universidade de León.

Alberola Aguilar, Antonio M., catedrático de escola universitaria Universidade de Valencia (Estudi General).

Marrero Arencibia, María Isabel, catedrático de escola universitaria Universidade das Palmas de Gran Canaria.

Comisión suplente:

Presidente: Diéguez González, Carlos, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario: Sánchez Cervello, Domingo, catedrático de escola universitaria. Universidade Rovira y Virgili.

Vocais: Castillo Garzón, Manuel, catedrático de universidade. Universidade de Granada.

Pérez García, María Teresa, catedrático de escola universitaria. Universidade de Valladolid.

Cordova Martínez, Alfredo, catedrático de escola universitaria. Universidade de Valladolid.

Praza de: catedrático de escola universitaria.

Área de coñecemento: ciencias morfolóxicas.

Praza nº: 98/59.

Comisión titular:

Presidente: Jorge Barreiro, Javier, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario: Suárez Quintanilla, Juan Antonio, catedrático de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Vocais: García-Porrero Pérez, Juan Antonio, catedrático de universidade. Universidade de Cantabria.

Gil Verona, José Antonio, catedrático de escola universitaria. Universidade de Valladolid.

Latorre Macarrón, Emilia, catedrático de escola universitaria. Universidade de Valladolid.

Comisión suplente:

Presidente: Gómez Segade, Luis Alberto, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario: Merindano Encina, María Dolores, catedrático de escola universitaria. Universidade Politécnica de Cataluña.

Vocais: Azanza Ruiz, M. Jesús, catedrática de universidade. Universidade de Zaragoza.

Toranzo Martínez, Daniel, catedrático de escola universitaria. Universidade de Salamanca.

Gonzalo Ruiz, Alicia, catedrática de escola universitaria. Universidade de Valladolid.

Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: teoría da sinal e comunicacións.

Praza nº: 98/61.

Comisión titular:

Presidente: Figueiras Vidal, Aníbal R., catedrático de universidade. Universidade Carlos III de Madrid.

Secretario: Artes Rodríguez, Antonio, profesor titular de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Vocais: Comeron Tejero, Adolfo, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Mas Casals, Orestes Miquel, profesor titular de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Vidal Manzano, José, profesor titular de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Comisión suplente:

Presidente: Lagunas Hernández, Miguel Ángel, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Secretario: Díaz de María, Fernando, profesor titular de universidade. Universidade Carlos III de Madrid.

Vocais: Acha Catalina, José Ignacio, catedrático de universidade. Universidade de Sevilla.

Bravo Santos, Ángel María, profesor titular de universidade. Universidade de Valladolid.

Vall-Llossera Ferrán, Mercedes M., profesora titular de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Praza de: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento: física aplicada.

Praza nº: 98/62.

Comisión titular:

Presidente: Barral Losada, Luis Fernando, catedrático de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Secretario: Cano Malagón, Jesús, catedrático de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Vocais: Redondo Apraiz, José Manuel, catedrático de escola universitaria. Universidade Politécnica de Cataluña.

Mudarra López, Miguel, profesor titular de escola universitaria. Universidade Politécnica de Cataluña.

Cano Seijo, Manuel, profesor titular de escola universitaria. Universidade Autónoma do País Vasco.

Comisión suplente:

Presidente: Pereira Menaut, María Consolación, catedrático de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Secretario: García-Rebull Salgado, José Fernando, profesor titular de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Vocais: León Álvarez, Julio, catedrático de escola universitaria. Universidade de Córdoba.

Fernández Alonso, M. Belén Aurora, profesora titular de escola universitaria. Universidade de Oviedo.

Burillo Torrecilla, Francisco Javier, profesor titular de escola universitaria. Universidade Politécnica de Cataluña.