Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 22 de marzo de 1999 Páx. 3.250

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle renova á Asociación de Profesionales de Agua, Gas, Electricidad, Calefacción y Afines de la Comunidade Autónoma de Galicia (APAGEC) a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria.

Vista a solicitude presentada por Juan María Pérez Argibay en representación de APAGEC e a documentación anexa, na que se lle solicita se lle renove a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria.

Vista a instrucción técnica complementaria ITE 11 do Regulamento de instalacións técnicas nos edificios (RITE) aprobada por R.D 1751/1998, do 31 de xullo (BOE do 5 de agosto), pola que se establecen especialidades dos carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria, e se fixa o número mínimo de horas para desenvolve-los programas dos cursos teóricos e de coñecementos específicos para a súa obtención.

Considerando que se cumpriron os requisitos regulamentarios establecidos, esta dirección xeral

RESOLVE:

Renovarlle a APAGEC a cualificación de entidade recoñecida para imparti-los cursos teórico-prácticos para a obtención dos carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

A duración dos cursos en número de horas axustarase ó disposto na ITE 11 do R.D. 1751/1998, do 31 de xullo.

Para imparti-los cursos, deberase comunicar á Dirección Xeral de Industria e á Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da provincia correspondente ó programa, profesorado, lugar, horario e exames, co fin de realiza-lo control correspondente.

Esta autorización deberá renovarse ós dous anos, para o que deberá acreditar ante a Dirección Xeral de Industria o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria e Comercio