Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 24 de marzo de 1999 Páx. 3.353

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEAÑO

ANUNCIO.

Aprobado polo Pleno da Corporación, en sesión do 25 de febreiro de 1999, o prego de cláusulas administrativas particulares e o proxecto técnico que rexerá o concurso tramitado para adxudicar, mediante procedemento aberto, a obra de saneamento, iluminación e mellora da rede viaria A Pedreira-Xil, polo presente anuncio convócase licitación pública para a adxudicación desta obra.

Obxecto: a adxudicación da obra de saneamento, iluminación e mellora da rede viaria A Pedreira-Xil. Prazo de execución: tres meses desde a data de formalización do contrato. Tipo de licitación: 9.027.230 ptas., IVE incluído. Garantías: provisional de 180.545 ptas., definitiva de 361.089 ptas. Entidade adxudicadora: Concello de Meaño. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: concurso. Obtención de documentación e información: Concello de Meaño, As Covas nº 20, Meaño, C.P. 36968, Tel.: 986 74 71 02. Presentación de proposicións: rexistro xeral do concello en horario de 9 a 13.30 h. no prazo de 26 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP. Documentación: a esixida na cláusula 9 e segundo as formalidades dela. Apertura de proposicións: ás 13 horas do martes, xoves ou venres inmediatamente seguintes ó da data de remate de presentación de proposicións. Gastos de publicación: serán a cargo do adxudicatario.

Meaño, 2 de marzo de 1999.

Jorge Domínguez Rosal

Alcalde