Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 22 de marzo de 1999 Páx. 3.259

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión celebrada o día 18 de xaneiro de 1999, acordou o inicio do procedemento de tramitación do proxecto de compensación para os terreos incluídos na unidade de actuación 55-B (UA-55-B) situados na rúa Jacques Cousteau, A Choupana, Pastoriza, Arteixo, promovido por Roberto Veira Pino, redactado polo arquitecto José María Dopico Suárez, procedéndose en consecuencia a efectua-las notificacións que sinala o artigo 102.4º da lei 1/97, e ó mesmo tempo sometelo a información pública polo prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ó da aparición do presente anuncio no DOG.

Durante o devandito prazo, as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avenida do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presenta-las alegacións que estimen convenientes. (Expediente 1/99.COM).

Arteixo, 8 de marzo de 1999.

Manuel Pose Miñones

Alcalde