Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 22 de marzo de 1999 Páx. 3.264

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización do PEPRI III-02 Finca do Conde (expediente 4088/401).

O Consello da Xerencia de Urbanismo, en sesión do día 19 de febreiro de 1999, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización que desenvolve as determinacións do PEPRI III-02 Finca do Conde, redactado polo arquitecto Xosé A. Comesaña García, con visado colexial do 6 de maio e 7 de agosto de 1998.

O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Vigo, 10 de marzo de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo