Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 26 de marzo de 1999 Páx. 3.470

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ANUNCIO do 17 de marzo de 1999, da División de Recursos Humanos, polo que se fai pública a lista definitiva de admitidos no proceso de selección de 15 farmacéuticos de atención primaria.

Completada a revisión de tódalas reclamacións formuladas, de conformidade coa base 8ª da convocatoria, resólvese:

1. Estima-las reclamacións presentadas por Carmen Durán Parrondo, DNI 50.167.081; José Antonio Carbajal de Lara, DNI 05.196.009 e Nuria Iglesias Álvarez, DNI 34.974.631.

2. Desestima-las restantes reclamacións.

3. Publica-la lista definitiva de admitidos na orde de prelación obtida, nos taboleiros de anuncios deste centro directivo, das direccións provinciais e das xerencias de atención primaria.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso ordinario perante a División de Recursos Humanos no prazo dun mes desde a data seguinte a súa publicación no DOG, nos termos establecidos nos artigos 114 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 1999.

Valeriano Martínez García

Director da División de Recursos Humanos