Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Pepín-Fontecarmoa.
Situación: Vilagarcía de Arousa.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV, de 20 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña CAR 8.03, na derivación existente ó C.T. Pepín, que se vai substituír, rematando no C.T. que se proxecta denominado Pepín, en Fontecarmoa, concello de Vilagarcía de Arousa. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. aérea, de 210 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón. R.B.T. subterránea, de 80 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 27 de xaneiro de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra