Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 22 de marzo de 1999 Páx. 3.264

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación, por concurso aberto, da subministración de elementos e xogos diversos para instalar nos parques e xardíns do Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicante: Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Parques e Xardíns, Patrimonio e Contratación, Nº expediente 2002/446.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración por lotes de elementos e xogos diversos que se instalarán en parques e xardíns do Concello de Vigo.

Unidades para entregar: véxase punto seguinte.

Lotes:

Lote I: asentos de bambáns con cadeas (1.000.000 de ptas).

Lote II: bambáns dobres (2.000.000 de ptas).

Lote III: xogos de resortes (1.500.000 ptas).

Lote IV: equipos de xogos múltiples (10.500.000 ptas).

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: 1 mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: a cantidade sinalada entre parénteses no punto 2 deste anuncio.

5. Garantías:

Provisionais: non se esixe.

Definitiva: 4% do tipo de licitación do lote que resulte adxudicatario.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei s/n 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Acreditar solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 da Lei 13/95.

8. Presentación de ofertas:

Prazo: 26 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra ou no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Plazo de obrigación de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 11.3 do prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 9 de marzo de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde