En cumplimiento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación da subministracións de corenta ordenadores persoais, con destino ás oficinas liquidadoras de distrito hipotecario.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC), rúa Ramón Piñeiro, nº 27, 1702 Santiago de Compostela, teléfono 981 54 13 37, fax 981 54 13 03.
b) Número do expediente: 2/1998.
2. Obxecto do contrato.
a) Subministración de 40 ordenadores persoais con destino ás oficinas liquidadoras de distrito hipotecario.
b) Prazo de entrega: 15 días naturais a partir do outorgamento do contrato.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento máximo de licitación: 6.000.000 de ptas. IVE incluído.
5. Garantías.
Provisional: 2% do orzamento máximo de licitación: 120.000 ptas.
Defintiva: 4% do orzamento máximo delicitación: 240.000 ptas.
6. Obtención da documentación e información.
a) Entidade: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económica-Financeira e Contable.
b) Domicilio: rúa Ramón Piñeiro, nº 27.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.
d) Teléfono: 981 54 13 37.
e) Telefax 981 54 13 03.
f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.
7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do décimo terceiro día hábil seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.
De coincidir en sábado o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no Rexistro Xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC) ou por correo, anúnciandolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante tele
grama e xustificando a data de imposición do envío na oficina de correos.
8. Apertura das ofertas: en acto público ás 13 horas do cuarto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas. No Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, (CIXTEC).
9. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.
Santiago de Compostela, 10 de marzo de 1999.
Gonzálo Gómez Montaña
Director do Centro Informático para a Xestión
Tributaria, Económico-Financeira e Contable