Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por resolución desta universidade do 2 de abril de 1998 (BOE do 29) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de fisioloxía, do departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde a prol de José Luis Soengas Fernández, con documento nacional de identidade número 36.068.948, e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Luis Soengas Fernández profesor titular de universidade da área de coñecemento de fisioloxía, do departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde.
Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, de conformidade co establecido na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa dentro do prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.
Vigo, 2 de marzo de 1999.
Domingo Docampo Amoedo
Rector da Universidade de Vigo