Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 25 de marzo de 1999 Páx. 3.419

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/32-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Manuel Carabelos Estévez.

Domicilio social: José Antonio, 15, 36780 A Guarda.

Denominación: L.M.T. e C.T. Panascos-Figueiró.

Situación: Tomiño.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV, de 259 m de lonxitude, con conductor tipo LA-30, sobre apoios de formigón, desde a L.M.T. que alimenta ó matadoiro frigorífico Baixo Miño, propiedade de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., ata o C.T. que se proxecta en Panascos-Figueiró, concello de Tomiño. C.T. de 50 kV, relación de transformación 20 kV-398/230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 2 de febreiro de 1999.

Camen Bianchi Valcarce

Delegado provincial de Pontevedra