Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 25 de marzo de 1999 Páx. 3.423

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 1999 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Viajes Airbús Galicia, S.A., sita na rúa Rosalía de Castro, 28 oficina 9, de Vigo.

Visto o expediente instruído por instancia de Jesús Fontán Fernández, na súa calidade de representante da entidade mercantil Viajes Airbus Galicia, S.A., en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento, en Vigo, na rúa Rosalía de Castro, 28-oficina 9, da axencia de viaxes Viajes Airbús Galicia, S.A., do grupo retallista, co código identificativo XG-112, que ten a súa casa central en Redondela, na rúa Praza de Ribadavia, 2-baixo.

Resultando que, o interesado achegou coa solicitude acompañou toda a documentación a que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/89, do 22 de xuño.

Resultando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Considerando que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes, concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado

á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo; a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente; o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia; e a Orde do 12 de xaneiro de 1998 da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se delega no director xeral de Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos e dependencias auxiliares das axencias de viaxes xa autorizadas, esta dirección xeral

RESOLVE:

Autoriza axencia de viaxes Viajes Airbús Galicia, S.A., sita en Redondela, na rúa Praza de Ribadavia, 2-baixo, da que é titular a entidade mercantil Viajes Airbús Galicia, S.A., a apertura dun novo establecemento en Vigo, na rúa Rosalía de Castro, 28, oficina 9, que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma Galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 1999.

P.D. (Orde 12-1-1998)

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo