Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 25 de marzo de 1999 Páx. 3.409

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 1 de marzo de 1999 pola que se regula a concesión de axudas a empresas para a creación no litoral de infraestructuras para actividades de tipo turístico, cultural e de lecer vinculadas ó mar.

Advertido un erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 51, do 15 de marzo de 1999, cómpre efectua-la seguinte corrección:

Na páxina 2.951, artigo 13º.-Pagamento das axudas. No seu punto a), onde di: «Facturas orixinais dos gastos realizados, xunto cunha relación delas cos importes agrupados polos conceptos que se describiron na memoria de solicitude», debe dicir: «Facturas orixinais dos gastos realizados, xunto cunha relación delas cos importes agrupados polos conceptos que se describiron na memoria de solicitude e xustificantes de pagamento delas».