Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 25 de marzo de 1999 Páx. 3.430

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación, por concurso aberto, da execución das obras do proxecto de construcción dun museo de arte contemporánea no antigo cárcere e xulgados da rúa do Príncipe de Vigo.

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Concello de Vigo.

Dependencia: Patrimonio e Contratación.

Nº expediente: 12027/240.

2. Obxecto do contrato:

Descrición: execución das obras do proxecto de construcción dun museo de arte contemporánea no antigo cárcere e xulgados da rúa do Príncipe de Vigo.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: 24 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 1.420.635.088 ptas. (8.538.188,84 euros).

5. Garantías:

Provisionais: 28.412.701 ptas. (170.763,77 euros).

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40. Correo electrónico: ofi.patmun*vigo.org.

A documentación terá que ser previamente solicitada mediante fax ou correo electrónico ó número ou enderezos indicados.

O custo da documentación é de 70.000 ptas.

Data límite para solicitar documentación: ata o día 23-4-1999.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: grupo C, subgrupo todos, categoría e; grupo J, subgrupo 2, categoría d; grupo K, subgrupo 7, categoría e.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 17 da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas:

Prazo: ata o día 23-4-1999.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas:

Entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do día 27-4-1999.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 8 do prego de condicións.

11. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 12 de marzo de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

2690