Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 22 de marzo de 1999 Páx. 3.245

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1999 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 98/075 de titular de universidade convocado por esta universidade.

De conformidade coa sentencia do Tribunal Constitucional do 27 de febreiro de 1987 (BOE do 24 de marzo), que modifica o artigo 39.3º da Lei 11/1983, de reforma universitaria, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro), sobre o procedemento para a designación dos membros das comisións que han de xulga-los concursos de méritos para a provisión de prazas de corpos docentes universitarios, e a teor do establecido no Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e os Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño,

Este rectorado resolve nomea-la comisión titular e suplente que ha de xulga-lo concurso de méritos convocado por Resolución do 9 de decembro de 1998 (BOE do 7 de xaneiro de 1999).

A comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses contados a partir da publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación ante o rector da Universidade da Coruña, no prazo de quince días hábiles, a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 2 de marzo de 1999.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: física da terra, astronomía e astrofísica.

Praza nº: 98/75.

Comisión titular:

Presidente: Sánchez Martínez, Francisco, catedrático de universidade. Universidade da Laguna.

Secretario: Rosón Porto, Gabriel, profesor titular de universidade. Universidade de Vigo.

Vocais: Battaner López, Eduardo, catedrático de universidade. Universidade de Granada.

Garzón López, Francisco, profesor titular de universidade. Universidade da Laguna.

González Serrano, Ignacio, profesor titular de universidade. Universidade de Cantabria.

Comisión suplente:

Presidente: Moreno Insertis, Fernando, catedrático de universidade. Universidade da Laguna.

Secretario: Prieto Muñoz, Mercedes, profesor titular de universidade. Universidade da Laguna.

Vocais: Sanahuja Parera, Blas, catedrático de universidade. Universidade de Barcelona.

García López, Ramón, profesor titular de universidade. Universidade da Laguna.

Lázaro Hernando, Florencio Carlos, profesor titular de universidade. Universidade da Laguna.