Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 25 de marzo de 1999 Páx. 3.416

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación dun servicio para a realización dunha aplicación informática e desenvolvemento dun sistema de información e xestión das probas de aptitude para o acceso á universidade (PAAU).

A Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Universidades.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: realización dunha aplicación informática e desenvolvemento dun sistema de información e xestión das probas de aptitude para o acceso á universidade (PAAU).

b) Prazo de execución: desde o día seguinte ó da adxudicación e ata o 1 de decembro de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: dezanove millóns concocentas mil pesetas (19.500.000 ptas.) co IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Enderezo: San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15704.

d) Teléfono: 981 54 44 00/ 44 30.

e) Fax: 981 54 54 22.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais contados desde o día seguinte ó de

publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Univeristaria.

2º Domicilio: San Caetano, s/n.

3º Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

Ou por calquera dos xeitos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 54 22) ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Dirección Xeral de Universidades da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Enderezo: San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Data: quinto día natural, contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo da presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Gastos de anuncio.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 1999.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria