Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 25 de marzo de 1999 Páx. 3.423

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 18 de marzo de 1999 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso con procedemento aberto e polo trámite de urxencia, de traballos específicos e concretos non habituais para a realización de actos clínicos da Campaña de Saneamento Gandeiro de 1999.

Advertidos erros na publicación da devandita resolución, feita no Diario Oficial de Galicia número 57 do pasado 24 de marzo, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 3.345, columna dereita, no punto 8.a) di: «o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 5 de abril de 1999» e debe dicir: «o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 6 de abril de 1999». Así mesmo, na páxina 3.345, columna esquerda, no punto 9.d) di: «Data: 12 de abril de 1999» e debe dicir: «Data: 13 de abril de 1999».