Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 24 de marzo de 1999 Páx. 3.352

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO de contración.

Acordo da Comisión de Goberno en sesión celebrada o día 24 de febreiro de 1999, polo que se aproban as contratacións por concurso, para a execución das obras que a continuación se sinalan consonte ás seguintes características:

Título da obra:

Acondicionamento da rúa da Fraga.

Orzamento: 20.700.789 ptas.

Prazo: 2,5 meses.

Título da obra :

Reforma da mediana da avenida de Ramón Ferreiro.

Orzamento: 27.455.274 ptas.

Prazo: 2 meses.

1. Entidade adxudicadora:

a) organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato:

a) Descricion do obxecto:

A execuión das obras antes sinaladas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamentos base de licitación.

Os sinalados anteriormente.

5. Garantías.

Provisional: o 2% sobre do orzamento de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e c.p.: Lugo, 27001.

d) Teléfono: 982 29 71 86, 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 71 03.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría D.

b) Outros requisitos: os sinalados nos pregos.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula oitava do prego de condicións económico-administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, oficina de Rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio. praza Maior, 1.

3ª Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores coiden convenientes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: praza Maior, 1.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o terceiro día hábil, agás sábado posterior ó prazo de remate das proposicións. O dito prazo ampliarase ata o décimo primeiro día no suposto de recibirse regulamentariamente aviso de presentación de proposicións por correo.

10. Outras informacións: as que se recollen nos pregos de condicións e no teléfono indicado no punto 6-d.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 24 de febreiro de 1999.

Angel Quiñoá Murado

Secretario

Visto e Prace

Joaquín Mª García Díez

Alcalde