Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 22 de marzo de 1999 Páx. 3.257

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1999, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración sucesiva de gases medicinais en tanques e botellas, servicios complementarios de televixilancia, baleiro, aire medicinal, control, xestión e loxística a este complexo hospitalario (incluído o novo Hospital Clínico de Santiago de Compostela), mediante procedemento aberto. (Expediente 2/1999).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no

artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (Diario Oficial de Galicia do 11-5-1998) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

1. Nome e enderezo do servicio: contratación administrativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela. Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras, s/n, 15705 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 05 36. Fax: 981 54 01 49.

2. a) Modalidade de adxudicación: concurso aberto.

b) Forma do contrato obxecto de licitación: subministración sucesiva de gases medicinais en tanques e botellas. Servicios complementarios de televixilancia, baleiro, aire medicinal, control, xestión e loxística ó complexo hospitalario (incluído o novo Hospital Clínico de Santiago de Compostela).

3. a) Lugar de entrega: ver prego de prescricións técnicas.

b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar: ver anexo I.

Importe: 896.376.260 ptas. (oitocentos noventa e seis millóns trescentas setenta e seis mil duascentas sesenta pesetas).

5.387.329,83 euros (cinco millóns trescentos oitenta e sete mil trescentos vintenove euros con oitenta e tres céntimos de euro).

Duración: 48 meses, desde o 1 de xuño de 1999 ou data da sinatura do contrato se é posterior.

Antes do seu vencemento, por mutuo acordo de ámbalas partes, este contrato inicial poderá ser prorrogado nos termos que se establecen no número 2.2 do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

c) Licitación: á totalidade.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: segundo as necesidades do complexo hospitalario.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-lo prego de condicións e os documentos complementarios: o que figura no punto 1.

b) Data límite para efectua-la dita solicitude: 10 de abril de 1999.

c) Se é o caso, importe e modalidades de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: non.

6. a) Data límite de recepción de ofertas: 17 de abril de 1999.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que se deberán redacta-las ofertas: castelán e/ou galego.

7. a) Persoas admitidas para asistiren á apertura das ofertas: acto público.

b) Data, hora e lugar de apertura das ofertas: sala de xuntas do Hospital Xeral de Galicia a partir das 10 horas do cuarto día natural contado a partir do último día de recepción de ofertas.

8. Garantías esixidas:

Provisional: 2% do orzamento estimado.

Definitiva: 4% do orzamento estimado.

Constituiranse segundo establecen os artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (BOE nº 119, do 19-5-1995).

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencia ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresarios adxudicataria do contrato: o que establece o artigo 24 da Lei 13/1995.

11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que debe reuni-lo provedor: ver cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura das proposicións.

13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato:

1. Prezo: 2 puntos.

2. Certificados de aseguramento da calidade en:

2.1. Producción e envasado de gases e as súas mesturas: 1.0 punto.

2.2. Producción de gases licuados (osíxeno e nitróxeno): 1.0 punto.

2.3. Distribución de osíxeno e nitróxeno: 1.0 punto.

2.4. Proximidade de medios e tempo de resposta: 1.0 punto.

3. Programa de xestión: 1.0 punto.

4. Cursos de formación: 1.0 punto.

5. Experiencia: 1.0 punto.

6. Melloras adicionais: 1.0 punto.

Suman: 10 puntos.

14. Se é o caso, prohibición de variantes: admitiranse variantes.

15. Información complementaria: ver servicio do punto 1.

16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 30 de xaneiro de 1999.

17. Data de envío do anuncio: 12 de marzo de 1999.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado ó OPOCE):

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 1999.

Manuel Ariza López

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela