Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 24 de marzo de 1999 Páx. 3.335

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 24 de febreiro de 1999 pola que se autoriza a inclusión no Rexistro de Escolas de Música das escolas privadas de Boiro, Ordes, Santiago de Compostela e Roxos (Santiago de Compostela) dependentes da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago.

O artigo 39.5º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, establece que poderán cursarse estudios de música e de danza en escolas específicas. Así mesmo, a Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril) regula as condicións de creación e funcionamento destas escolas na Comunidade Autónoma de Galicia.

De outra banda, o Decreto 213/1998, do 10 de xullo, establece no seu artigo 11 que corresponden á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias de planificación, regulación e administración do ensino en toda a súa extensión.

Presentada solicitude de inclusión no rexistro de escolas de música pola Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago, das escolas privadas de Boiro, Ordes, Santiago de Compostela e Roxos, os servicios competentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria comprobaron a efectividade do cumprimento dos requisitos esixidos na Orde do 11 de marzo de 1993.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Primeiro.-As escolas de música das que se sinalan os datos no anexo a esta orde, quedan incluídas no rexistro de escolas de música.

Segundo.-As escolas citadas no dito anexo quedan sometidas ó réxime de escolas de música segundo establece a Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril) e ós servicios de inspección correspondentes.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Centros e Inspección Educativa para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente Orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Boiro.

Localidade: Boiro.

Denominación específica: Escola de música privada da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago.

Código de identificación do centro:150.320.30

Titularidade: Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago.

Enderezo: Centro Multiusos de Cimadevila.

Provincia: A Coruña.

Concello: Ordes.

Localidade: Ordes.

Denominación específica: Escola de música privada da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago.

Código de identificación do centro: 150.320.42

Titularidade: Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago.

Enderezo: Avda. Alfonso Senra, 86-11.

Provincia: A Coruña.

Concello: Santiago de Compostela.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación específica: Escola de música privada da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago.

Código de identificación do centro: 150.320.17

Titularidade: Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago.

Enderezo: praza Salvador Parga, nº 5.

Provincia: A Coruña.

Concello: Santiago de Compostela.

Localidade: Roxos.

Denominación específica: Escola de música privada da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago.

Código de identificación do centro: 150.320.29

Titularidade: Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago.

Enderezo: Silvouta s/n, (Colexio Junior's), Roxos.