Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 23 de marzo de 1999 Páx. 3.314

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

De conformidade co sinalado no artigo 34.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, faise público que o Concello Pleno do Concello de Cangas, en sesión de data 29 de xaneiro de 1999, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Suspende-lo procedemento de outorgamento de licencias urbanísticas de parcelación de terreos, edificación e demolición en toda a área do solo apto para urbanizar de uso industrial (SAUI) localizado na zona de Anguieiro-A Portela, co fin de estudiar para a zona o correspondente plan parcial.

Segundo.-A suspensión extinguirase, en todo caso, no prazo dun ano. Se dentro deste prazo se produce o acordo de aprobación inicial do instrumento urbanístico mencionado, a suspensión manterase para as áreas das que as novas determinacións de planeamento supoñan modificación da ordenación urbanística e os seus efectos extinguiranse definitivamente transcorrido un ano desde a adopción do acordo de aprobación inicial.

Terceiro.-O presente acordo terá efectividade unha vez se publique no BOP, DOG e La Voz de Galicia.

Contra o acordo de suspensión mencionado poderá interpoñerse no prazo de dous meses seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, recurso contencioso-administrativo ante Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, trala comunicación o órgano que o dictou, de conformidade co artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e

do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer calquera outra que estime procedente.

Cangas, 26 de febreiro de 1999.

Euloxio López Gutiérrez

Alcalde