Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 22 de marzo de 1999 Páx. 3.246

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 1999 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, da redacción do proxecto básico e de execución dun auditorio en Vilagarcía de Arousa.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Dependencia: Dirección Xeral de Urbanismo.

Teléfonos de información: 981 54 43 71 e 981 54 43 82.

2. Obxecto do contrato de asistencia técnica:

a) Asistencia técnica para a execución dos traballos de redacción do proxecto básico e de execución dun auditorio en Vilagarcía de Arousa.

b) Clave: 9901ESUR.

Orzamento: 15.535.834 pesetas.

Prazo de execución: 2 (dous) meses.

3. Solvencia económica e financeira.

A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe de institucións financeiras ou, se é o caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais.

4. Solvencia técnica.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante:

-Unha relación dos principais traballos feitos nos últimos tres anos, que inclúan importe, datas e beneficiarios públicos ou privados destes.

-Unha descrición do equipo técnico e unidades técnicas participantes no contrato, estean ou non integrados directamente na empresa do contratista, especialmente dos responsables do control de calidade.

5. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

6. Garantías.

Ver cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Obtención de documentación e información.

a) Solicitude de documentación:

Na Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Dirección Xeral de Urbanismo.

Edif. Adtvos. San Caetano- Santiago de Compostela- A Coruña.

b) Información: ver punto 1 deste anuncio.

8. Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de proposicións.

Data límite de presentación de proposicións: veintiseis días contados a partir do siguiente ó da publicación do presente anuncio.

Documentación que hai que presentar: a descrita no prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas y Vivenda.

10. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la oferta: tres (3) meses.

11. Apertura de proposicións: o sexto día hábil que non coincida en sábado ás dez (10) horas na sede da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda en San Caetano. Santiago de Compostela. A Coruña.

12. Gastos do anuncio: os gastos do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 1999.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda