Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 25 de marzo de 1999 Páx. 3.415

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 1999 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, do concurso de asistencia técnica de estudio dos accesos a Galicia mediante unha nova liña ferroviaria de altas prestacións.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Transportes.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: asistencia técnica de estudio dos accesos a Galicia mediante unha nova liña ferroviaria de altas prestacións.

b) Prazo de execución: seis (6) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe máximo autorizado 300.000.000 de ptas. (IVE incluído). (1.803.036,31 euros).

5. Garantías.

Provisional: 6.000.000 de ptas. (36.060,72 euros).

6. Obtención de documentación e información.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación e o prego de prescricións técnicas poderán recollerse en:

a) Entidade: nas delegacións provinciais da CPTOPV.

Na Dirección Xeral de Transportes.

b) Enderezo: praza de Europa 5-A (2º andar).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: 981 54 45 94.

e) Telefax: 981 54 43 51.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non é necesaria.

b) Outros requisitos:

A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe dunha institución financeira precisamente referido ó traballo obxecto de licitación.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos: 1º Copias autenticadas das titulacións do persoal do equipo redactor do estudio, especificado no punto 14 (equipo do consultor), do prego de prescricións técnicas. 2º Declaración xurada do empresario na que consten os principais servicios ou traballos realizados nos tres últimos anos, que inclúan importe, datas e beneficiarios públicos ou privados deles.

Alternativamente poderase acredita-la solvencia mediante certificación vixente de esta-la empresa clasificada no grupo I, subgrupo 1, categoría D.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo: o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce horas do día 6 de maio de 1999, data na que se terá cumprido o prazo de 52 días desde que se remitiu este anuncio, para a súa publicación no DOCE.

b) Documentación que integrará as ofertas: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Domicilio: r/ San Caetano s/n.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15071.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Dirección Xeral de Transportes.

b) Domicilio: r/ praza de Europa 5-A (2º andar).

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: día 17 de maio de 1999.

e) Hora: as doce horas.

10. Outras informacións: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que se xunta no anexo do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 16 de marzo de 1999.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 1999.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG do 21)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda