Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 25 de marzo de 1999 Páx. 3.412

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 22 de febreiro de 1999 pola que se fixan os períodos hábiles de pesca e normas relacionadas con ela nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a temporada de 1999.

Páxina 2.558.

Encoro de Cecebre:

No segundo parágrafo, onde di: «ponte do viaducto da autoestrada A-9...», debe dicir: «Ponte das Tablas...».

Páxina 2.559.

Río Santabaia:

Onde di: «Río Santabaia», debe dicir: «Río Santabaia e afluentes».

Ó final do parágrafo, despois de 5,5 km, deberase engadir: «Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Páxina 2.563.

Río Eo e afluentes:

No segundo parágrafo, onde di: «Aprázase o inicio da temporada ata o 9 de maio...», debe dicir: «Aprázase o inicio da temporada para a troita ata o 9 de maio...».

Páxina 2.567.

Delimitación de zonas de desembocadura:

No interior do cadro:

Río Ouro: Onde di: «Ñonte vella de Fazouro», debe dicir: «Ponte vella de Fazouro».

Río Landro: Onde di: «Ponte vella de Fazouro», debe dicir: «Ponte de Portachao».

Normas de pesca: no cuarto parágrafo, onde di: «As zonas antes delimitadas...» suprímese «(ata a antiga central eléctrica de Posada no río Ouro)», e, debe dicir: «As zonas antes delimitadas amplíanse, unicamente para a captura da angula ou meixón, ata o final do lote 9 do couto de Abres no río Eo e ata a ponte de Barral no río Masma.

Páxina 2.568.

Río Arenteiro:

Debe suprimirse na súa totalidade o segundo parágrafo que di: «O tramo do couto do Carballiño comprendido...».

Páxina 2.569.

Río Návea-Queixa e afluentes:

No primeiro parágrafo, onde di: «a ponte da presa do pozo dos Peixes», debe dicir: «a presa do Pozo dos Peixes».

Páxina 2.572.

Río Tea e afluentes:

Ó final do segundo parágrafo, despois de «cunha lonxitude aproximada de 300 m», deberase engadir: «e nos 250 m augas abaixo da depuradora de Mondariz-Balneario».

Páxina 2.573.

Río Asneiro (afluente do Deza):

Onde di: «(límite entre os concellos de Lalín e Silleda)», debe dicir: «(concello de Lalín)».