Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 22 de marzo de 1999 Páx. 3.256

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 1999, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de explotación da canteira San Martiño, situada no municipio de Samos, provincia de Lugo e promovida por José Goyanes Quiroga.

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude

RESOLVO:

1. Someter a información pública, o estudio de efectos ambientais do proxecto de explotación da canteira San Martiño, situada no municipio de Samos, provincia de Lugo e promovida por José Goyanes Quiroga.

2. Para os devanditos efectos informativos, porase á disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

*Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

*Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Lugo.

*Concello de Samos.

3. As alegacións formularanse durante o dito prazo de vinte días contando a partir do día seguinte á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 1999.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental