Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 25 de marzo de 1999 Páx. 3.429

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación do servicio da casa de acollida e piso tutelado para mulleres maltratadas.

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Concello de Vigo.

Dependencia: Muller, Patrimonio e Contratación.

Nº expediente: 841/224.

2. Obxecto do contrato:

Descrición: servicio da casa de acollida e piso tutelado para mulleres maltratadas.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: 4 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinario.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 37.147.778 ptas. (223.262,64 euros).

5. Garantías:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: grupo III, subgrupo 8, categoría b.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas:

Prazo: 26 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra ou no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas:

Entidade, domicilio e localidade: Secretaría Xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase ó recollido na cláusula 10 do prego de condicións.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 11 de marzo de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde