Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 22 de marzo de 1999 Páx. 3.221

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 15 de marzo de 1999 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas, e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios de carreira dos anteditos corpos na Comunidade Autónoma de Galicia.

A disposición adicional novena.3 da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo e o Real decreto 850/1993, do 4 de xuño, establecen que o sistema de ingreso na función pública docente será o de concurso-oposición. O número 3 do artigo 5 do citado real decreto establece que a convocatoria do concurso-oposición poderá incluír tamén os distintos procedementos de acceso, procedementos regulados no Real decreto 575/1991, do 22 de abril.

Por outra banda, o artigo 39 do Real decreto 850/1993, do 4 de xuño, establece que as administracións educativas determinarán mediante as oportunas convocatorias, as especialidades que dentro do corpo de pertenza poden adquirirse mediante o procedemento descrito no título III do citado real decreto.

Na súa virtude, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria acorda anuncia-las seguintes convocatorias:

-Convocatoria do procedemento selectivo de acceso e ingreso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas.

-Convocatoria para a adquisición de novas especialidades no corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas.

TÍTULO I

Procedementos de ingreso e acceso

Base común 1

Normas xerais

1.1. Número de prazas.

Convócanse probas selectivas para cubrir 547 prazas, en expectativa de ingreso correspondente ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas.

A distribución das prazas por corpos, polo sistema de cobertura e especialidade é a seguinte:

-Corpo de profesores de ensino secundario: (código 590).

Código

especialidade

Especialidade

Acceso a corpos

do mesmo grupo

e nivel de

complemento

de destino

Reserva

funcionarios

corpos e escalas

docentes grupo B

Prazas reservadas

discapacitados

Ingreso

libre

Total

001Filosofía11211125

002Grego448

003Latín448

004Lingua castelá e literatura1101820

006Matemáticas1101820

008Bioloxía e xeoloxía448

009Debuxo11711635

010Francés13022760

016Música13022760

017Educación física12212145

018Psicoloxía e pedagoxía13523270

019Tecnoloxía13022760

053Lingua e Literat. galega1101820

104Construccións civís e Edific.123

105Formación e orientación laboral71715

107Informática235

108Intervención sociocomunitaria235

111Org. e Proc. de mantemento vehículos336

112Org. e Prox. de fabricación mecánica336

115Procesos de producción agraria123

124Sistemas electrónicos235

125Sistemas electrotécnicos e automáticos336

-Corpo de profesores técnicos de formación profesional: (código 591).

Código

especialidade

Especialidade

Ingreso

libre

Total

201Cociña e pastelería66

206Instalacións electrotécnicas55

228Soldadura44

-Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (código 592).

Código

especialidade

Especialidade

Ingreso

libre

Total

001Alemán33

008Francés66

015Portugués22

-Corpo de profesores de música e artes escénicas (código 594).

Código

especialidade

Especialidade

Ingreso

libre

Total

023Frauta travesa33

039Música de cámara33

045Percusión33

046Piano66

052Saxofón22

Código

especialidade

Especialidade

Ingreso

libre

Total

055Trombón22

057Trompa22

058Trompeta22

060Viola22

061Violín33

1.2. Normativa aplicable.

Ós presentes procedementos selectivos seranlle de aplicación: a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo; a Lei 17/1993, do 23 de decembro (BOE do 24), sobre o acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais Estados membros da Unión Europea; o Real decreto 850/1993, do 4 de xuño (BOE do 30), polo que se regula o ingreso e a adquisición de especialidades nos corpos de funcionarios docentes; o Real decreto 575/1991, do 22 de abril (BOE do 23) polo que se regula a mobilidade entre os corpos docentes e a adquisición da condición de catedrático, o Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, polo que se adscribe ó profesorado dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica; o Real decreto 1692/1995, do 20 de outubro, polo que se regula o título profesional de especialización didáctica, o Real decreto 777/1998, do 30 de

abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sis

tema educativo e demais disposicións de aplicación xeral, así como o disposto na presente convocatoria.

1.3. Asignación de prazas ós tribunais: nas especialidades nas que se nomee máis dun tribunal, o número de prazas de ingreso libre que se asigne a cada un será proporcional ó número de aspirantes que se presentaran por ese procedemento á primeira proba de carácter práctico.

Para tales efectos, os tribunais comunicarán telegraficamente á Dirección xeral de Persoal o número de aspirantes que realizaron o primeiro exercicio, especificando os que acudan por cada sistema de acceso previsto na presente convocatoria.

1.4. Nas especialidades nas que se nomee máis dun tribunal, cando non exista un tribunal específico, os aspirantes que concorran polas reservas para acceso a corpos do mesmo grupo e nivel de complemento de destino e para os funcionarios dos corpos e escalas docentes clasificados no grupo B ou polo procedemento de adquisición doutra especialidade serán asignados ó tribunal número un.

1.5. As prazas que, se é o caso, se acumulen ás libres en aplicación da base común 8 da presente convocatoria, serán distribuídas entre os distintos tribunais da especialidade, seguindo o criterio de proporcionalidade establecido no punto 1.3.

1.6. A Dirección Xeral de Persoal, en función do establecido nesta base, unha vez recibidas as correspondentes certificacións dos tribunais, asignará a cada un o número de prazas que lle corresponda que será incrementado, se é o caso, coas que puidesen resultar do previsto no punto 1.5. anterior.

Base común 2

Requisitos dos candidatos

Para seren admitidos ós procesos selectivos convocados nesta orde, os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

2.1. Requisitos xerais.

a) Ser español ou, de acordo co establecido na Lei 17/1993, do 23 de decembro (BOE do 24), sobre o acceso a determinados sectores da función pública, cidadán dos demais estados membros da Unión Europea ou te-la nacionalidade dun país membro dela ou ser nacional de calquera dos estados ós que en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos en que esta se encontra definida no tratado constitutivo da Unión Europea.

Tamén poderán participa-lo cónxuxe, descendentes e descendentes do cónxuxe, dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de feito ou de dereito, menores de vinteún anos e maiores da dita idade que vivan ás súas expensas.

b) Ter cumpridos os dezaoito anos e non exceder no momento do nomeamento como funcionario de carreira da idade establecida para a xubilación forzosa.

c) Estar en posesión das titulacións que se especifican na presente base. No caso de que as ditas titulacións se obtivesen no estranxeiro, deberá ter sido concedida a correspondente homologación polo Estado español.

d) Non estar separado, mediante expediente disciplinario, do servicio de calquera das administracións públicas nin acharse inhabilitado para o desempeño de funcións públicas.

Os aspirantes a que se refire a alínea a) desta base cunha nacionalidade que non sexa a española deberán acreditar, igualmente, non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

e) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co exercicio da docencia.

f) Non ser funcionario de carreira ou en prácticas do mesmo corpo ó que se aspira a ingresar, agás que se concorra ó procedemento para a adquisición de nova especialidade a que se refire o título II da presente orde, no que poderán participa-los funcionarios de carreira.

Tódolos requisitos anteriormente relacionados deberán posuírse no día en que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse ata o momento da toma de posesión como funcionario de carreira.

2.2. Requisitos específicos para participar polo procedemento de ingreso libre.

Para participar polo procedemento de ingreso libre, os aspirantes deberán reunir, ademais das condicións xerais, os seguintes requisitos:

2.2.1. Para o corpo de profesores de ensino secundario:

a) Estar en posesión ou en condicións de obte-lo título de doutor, licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou equivalente para efectos de docencia.

De conformidade co establecido no artigo 22 e no anexo VI.a) do Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, na disposición adicional primeira do Real decreto 850/1993, do 4 de xuño, e no artigo 1 do Real decreto 1542/1994, do 8 de xullo, son equivalentes para tales efectos as titulacións que se detallan para cada especialidade no anexo IX.

b) Estar en posesión do título profesional de especialización didáctica a que se refire o artigo 24.2º da Lei de ordenación xeral do sistema educativo ou do certificado de aptitude pedagóxica.

Están dispensados deste requisito os aspirantes que posúan o título de mestres, diplomados en profesorado de educación xeral básica, mestres de primeira ensinanza, licenciados en pedagoxía, licenciados no INEF, os que participen polas reservas establecidas nos puntos 4 e 5 desta base, así como os que pretendan ingresar nas especialidades de tecnoloxía, psicoloxía e pedagoxía ou algunha das espe

cialidades correspondentes á formación profesional específica. Igualmente, de conformidade co establecido no Real decreto 1692/1995, do 20 de outubro, polo que se regula o título profesional de especialización didáctica estarán dispensados os que acrediten ter prestado docencia efectiva en el mesmo nivel educativo e na mesma especialidade na que aspiran a ingresar durante dous cursos académicos completos, en centros públicos ou privados debidamente autorizados. A duración do curso respecto a este requisito entenderase de, alomenos, nove meses dentro do mesmo ano académico.

2.2.2. Para o corpo de profesores técnicos de formación profesional:

Estar en posesión da titulación ou en condicións de obte-lo título de diplomado universitario, enxeñeiro técnico, arquitecto técnico ou equivalente para efectos de docencia. De conformidade co establecido no artigo 22.2º e no anexo VI.b) do Real decreto 777/1998, do 30 de abril, son equivalentes para estes efectos as titulacións que se detallan para cada especialidade no anexo IX desta convocatoria.

Tamén poderán presentarse os técnicos especialistas ou técnicos superiores nunha especialidade que pertenza á familia profesional correspondente, de conformidade coa disposición transitoria segunda do Real decreto 777/1998, do 30 de abril, sempre e cando acrediten, ademais, unha experiencia docente alomenos de dous anos en centros educativos públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2.2.3. Para o corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, estar en posesión ou en condicións de obte-lo título de doutor, licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou equivalente para efectos de docencia.

2.2.4. Para o corpo de profesores de música e artes escénicas:

Estar en posesión ou en condicións de obte-lo título de doutor, licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou equivalente para efectos de docencia.

Para a especialidade correspondente poderán concorre-los aspirantes que posúan calquera dos títulos sinalados no Real decreto 1542/94, do 8 de xullo (BOE do 9 de agosto).

2.3. Condicións específicas das prazas reservadas para os aspirantes con recoñecemento legal de discapacitado.

2.3.1. De conformidade co establecido na disposición adicional sétima, da Lei 4/1988, do 26 de maio (DOG do 1 de xuño), segundo a redacción dada pola Lei 4/1991, do 8 de marzo (DOG do 13), poderán concorrer a estas prazas as persoas que teñan a condición legal de discapacitado, sempre que reúnan as condicións xerais establecidas nesta convocatoria e, no seu momento, acrediten un grao de diminución de polo menos o 33% e a compatibilidade entre a diminución e o desenvolvemento das tarefas e funcións docentes propias do corpo ó que accedan, na correspondente especialidade, mediante certifica

ción dos órganos competentes da Comunidade Autónoma ou, se é o caso, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

2.3.2. Os procedementos selectivos realizaranse en condicións de igualdade cos aspirantes de libre acceso, sen prexuízo das adaptacións previstas no punto 7 da base común 5 desta convocatoria.

2.3.3. Se na realización das probas se lle presentasen dúbidas ó tribunal respecto da capacidade do aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polos funcionarios do corpo ou escala á que se opta, poderá pedi-lo correspondente dictame do órgano competente conforme o previsto no punto 2.3.1 desta base.

Os aspirantes que concorran por esta reserva só poderán participar nunha única especialidade por este sistema.

2.4. Condicións específicas dos candidatos ás prazas reservadas para os funcionarios dos corpos e escalas docentes clasificados no grupo B.

2.4.1. Poderán participar neste procedemento selectivo, para o que se reserva un 50 por 100 das prazas convocadas, os funcionarios dos corpos e escalas docentes clasificados no grupo «B» a que se refire a vixente lexislación da función pública que, ademais das condicións xerais, reúnen os seguintes requisitos:

a) Estar en posesión ou en condicións de obte-las titulacións esixidas que para o ingreso no corpo se esixen no punto 2.2 desta convocatoria.

b) Ter prestado, ó remate do prazo de presentación de solicitudes, servicios no seu corpo de orixe un mínimo de oito anos como funcionario de carreira.

2.4.2. Os aspirantes que opten por este procedemento de acceso non poderán concorrer á mesma especialidade polo ingreso libre. Así mesmo, só poderán concorrer a unha única especialidade por este procedemento.

2.5. Requisitos específicos para participar no procedemento de acceso a outros corpos docentes clasificados no mesmo grupo e nivel de complemento de destino.

2.5.1. Poderán participar neste procedemento os funcionarios de carreira de corpos e escalas docentes do mesmo grupo e nivel de complemento de destino daquel ó que optan, sen que se requira para iso ningún límite de antigüidade no seu corpo de orixe e sempre que posúan a titulación esixida para ingreso ó dito corpo.

2.5.2. O acceso a este corpo poderá realizarse pola mesma ou por distinta especialidade da que é titular no seu corpo de orixe.

2.5.3. Os aspirantes que opten por este sistema de acceso non poderán concorrer á mesma especialidade polo sistema de ingreso libre. Así mesmo só poderán concorrer a unha especialidade por este procedemento.

2.6. Data na que deben posuírse estes requisitos.

Tódolos requisitos enumerados na presente base deberán posuírse no día en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e manterse ata a toma de posesión como funcionario de carreira.

Base común 3

Solicitudes e pagamentos dos dereitos

3.1.1. Os que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán presentar instancia por duplicado, conforme o modelo que estará á súa disposición na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nas súas delegacións provinciais.

Na instancia, que deberá ir acompañada de dúas fotocopias do documento nacional de identidade, consignaranse os códigos do corpo e disciplinas que figuran nas bases desta convocatoria.

3.1.2. Os aspirantes que aleguen estar exentos de realiza-la proba de coñecementos da lingua galega presentarán o correspondente documento xustificativo debidamente cotexado.

Así mesmo, os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e de conformidade co disposto no punto 7.2, da presente orde estean exentos da realización da proba previa de acreditación do coñecemento do castelán, deberán achegar para tal efecto o diploma superior do español como lingua estranxeira ou o certificado de aptitude en español para estranxeiros expedido polas escolas oficiais de idiomas, ou o título de licenciado en filoloxía hispánica ou románica.

3.1.3. Os aspirantes de ingreso libre ou a prazas reservadas para discapacitados deberán, así mesmo, presenta-lo documento que se achega como anexo VI, relacionando tódolos méritos que alegan, acompañándoo de tódolos documentos xustificativos, na forma que se establece no anexo I, entendéndose que soamente se tomarán en consideración aqueles méritos debidamente xustificados durante o prazo de presentación de solicitudes. Os demais aspirantes deberán presentar, se é o caso, os documentos xustificativos dos méritos que aleguen.

3.2. As persoas con minusvalideces deberán indicar no escrito que xunten á solicitude a minusvalidez que padecen e solicita-las posibles adaptacións de tempo e medios para realizaren os exercicios nos casos en que estas adaptacións sexan necesarias.

3.3. As instancias dirixiranse á Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e poden ser presentadas:

a) No rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

c) En calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de acordo coas condicións establecidas no citado precepto. No caso de que se optase por presenta-la solicitude ante unha oficina de correos, farano en sobre aberto, para que a ins

tancia sexa datada e selada polo funcionario de correos antes de ser certificada.

3.4. Non poderá presentarse máis dunha solicitude a non ser que se opte a máis dunha especialidade. Neste caso, deberán de presentarse tantas solicitudes e documentación xustificativa de méritos, como número de especialidades ás que se opten.

3.5. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

3.6. Importe e pagamento dos dereitos.

Os dereitos de exame serán os seguintes:

Corpoptas.

Profesores de ensino secundario10.030

Profesores de música e artes escénicas10.030

Profesores de escolas oficiais de idiomas10.030

Profesores técnicos de formación profesional8.770

O importe dos dereitos de exame, e se é o caso, os gastos de transferencia correspondentes farase utilizando o impreso de autoliquidación sinalado no anexo X. O dito impreso facilitaráselles ós interesados xunto co impreso de solicitude, debendo cubrirse cos códigos que figuran no referido anexo.

A non presentación deste anexo, no que figure o selo da entidade bancaria, determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso a presentación deste anexo, suporá substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

Base común 4

Admisión de aspirantes

4.1. Lista provisional

Transcorrido o prazo de presentación de instancias, a Dirección Xeral de Persoal fará pública no Diario Oficial de Galicia a lista provisional de admitidos e excluídos, por corpos, disciplinas e reservas. Nesta lista aparecerán, cando menos, apelidos, nome e número de documento nacional de identidade dos aspirantes.

4.2. Reclamación contra a lista provisional.

Contra a lista provisional, os interesados poderán interpoñer, no prazo de 10 días naturais, a partir do seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e perante a Dirección Xeral de Persoal, as reclamacións que coiden oportunas, de acordo co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

4.3. Lista definitiva.

As reclamacións presentadas serán aceptadas ou rexeitadas na resolución pola que se aprobe a lista definitiva de admitidos e excluídos, que igualmente se publicará no Diario Oficial de Galicia.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos nos procedementos que se convocan mediante a presente orde. Cando da

documentación que debe presentarse no caso de ser aprobado se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en tódolos dereitos que puidesen derivarse da súa participación nestes procedementos.

4.4. Recurso contra a lista definitiva.

Contra a resolución que aprobe a lista definitiva de admitidos e excluídos os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto no artigo 115 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999.

4.5. Reintegro dos dereitos de exame.

Os dereitos de exame serán reintegrados, por petición dos interesados, ós aspirantes que fosen excluídos definitivamente da realización dos procedementos selectivos, por falta dalgún dos requisitos para tomar parte nas devanditas probas.

Base común 5

Órganos de selección

A selección dos participantes será realizada polos tribunais.

5.1. Tribunais cualificadores.

A Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria procederá ó nomeamento dos tribunais que xulgarán o proceso selectivo, e fará pública a súa composición no Diario Oficial de Galicia.

Poderanse nomear tódolos tribunais que se xulguen necesarios. Así mesmo, excepcionalmente, poderá nomearse un só tribunal para máis dunha disciplina.

Naquelas especialidades nas que o número de aspirantes o aconselle, a Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá nomear tribunais específicos que valorarán o proceso selectivo das prazas reservadas ós procedementos previstos nos puntos 4 e 5 da base 2 e no título II desta orde.

5.2. Os tribunais estarán constituídos, de acordo co determinado polo Real decreto 850/1993, do 4 de xuño, por funcionarios de carreira en activo dos corpos docentes correspondentes ou do corpo de inspectores ó servicio da Administración educativa. Na súa designación velarase polo cumprimento do principio de especialidade, polo que, cando sexa posible, a maioría dos seus membros deberá ser titular da especialidade obxecto do proceso selectivo.

En todo caso os membros dos tribunais pertencerán a corpos de igual ou superior grupo ó do corpo ó que optan os aspirantes.

Con carácter xeral, os tribunais estarán compostos por:

-Un presidente, designado directamente pola Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

-Catro vocais, designados mediante sorteo público entre os funcionarios do corpo e especialidade correspondente.

Excepcionalmente, cando as características da especialidade o aconsellen, a Dirección Xeral de Persoal poderá proceder a designar directamente estes vocais.

5.3. Tribunais suplentes.

Para cada tribunal poderase designar polo mesmo procedemento un tribunal suplente.

5.4. Constitución dos tribunais.

5.4.1. Logo da convocatoria do presidente, constituiranse os tribunais, sendo precisa a asistencia do presidente titular, ou, se é o caso, do suplente, e de polo menos, tres vocais.

Na citada sesión acordarán tódalas decisións que lles correspondan para o correcto desenvolvemento dos procedementos selectivos.

Actuará como secretario o vocal con menor antigüidade no corpo, agás que o tribunal acorde determinalo doutra maneira.

5.4.2. Salvo que concorran circunstancias excepcionais, que serán apreciadas pola Dirección Xeral de Persoal, unha vez constituídos os tribunais só poderán actua-los membros presentes no acto de constitución e bastará coa asistencia de tres deles para a validez das sesións.

5.4.3. A suplencia do presidente será autorizada pola Dirección Xeral de Persoal, segundo corresponda; a dos vocais, polo presidente que vaia actuar, tendo en conta que deberá recaer no vocal suplente respectivo, ou, no seu defecto, nos que o sigan segundo a orde en que figuren na disposición que os nomeou.

5.5. Competencias dos tribunais.

Correspóndelles ós tribunais a cualificación das probas a que se refiren os puntos 2, 3, 4, 5 e 6 da base 7 da presente convocatoria e as seguintes:

a) Elaboración dos exercicios a que aluden as bases 7.4, 7.6, 7.7 e base común 19 desta convocatoria.

b) Coordinación en canto á data de comezo da proba, que será simultánea naquelas especialidades nas que se nomea máis dun tribunal.

c)Agregación das puntuacións correspondentes ás distintas fases do procedemento selectivo, ordenación dos aspirantes e declaración dos aspirantes que superaron este procedemento.

d) Elaboración e publicación das listas de aspirantes seleccionados, así como elevación destas á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

5.6. Asesores especialistas.

Os tribunais poderán solicita-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas, limitándose os devanditos asesores a prestaren a súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A desig

nación de tales asesores corresponderá á Dirección Xeral de Persoal.

5.7. Adaptación de tempo e medios.

Os tribunais cualificadores adoptarán as medidas necesarias para que os aspirantes con minusvalideces gocen de similares oportunidades para a realización das probas ó resto dos participantes. Neste sentido estableceranse, para as persoas con minusvalidez que o soliciten, as adaptacións posibles de tempo e medios para a súa realización.

5.8. Abstención e recusación dos tribunais.

Os membros dos tribunais absteranse de intervir se se desen as circunstancias sinaladas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Do mesmo xeito, de acordo co artigo 11.2 do Real decreto 850/1993, do 4 de xuño, deberán absterse de actuar aqueles membros que realizasen tarefas de preparación de aspirantes ós procedementos selectivos nos cinco anos anteriores a esta publicación.

Así mesmo, os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas no parágrafo anterior, de acordo co artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

5.9. Categoría dos tribunais.

Os tribunais que actúen no proceso selectivo estarán incluídos, para os efectos que prevé o Decreto 299/1990, do 24 de marzo (DOG do 1 de xuño), dentro da seguinte categoría:

Primeira.

-Corpo de profesores de ensino secundario.

-Corpo de profesores de música e artes escénicas.

-Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas.

Segunda.

-Corpo de profesores técnicos de formación profesional.

Base común 6

Comezo e desenvolvemento das probas.

6.1. Comezo.

Estas probas selectivas non darán comezo con anterioridade ó 24 de xuño de 1999.

6.2. Orde de actuación.

A actuación dos aspirantes, cando esta non sexa simultánea, realizarase pola seguinte orde:

a) Se é o caso, aspirantes que concorran polo procedemento de adquisición doutra especialidade.

b) Se é o caso, aspirantes que concorren pola quenda de prazas reservadas ós funcionarios docentes pertencentes a corpos clasificados no mesmo grupo e nivel de complemento de destino.

c) Se é o caso, aspirantes que concorren pola quenda de prazas reservadas ós funcionarios dos corpos e escalas docentes clasificados no grupo B, por orde

alfabética, de acordo coas normas do parágrafo seguinte.

d) Os restantes aspirantes, por orde alfabética, comezando por aqueles que teñan como inicial do primeiro apelido a letra G, obtida no último sorteo realizado pola Consellería da Presidencia e Administración Pública (DOG do 3 de marzo). Os tribunais que non conten con aspirantes nos que o primeiro apelido comece pola letra indicada, iniciarán a orde de actuación coa letra ou letras seguintes.

6.3. Citación dos aspirantes.

Os aspirantes serán convocados, a través do Diario Oficial de Galicia, para o acto de presentación, a realización da proba de coñecementos da lingua castelá, a de coñecementos da lingua galega e a primeira das probas previstas no punto 4 da base 7 desta convocatoria, con 10 días naturais de antelación, como mínimo, indicando data, hora e lugar no que se realizará estes actos.

6.4. Os aspirantes serán convocados para o acto de presentación e para cada proba en único chamamento e serán excluídos do proceso selectivo os que non comparezan, salvo nos casos de forza maior debidamente xustificadas e libremente apreciados polo tribunal.

6.5. Unha vez comezados os procedementos selectivos, non será obrigatoria a publicación dos chamamentos individuais ou colectivos dos aspirantes a través do Diario Oficial de Galicia. Estes anuncios deberaos facer públicos o tribunal nos locais onde se celebren as probas con 12 horas de antelación, se se trata do mesmo exercicio, ou de 24 horas se se trata dun exercicio distinto. Desde o remate dunha proba e o comenzo da seguinte deberá transcorrer un prazo mínimo de 48 horas.

6.6. Identificación dos aspirantes.

O tribunal poderá requirir en calquera momento os aspirantes para acreditaren acrediten a súa identidade.

6.7. Exclusión dos aspirantes.

En calquera momento do proceso selectivo, se os tribunais tivesen coñecemento de que algún dos aspirantes non posúe a totalidade dos requisitos esixidos pola presente convocatoria, logo de audiencia do interesado, deberá propoñe-la súa exclusión á Dirección Xeral de Persoal, poñendo no seu coñecemento as inexactitudes ou falsidades formuladas polo aspirante na solicitude de admisión ós procedementos selectivos para os efectos procedentes.

Contra a exclusión o aspirante poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

6.8. As probas correspondentes ás especialidades de idiomas modernos desenvolveranse no idioma correspondente.

Base común 7

Sistema de selección.

7.1. Fase de concurso.

Nesta fase, que en ningún caso terá carácter eliminatorio, valoraranse os méritos que concorran nos

aspirantes ó remate do prazo de solicitudes sinalado no punto 6 da base 3, conforme o baremo que se inclúe como anexos I, II e III desta convocatoria, de acordo cos documentos presentados polos aspirantes, segundo participen pola quenda libre ou de reserva para funcionarios dos corpos e escalas docentes do grupo B en que se estructura a función pública ou de acceso a corpos docentes clasificados no mesmo grupo e nivel de complemento de destino.

Esta valoración será efectuada en nome dos tribunais por unha comisión integrada por funcionarios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Poderá estar presente un representante de cada sindicato con presencia na Mesa Sectorial docente non universitaria, con voz e sen voto.

Non obstante o disposto no parágrafo anterior, o punto 3.2, do anexo II e 3.2 e 3.3 do anexo III serán valorados polos propios tribunais.

A puntuación, por puntos e por especialidades farase pública na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nas súas delegacións provinciais.

Contra esta puntuación poderase presentar reclamación, no prazo de dez días naturais, nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, dirixida á Dirección Xeral de Persoal.

Resoltas as reclamacións procederase a publica-la puntuación definitiva de cada aspirante nos distintos puntos do baremo. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, no prazo dun mes, perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

A recuperación da documentación presentada poderán realizala os aspirantes no lugar e durante o prazo que se determine na orde pola que se faga pública a lista de aprobados polos distintos procedementos selectivos, agás a documentación necesaria para o seu nomeamento como funcionario, sempre e cando non exista interposto recurso por parte dalgún aspirante, pois neste caso poderán ser retidas para efectos de comprobación ou proba. No suposto de non ser retirada no prazo sinalado, entenderase que o aspirante renuncia á súa recuperación, decaendo, polo tanto, no seu dereito.

7.2. Proba de acreditación do coñecemento do castelán para os aspirantes que non posúan a nacionalidade española.

Os aspirantes que non posúan nacionalidade española deberán acredita-lo coñecemento do castelán mediante a realización dunha proba na que se comprobará que posúen un nivel adecuado de comprensión e expresión oral e escrita nesta lingua. Esta proba será a primeira que se realizará dentro do proceso selectivo.

Están exentos da realización da proba a que se refire o punto anterior os que estean en posesión do diploma superior de español como lingua estranxeira establecido polo Real decreto 826/1988, do 20 de xullo (BOE do 29), modificado e completado

polo Real decreto 1/1992, do 10 de xaneiro (BOE do 15), ou en posesión do certificado de aptitude en español para estranxeiros expedido polas escolas oficiais de idiomas ou licenciados en filoloxía hispánica ou románica.

O contido da proba de acreditación do coñecemento do castelán será determinado por cada tribunal, tomando como referencia o disposto no anexo III do Real decreto 826/1988, do 20 de xullo, polo que se establecen diplomas acreditativos do coñecemento do español como lingua estranxeira.

Os tribunais cualificarán esta proba de apto ou non apto sendo necesario obte-la valoración de apto para poder realiza-las restantes probas.

7.3. Proba de coñecementos da lingua galega.

Esta proba, que se levará a cabo de forma escrita, consistirá na resposta a varias cuestións sobre o temario de lingua galega que figura no anexo VIII e unha traducción do castelán para o galego. Non terá carácter eliminatorio, agás no caso das especialidades de filosofía, bioloxía, tecnoloxía, psicoloxía e pedagoxía e tódalas correspondentes á formación profesional específica do corpo de profesores de ensino secundario. Así mesmo, será eliminatorio en tódalas especialidades correspondentes ó corpo de profesores técnicos de formación profesional. A dita proba, que será facilitada ós tribunais pola Dirección Xeral de Persoal, deberán realizala a totalidade de aspirantes que non estean exentos e será a segunda que se realizará dentro do proceso selectivo.

Quedan exentos da realización desta proba os aspirantes que se presenten á disciplina de lingua e literatura galega, os que teñan superado, con anterioridade ó peche do prazo de presentación de solicitudes, o curso de perfeccionamento en lingua galega ou conten coa súa validación feita pola Dirección Xeral de Política Lingüística ou órgano competente, os licenciados en filoloxía galaico-portuguesa e os que teñan superado o curso de especialización en lingua galega e o xustifiquen no prazo de presentación de solicitudes.

O tempo para a realización da proba será dunha hora e non se poderá utilizar diccionario. A súa cualificación será apto ou non apto.

Esta proba valorarase para os aspirantes que concorran polas especialidades nas que teña carácter eliminatorio antes da realización da proba establecida no punto seguinte.

Para os aspirantes das demais especialidades, poderase valorar unicamente os que resulten seleccionados segundo a base común 9 desta convocatoria, ó final do proceso selectivo.

Os aspirantes que superaron o proceso selectivo nalgunha das especialidades nas que a proba de comprensión oral e escrita de lingua galega non teña carácter eliminatorio e non obtivesen na nela a cualificación de apto, deberán acreditar que superaron un curso de iniciación e outro de perfeccionamento de lingua galega dos convocados pola Dirección Xeral de Política Lingüística, no prazo máximo de dous anos.

7.4. Da fase de oposición nos procedementos selectivos de ingreso libre e reserva de minusválidos.

7.4.1. A valoración das probas a que se refire este punto, tratará sobre os coñecementos específicos dos candidatos necesarios para impartir docencia, a súa aptitude pedagóxica e o seu dominio das técnicas necesarias para o exercicio docente.

7.4.2. A valoración destes coñecementos levarase a cabo a través da realización polo aspirante ante o tribunal das seguintes probas:

Primeira.-Proba de contido de carácter práctico e que se axustará, para cada especialidade ó disposto no anexo VII desta orde. O tempo asignado para a realización desta proba será establecido polos tribunais.

Os tribunais cualificarán esta proba de cero a dez puntos. Para a súa superación os candidatos deberán obter unha puntuación igual ou superior a cinco puntos. Finalizada esta proba, os tribunais exporán no taboleiro de anuncios dos locais onde se realizou esta, a puntuación obtida polos aspirantes que a superasen.

Segunda.- Os aspirantes que superaron a primeira proba realizarán a segunda, consistente no desenvolvemento por escrito de dous temas. O primeiro dos temas será elixido polo candidato de entre dous extraídos ó chou polo tribunal dos correspondentes á parte A do temario. O segundo tema será extraído ó chou polo tribunal dos correspondentes á parte B do temario.

Para o desenvolvemento destes exercicios os aspirantes disporán de catro horas: dúas horas para cada un dos temas.

Os tribunais cualificarán esta proba de cero a dez puntos, correspondendo un 70 por 100 da puntuación para o primeiro dos temas e un 30 por 100 para o segundo tema. Para a superación desta proba os candidatos deberán obter unha puntuación igual ou superior a cinco puntos. Finalizada esta proba, os tribunais exporán nos taboleiros de anuncios dos locais onde se realizou a esta, as puntuacións obtidas polos aspirantes que a superasen.

Terceira.- Os aspirantes que superasen a segunda proba realizarán esta terceira consistente na exposición oral dun tema elixido polo candidato entre dous extraídos ó chou poe el da parte A do temario da especialidade. A exposición terá dúas partes, agás na especialidade de psicoloxía e pedagoxía, que se reducirá á primeira. A primeira delas tratará sobre os aspectos científicos ou de contido do tema. Na segunda, o opositor deberá facer referencia á relación do tema co currículo establecido pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, así como ó tratamento didáctico seu. O tratamento didáctico consistirá na programación didáctica do tema elixido ou dunha unidade didáctica extraída del, indicando, en calquera caso, os obxectivos, contidos, actividades de ensino e aprendizaxe e de avaliación, así como os recursos necesarios para o seu desenvolvemento.

Con esta finalidade, os candidatos poderán elixi-lo curso da educación secundaria obrigatoria, ou do bacharelato sobre o que realizarán este suposto didáctico. Para as especialidades específicas de formación profesional dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional, elixirase un curso ou ciclo formativo de formación profesional. Para as especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas elixirase un curso ou ciclo destas ensinanzas e os aspirantes ó corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas elixirán un curso do ciclo elemental ou superior.

Finalizada a exposición, o tribunal poderá debatir co candidato sobre o contido da súa intervención.

A exposición e debate citados terán unha duración máxima respectivamente dunha hora e quince minutos. O opositor disporá de dúas horas para a súa preparación, podendo utilizar nela o material que considere oportuno.

Os tribunais cualificarán diferencialmente cada unha das dúas partes das que consta a exposición oral do tema elixido. A primeira destas partes será cualificada polo tribunal de 0 a 7 puntos e a segunda de 0 a 3 puntos.

Os tribunais cualificarán esta proba entre 0 a 10 puntos.

7.5. Para supera-la proba os aspirantes deberán obter unha puntuación igual ou superior a cinco puntos.

A cualificación correspondente a esta fase de oposición será a media aritmética das puntuacións obtidas nas probas integrantes dela cando todas elas fosen superadas.

A puntuación obtida na fase de concurso sumaráselles unicamente a aqueles aspirantes que superasen as probas correspondentes á fase de oposición coa finalidade de obte-la puntuación global a que se refire o punto 2 da base 9 da presente orde.

7.6. Fase de oposición nos procedementos selectivos de acceso a corpos de grupo superior.

A proba terá por obxecto valorar tanto os coñecementos sobre a materia como os recursos didácticos e pedagóxicos dos candidatos. Esta proba dividirase en dúas partes:

Primeira parte.-De contido de carácter práctico e que se axustará, para cada especialidade, ó disposto no anexo VII desta orde. O tempo asignado para a realización desta proba será establecido polos tribunais.

Segunda parte.- Consistirá na exposición, á que seguirá, se é o caso, un debate, ambos orais, dun tema da especialidade á que se opte, elixido polo opositor entre seis, extraídos por sorteo, de entre os que compoñen a parte «A» do temario da súa especialidade.

A exposición terá dúas partes, agás na especialidade de psicoloxía e pedagoxía, que se reducirá á primeira. A primeira delas tratará sobre os aspectos

científicos do tema. Na segunda o aspirante deberá facer referencia á relación do tema co currículo establecido pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, así como ó seu tratamento didáctico.

O tratamento didáctico consistirá na programación didáctica do tema elixido ou dunha unidade didáctica extraída del, indicando, en calquera caso, os obxectivos, contidos, actividades de ensino e aprendizaxe e de avaliación, así como os recursos necesarios para o desenvolvemento delas.

Con esta finalidade o aspirante poderá elixi-lo curso da educación secundaria obrigatoria ou do bacharelato sobre o que realizará ese suposto didáctico. Para as especialidades específicas de formación profesional elixirase un curso ou un ciclo formativo.

O candidato disporá de dúas horas para a súa preparación podendo utiliza-lo material que considere oportuno. A exposición e o enfoque didáctico terá unha duración máxima dunha hora. A duración máxima do debate será, se é o caso, de quince minutos.

Os tribunais cualificarán esta proba de cero a dez puntos debendo alcanza-los aspirantes para a súa superación un mínimo de catro puntos. Finalizada a proba, os tribunais procederán a sumar ós aspirantes que a superaron as puntuacións correspondentes á proba e á fase de concurso e a determinación dos aspirantes que superaron os procedementos selectivos de conformidade co previsto no punto 1 da base 9 da presente convocatoria.

7.7. Fase de oposición nos procedementos selectivos de acceso a corpos do mesmo grupo e nivel de complemento de destino.

7.7.1. A proba consistirá para os aspirantes que concorran por este procedemento de acceso para a mesma especialidade da que son titulares no seu corpo de orixe, na exposición seguida, se é o caso, dun debate, ambos orais, dun proxecto docente elaborado polo candidato.

A exposición do proxecto docente terá unha duración máxima dunha hora, seguida se é o caso, dun debate cunha duración máxima de quince minutos e será cualificado de conformidade co disposto no punto 7.7.3 desta convocatoria.

O proxecto docente ó que se fai alusión nos puntos anteriores consistirá na programación da disciplina para un dos cursos do novo bacharelato, ou no desenvolvemento dunha unidade didáctica para un dos cursos da educación secundaria obrigatoria, ou para un módulo de un ciclo formativo, que inclúa propostas para a atención á diversidade dos alumnos, por elección do candidato.

7.7.2. Para os aspirantes que concorran por este procedemento de acceso a unha especialidade distinta da que son titulares no seu corpo de orixe, a proba realizarase consonte o que se dispón no punto 7.4 desta convocatoria.

7.7.3. Os tribunais cualificarán esta proba de cero a dez puntos debendo acada-los aspirantes para a súa superación un mínimo de catro puntos. Finalizada a proba, os tribunais procederán a sumar,

ós aspirantes que a superaran, as puntuacións correspondentes á proba e á fase de concurso e a determinación dos aspirantes que superaron os procedementos selectivos de conformidade co previsto no apartado 1 da base 9 da convocatoria.

7.8. En cada unha das probas da fase de oposición, se se trata do procedemento de ingreso libre ou na proba de valoración de coñecementos, se se trata dos procedementos de acceso, a puntuación de cada aspirante será a media aritmética das cualificacións de tódolos membros presentes do tribunal. Cando entre as puntuacións outorgadas polos membros do tribunal exista unha diferencia de tres ou máis enteiros serán automaticamente excluídas as cualificacións máxima e mínima, calculándose a puntuación media entre as cualificacións restantes. No caso de empate entre cualificacións máximas ou mínimas, unicamente será excluída unha delas.

7.9. Os temarios correspondentes que rexerán para a realización das probas a que se refiren os puntos 7.4, 7.5, 7.6 e 7.7, serán os indicados no anexo IV da presente orde.

7.10. Naquelas probas que non consistan nunha exposición oral ante o tribunal, os candidatos lerán os exercicios en sesión pública ante o tribunal agás naqueles casos nos que, pola natureza dos exercicios, os tribunais dispoñan outra cousa.

7.11. Conforme determina o Real decreto 182/1993, do 5 de febreiro (BOE do 23), os aspirantes que teñan a condición de funcionarios de organismos internacionais e posúan a nacionalidade española quedarán exentos da realización daquelas probas que a Comisión Permanente de Homologación, que se crea no mencionado real decreto, considere que teñen por obxecto acreditar coñecementos xa esixidos para o desempeño dos seus postos de orixe no organismo internacional correspondente.

Con esa finalidade, a certificación de homologación prevista no artigo 7 do Real decreto 182/1993, terá que presentarse acompañando a solicitude pola que o aspirante solicita tomar parte no proceso selectivo e, con carácter excepcional, ó tribunal ó que corresponda xulga-los méritos e capacidade de tódolos aspirantes, con antelación á celebración das correspondentes probas. Nos exercicios dos que se exime os aspirantes outorgaráselles a cualificación mínima esixida na convocatoria para a súa superación.

Os interesados poderán renunciar a esta cualificación e participar nas probas das que foron eximidos en igualdade de condicións ó resto dos aspirantes da quenda libre. Tal renuncia efectuarase con anterioridade ó inicio das probas selectivas.

Base común 8

Forma de cubri-las prazas de reserva.

Cada tribunal, para os efectos de cubri-las prazas obxecto da presente convocatoria polo proceso selectivo libre e as súas reservas, axustarase ás seguintes normas:

a) Se houbese un número suficiente de aspirantes que cumpran os requisitos mínimos para aprobar,

entre os aspirantes que concorran ás prazas reservadas, a totalidade destas prazas adxudicaránselles a estes opositores, calquera que sexa a súa puntuación.

b) Aqueles opositores que concorran ás prazas reservadas para minusválidos e que, reunindo os requisitos mínimos para aprobar, excedan do número de prazas asignadas ó tribunal para esta reserva, concorrerán á formación da lista de aprobados do tribunal en igualdade de condicións ós das prazas libres segundo a súa puntuación e tal e como se determina na base común 9.

c) No caso de que existisen prazas de calquera das reservas que non puidesen ser cubertas por non existir un número suficiente de aspirantes coa puntuación mínima requirida, estas acumularanse ás libres.

Base común 9

Superación do procedemento selectivo

9.1. Seleccionados polos procedementos de acceso a corpos docentes de grupo superior e de acceso a corpos docentes clasificados no mesmo grupo e nivel de complemento de destino.

a) Resultarán seleccionados aqueles candidatos que, obtendo un mínimo de catro puntos na proba e ó seren ordenados segundo a suma das puntuacións alcanzadas no concurso e na proba, obteñan un número de orde igual ou inferior ó número de prazas asignadas ó procedemento polo que participan.

b) Os posibles empates resolveranse atendendo sucesivamente ós seguintes criterios.

1) Maior puntuación na proba.

2) Maior puntuación no punto 1 do baremo que se publica como anexos II e III á presente convocatoria.

3) Maior puntuación no punto 2.

4) Maior puntuación no punto 3.

5) Maior puntuación nas sub-alíneas 1.1, 1.2, 2.1, 2.2, 3.1, 3.2, e 3.3 por esta orde.

6) Caso de que persista o empate, este dirimirase por sorteo público.

9.2. Seleccionados pola quenda libre e quenda de reserva de minusválidos.

a) Superarán estes procedementos aqueles aspirantes que, ordenados segundo a puntuación global asignada, de conformidade co disposto no artigo 31 do Real decreto 850/1993, do 4 de xuño lles corresponda un número de orde igual ou inferior ó número de prazas asignadas ó tribunal correspondente.

Para a obtención da puntuación global, o tribunal ponderará en dous tercios a puntuación obtida na fase de oposición a que se refire o punto 4 da base 7 da presente orde e nun tercio a puntuación obtida na fase de concurso, resultando a puntuación global da suma de ambas fases unha vez realizadas as ponderacións mencionadas.

b) Os posibles empates resolveranse atendendo sucesivamente ós seguintes criterios:

1) Maior puntuación na fase de oposición.

2) Maior puntuación en cada un dos exercicios da oposición, pola orde en que estes se realizaron.

3) Maior puntuación nos puntos do baremo de méritos pola orde en que estes aparecen na convocatoria.

4) Maior puntuación nas subalíneas do baremo, pola orde en que estes aparecen na convocatoria.

5) Caso de que persista o empate, este dirimirase por sorteo público.

9.3. Orde da relación.

Os tribunais confeccionarán a correspondente relación de aspirantes que superasen as probas ata o número de prazas que lle foron asignadas, figurando en primeiro lugar os aspirantes aprobados polo procedemento de acceso a corpos docentes do mesmo grupo e nivel de complemento de destino; en segundo lugar os da quenda de acceso desde corpos de distinto grupo e, en terceiro lugar, os ingresados pola quenda libre. Dentro de cada un destes grupos os aspirantes seleccionados ordenaranse de acordo co establecido nas bases anteriores.

Esta relación farase pública no taboleiro de anuncios do local ou locais nos que se celebran as probas.

Contra estas listas poderán os interesados interpoñer, de conformidade co disposto nos artigos 107 e 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada ante o director xeral de Persoal.

9.4. En ningún caso os tribunais poderán aprobar nin declarar que superaron o proceso selectivo un número superior de aspirantes ó de prazas asignadas a cada tribunal. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido neste punto será nula de pleno dereito.

9.5. Opción dos opositores que superen as probas en máis dunha disciplina.

Os aspirantes que superen as probas por dous ou máis especialidades do mesmo corpo deberán optar por un dos postos, no prazo de dez días contados a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia da lista de opositores aprobados, e poderán solicitar prórroga para a realización do período de prácticas noutro posto.

De conformidade co disposto no artigo 33 do Real decreto 850/1993, do 4 de xuño, estes aspirantes quedarán exentos da realización da fase de prácticas na especialidade na que non as realicen cando acrediten ter prestado, alomenos, un curso escolar como funcionarios docentes de carreira.

Os aspirantes que superen, no mesmo corpo e disciplina, os procedementos selectivos convocados por esta consellería e polo Ministerio de Educación e Cultura ou outra Comunidade Autónoma con competencias en materia educativa, se optasen polo posto de traballo correspondente ó ámbito da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, deberán

presentar instancia neste sentido dirixida á Dirección Xeral de Persoal, acompañada de copia de renuncia ó outro posto de traballo, no prazo de dez días, contados a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia da lista de aspirantes aprobados.

9.6. Publicación da lista de aprobados.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria elaborará, cando exista máis dun tribunal por especialidade, a lista de aprobados e publicará no Diario Oficial de Galicia as listas únicas de aprobados por corpos e especialidades, segundo se detalla nos puntos anteriores.

Base común 10

Presentación de documentos

10.1. No prazo de 20 días naturais contados desde o día seguinte a aquel no que se fagan públicas as listas de aprobados no Diario Oficial de Galicia, os aspirantes aprobados deberán presentar perante a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do título esixido para o ingreso no correspondente corpo ou certificación académica que acredite que realizaron tódolos estudios para a obtención do título, acompañada de fotocopia compulsada do recibo acreditativo conforme se efectuou o pagamento correspondente dos dereitos de expedición, agás se calquera dos dous documentos fose presentado para a súa valoración como mérito.

Aqueles aspirantes ós que lles sexa de aplicación a disposición transitoria segunda do Real decreto 777/1998, do 30 de abril, deberán acreditar-la súa experiencia docente durante alomenos dous anos en centros educativos públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. A acreditación realizarase conforme o previsto no punto II do anexo I da presente orde, agás que xa fora presentada como mérito.

b) Certificado médico acreditativo de non padecer ningunha enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co exercicio da docencia.

Os aspirantes que fixesen vale-la súa condición de persoas con discapacidade deberán presentar certificación dos órganos competentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais que acredite tal condición e tamén terán que presentar certificado dos citados órganos ou da Administración sanitaria, acreditativo da compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes.

c) Declaración xurada ou promesa de que non foron separados mediante expediente disciplinario do servicio de ningunha Administración pública e de non estaren inhabilitados para o exercicio de funcións públicas, conforme o modelo que figura como anexo V a esta convocatoria.

Igualmente, os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estaren sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no

seu Estado o acceso á función pública, segundo o mesmo modelo do anexo V.

d) Os aspirantes que fixeron valer a súa condición legal de discapacitado presentarán a certificación á que se fai referencia no punto 2.3.1 desta orde.

e) Certificado de aptitude pedagóxica ou, se é o caso, documentación xustificativa que acredite a dispensa deste requisito.

Cando se alegue, en substitución do certificado de aptitude pedagóxica, docencia efectiva no mesmo nivel educativo e na mesma especialidade durante dous cursos académicos, acreditarase:

-Se se trata dun centro público, mediante certificación, na que conste a data de inicio e fin, o nivel educativo e a especialidade, expedida polo secretario do centro, co visto e prace do director e o contrato expedido polo organismo correspondente.

-Se se trata dun centro privado dos mencionados no punto 2.2.1.b) desta convocatoria, mediante certificación, na que conste a data de inicio e fin, o nivel educativo e a especialidade, expedida polo director do centro, co visto e prace dos servicios de Inspección Técnica Educativa correspondente.

10.2. Excepcións.

Os que teñan a condición de funcionarios públicos de carreira e estean en situación de servicio activo estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa demostrados para obte-lo seu anterior nomeamento debendo presentar en tal caso unha certificación ou folla de servicios do organismo do que dependan na que se consigne de forma expresa os seguintes datos:

a) Corpo ó que pertence, número de rexistro de persoal e se está en servicio activo.

b) Lugar e data de nacemento.

c) Título académico que posúen e data de expedición.

d) Se superaron as probas para acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, certificado de aptitude pedagóxica ou certificado acreditativo de ter exercido docencia, durante dous cursos académicos como profesor en plenitude de funcións a nivel de ensinanzas secundarias, nalgún dos centros que se citan na correspondente base específica, ou documento acreditativo de estar en posesión da titulación de profesor de educación xeral básica ou da licenciatura universitaria na especialidade de pedagoxía ou INEF.

Cando as certificacións ou follas de servicios se refiran a funcionarios que superaron o proceso selectivo polos procedementos de acceso a corpos docentes clasificados no mesmo grupo e nivel de complemento de destino ou a outro corpo docente de grupo superior, recollerán expresamente que reúnen tódolos requisitos esixidos.

Se nas certificacións non se poden facer consta-los datos sinalados nas alíneas c) e d), por non estaren nos expedientes persoais dos interesados, estes

deberán remitir separadamente os documentos que os acrediten.

10.3. Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presenta-los documentos expresados nas bases anteriores, poderá acreditarse que se reúnen as condicións esixidas na convocatoria mediante calquera medio de proba admisible en dereito.

10.4. Os que dentro do prazo fixado, e salvo os casos de forza maior, non presenten a documentación ou se do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos xerais establecidos na base común 2, non poderán ser nomeados funcionarios en prácticas nin funcionarios de carreira e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade na que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

Base común 11

Nomeamento de funcionarios en prácticas

11.1. Aspirantes en expectativa de ingreso.

Quen supere o proceso selectivo e non poida ser nomeado funcionario en prácticas por non existiren prazas vacantes terá a consideración de aspirante en expectativa de ingreso ata que aquelas se produzan.

Os aspirantes, que obtendo a puntuación mínima esixida para supera-lo proceso selectivo, non se encontren incluídos nas propostas dos tribunais como aprobados dentro do número de prazas ofertadas na convocatoria non serán considerados en expectativa de ingreso nin poderán alegar ningún dereito.

11.2. Destino provisional e nomeamento de funcionarios en prácticas.

Os aspirantes que superen o procedemento selectivo quedan obrigados a incorporarse ós destinos que a Dirección Xeral de Persoal lles adxudique para a realización da fase de prácticas. No caso de non se incorporaren ós citados destinos no prazo que se estableza, entenderase que renuncian ó proceso selectivo.

Se se incorporan e reúnen as condicións requiridas para o ingreso no corpo respectivo serán nomeados funcionarios en prácticas.

Coa finalidade da adxudicación de destino de carácter provisional para a realización do período de prácticas, os aspirantes que superen o procedemento selectivo deberán efectua-la solicitude, conforme o sistema previamente publicado no Diario Oficial de Galicia por resolución da Dirección Xeral de Persoal, no prazo de cinco días naturais contados desde o día seguinte á publicación da lista de aprobados á que se fai referencia no punto 9.3 da presente convocatoria.

11.3. Destino definitivo.

Os aspirantes que superen o proceso selectivo deberán obte-lo seu primeiro destino definitivo nun dos centros directamente xestionados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, estando obrigados para estes efectos a participar nos

sucesivos concursos ordinarios de traslados que se convoquen, na forma que determinen as correspondentes convocatorias.

11.4. Opción dos aspirantes que superaron o proceso selectivo e están exentos da fase de prácticas.

Os aspirantes seleccionados que estean exentos da realización da fase de prácticas ó teren accedido por algún dos procedementos ós que se alude nos puntos 2.4 e 2.5 da presente convocatoria e aqueles que acrediten ter prestado servicios, polo menos, durante un curso escolar como funcionarios de carreira, poderán, non obstante, optar por seren nomeados funcionarios en prácticas incorporándose ó destino obtido, estando exentos da avaliación delas, permanecendo nesta situación ata o seu nomeamento como funcionario de carreira. Os aspirantes ós que se refire este parágrafo que non opten por seren nomeados funcionarios en prácticas permanecerán nos seus corpos de orixe ata que sexan nomeados funcionarios de carreira xunto co resto dos seleccionados da súa promoción.

11.5. Non obstante o disposto na alínea anterior, os funcionarios do corpo de mestres que superen o proceso selectivo pola reserva establecida no punto 2.4 da presente convocatoria na mesma especialidade pola que estean destinados definitivamente nun IES, poderán optar por permaneceren na praza que ocupan con carácter definitivo, unha vez que sexan nomeados funcionarios de carreira do corpo de profesores de ensino secundario.

O establecido no punto anterior será de aplicación ós funcionarios do corpo de profesores técnicos de formación profesional que se encontran ocupando definitivamente unha praza dunha especialidade correspondente ó corpo de profesores de ensino secundario, se acceden á dita especialidade pola reserva establecida no punto 2.4 da presente convocatoria.

11.6. Réxime xurídico-administrativo dos aspirantes nomeados funcionarios en prácticas.

Desde o nomeamento de funcionarios en prácticas ata o nomeamento como funcionarios de carreira, o réxime xurídico-administrativo dos opositores será o de funcionario en prácticas, sempre que estean desempeñando un posto docente. En todo caso a súa incorporación á realización das prácticas producirase con ocasión de vacante.

11.7. Aprazamento da fase de prácticas.

A Dirección Xeral de Persoal poderá, por causa xustificada e por petición do interesado, concede-lo aprazamento da fase de prácticas.

11.8. Opción da remuneración dos funcionarios en prácticas.

Os aspirantes que superaron a fase do proceso selectivo e que xa estean prestando servicios remunerados na Administración como funcionarios de carreira, interinos, contratados administrativos ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que de acordo coa normativa vixente lles corresponda, deberán formular

opción pola percepción das remuneracións durante a súa condición de funcionarios en prácticas, de conformidade co previsto no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo).

Base común 12

Fase de prácticas

12.1. Obxecto e duración da fase de prácticas.

As prácticas terán por obxecto a valoración das aptitudes didácticas dos aspirantes que aprobaron a fase de oposición.

Realizaranse nos destinos provisionais que lles corresponda co desempeño de función docente con plena validez académica.

A súa duración será de seis meses.

12.2. Características da fase de prácticas.

Cada profesor en prácticas realizará unha programación, por unidades didácticas dun curso, da disciplina obxecto da súa oposición. De non impartir clases desa disciplina, realizará a programación daquela na que imparte maior número de horas, indicando brevemente obxectivos, contidos básicos, exercicios prácticos, metodoloxía e avaliación.

Esta programación debe ser acorde coa programación xeral realizada polo seminario ou departamento da disciplina. O profesor en prácticas solicitará do xefe de departamento respectivo orientación e información para a súa realización.

A programación presentada levará o visto e prace do xefe de departamento.

A dita programación xunto cunha breve memoria razoada da súa actividade docente (clases, seminarios, avaliacións, titorías, etc.) deberá ser remitida á Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria- San Caetano, Santiago de Compostela, no prazo dos vinte días seguintes ó remate da fase de prácticas e dirixidas o director xeral de Persoal.

O profesor cumprirá a programación ó longo do curso, coas modificacións que considere máis oportunas para o aproveitamento dos seus alumnos ou as que o seu xefe de departamento ou inspector correspondente lle indique.

12.3. As prácticas cualificaranse como apto ou non apto. Con esta finalidade designaranse comisións cualificadoras.

12.4. Os aspirantes cualificados de non aptos na fase de prácticas perderán tódolos dereitos ó seu nomeamento como funcionarios de carreira.

Base común 13

Nomeamento de funcionarios de carreira

Rematada a fase de prácticas, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aprobará o expediente do proceso selectivo e elevará a correspondente proposta de nomeamento como funcionarios de carreira dos corpos correspondentes ó Ministerio de Educación e Cultura.

TITULO II

Procedemento de adquisición de especialidades

Convócase procedemento para que os funcionarios de carreira do corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño poidan adquirir nova especialidade, de conformidade co establecido nas seguintes bases:

Base común 14

Normas xerais

As especialidades que poderán adquirirse nos corpos citados anteriormente mediante o procedemento regulado neste título serán as mesmas que as convocadas para o procedemento de ingreso libre.

A estes procedementos seranlles de aplicación as disposicións establecidas no punto 1.2. da presente orde, así como as restantes bases do título I que non se opoñan ó disposto neste título.

Base común 15

Requisitos dos candidatos

Para poder participar neste procedemento os candidatos deberán reuni-los seguintes requisitos:

a) Ser funcionario de carreira do corpo correspondente con destino no ámbito de xestión da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Reuni-los requisitos que se esixen para o ingreso libre na especialidade que se pretenda adquirir.

Base común 16

Solicitudes e pagamentos dos dereitos

As solicitudes e pagamento dos dereitos formularanse conforme o establecido na base común 3 desta convocatoria.

Base común 17

Órganos de selección

Os órganos de selección para este procedemento serán aqueles ós que se refire a base 5 da presente convocatoria e exercerán respecto deste procedemento as mesmas funcións que se enumeran na mencionada base.

Base común 18

Comezo e desenvolvemento das probas

O comezo e desenvolvemento das probas realizarase de conformidade co disposto na base 6 desta convocatoria.

Base común 19

Sistema de selección

19.1. A proba terá por obxecto valorar tanto os coñecementos sobre a materia como os recursos didácticos e pedagóxicos dos candidatos. Esta proba dividirase en dúas partes:

Primeira parte: de contido de carácter práctico e que se axustará, para cada especialidade, ó disposto no anexo VII desta orde. O tempo asignado para a realización desta proba será establecido polos tribunais.

Segunda parte: consistirá na exposición, á que seguirá un debate, ambos orais, dun tema da especialidade á que se opte, elixido polo opositor entre seis, extraídos por sorteo, de entre os que compoñen a parte A do temario da súa especialidade.

A exposición terá dúas partes. A primeira delas tratará sobre os aspectos científicos do tema. Na segunda o aspirante deberá facer referencia á relación do tema co currículo establecido pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, así como o seu tratamento didáctico.

O tratamento didáctico consistirá na programación didáctica do tema elixido, ou dunha unidade didáctica extraída del, indicando, en calquera caso, os obxectivos, contidos, actividades de ensino e aprendizaxe e de avaliación, así como os recursos necesarios para o seu desenvolvemento.

Con esta finalidade o aspirante poderá elixi-lo curso da educación secundaria obrigatoria, do bacharelato, da formación profesional específica, das ensinanzas de idiomas ou das ensinanzas de música sobre o que realizará ese suposto didáctico.

O candidato disporá de dúas horas para a súa preparación podendo utiliza-lo material que estime oportuno. A exposición e a planificación didáctica terá unha duración máxima dunha hora. A duración máxima do debate será de quince minutos.

19.2. Os tribunais cualificarán a proba á que se refire o punto anterior de apto ou non apto, e obterán a nova especialidade unicamente os cualificados con apto.

19.3. Unha vez verificado polo órgano convocante que os aspirantes que obtiveron a cualificación de apto reúnen os requisitos esixidos na base 15 desta convocatoria a Consellería de Educación e Orde

nación Universitaria publicará no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se declara apto ós aspirantes, coa indicación da nova especialidade adquirida.

19.4. Os que adquiran unha nova especialidade por este procedemento estarán exentos da fase de prácticas.

19.5. A adquisición dunha nova especialidade non supón a perda da anterior ou anteriores que se puideran posuír. Os que teñan adquirida máis dunha especialidade poderán acceder a prazas correspondentes a calquera delas a través dos mecanismos establecidos para a provisión de postos de traballo dos funcionarios docentes, de conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 1701/1991, do 29 de novembro, polo que se establecen as especialidades do corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, adscríbense a elas os profesores correspondentes ó dito corpo e determínanse as áreas e materias que deberá imparti-lo profesorado respectivo. Os que adquiran unha nova especialidade por este procedemento terán preferencia, por unha soa vez, con ocasión de vacante, para seren adscritos a prazas da nova especialidade adquirida no centro no que tiveran

destino definitivo, de conformidade co establecido no artigo 4 do Real decreto 1701/1991, do 29 de novembro, segundo a redacción dada pola disposición adicional cuarta do Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Baremo para a valoración de méritos: sistema xeral de acceso

MéritosPuntosDocumentos xustificativos

I. Formación académica (máximo 4 puntos):

1.1. Expediente académico no título alegado, valorarase exclusivamente a nota media do expediente académico do título esixido con carácter xeral e alegado para ingreso no corpo do modo que a continuación se indica:Certificación académica persoal orixinal ou fotocopia cotexada na que consten as puntuacións obtidas en tódalas disciplinas e cursos esixidos para a obtención do título alegado.
Desde 6,01 e ata 7,501,000
Desde 7,51 e ata 101,500

1.2. Doutoramento e premios extraordinarios:

1.2.1. Por posuí-lo título de doutor na titulación alegada para ingreso no corpo2,000Certificación académica ou fotocopia cotexada do título de doutor ou, se é o caso, do aboamento dos dereitos de expedición, conforme a Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13).

1.2.2. Por ter obtido premio extraordinario no doutoramento0,500Documento xustificativo.

1.2.3. Por ter obtido premio extraordinario na titulación alegada para ingreso no corpo0,500Documento xustificativo.

1.3. Outras titulacións de carácter oficial:

1.3.1. Titulacións de primeiro ciclo:

Por cada diplomatura, enxeñería técnica, arquitectura técnica ou títulos declarados legalmente equivalentes e polos estudios correspondente ó primeiro ciclo dunha licenciatura, arquitectura ou enxeñería

1,000Certificación académica ou fotocopia cotexada do título alegado para ingreso no corpo así como de cantos presente como mérito ou, se é o caso, certificación do aboamento dos dereitos de expedición conforme a Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13). No caso de estudios correspondentes ó primeiro ciclo, certificación académica na que se acredite a súa superación.

1.3.2. Titulacións de segundo ciclo:

Polos estudios correspondentes ó segundo ciclo de licenciaturas, enxeñerías, arquitecturas ou títulos declarados legalmente equivalentes

1,000Certificación académica ou fotocopia cotexada do título alegado para ingreso no corpo así como de cantos presente como mérito ou, se é o caso, certificación do aboamento dos dereitos de expedición conforme a Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13).

MéritosPuntosDocumentos xustificativos

1.3.3. Por titulacións de ensino réxime especial:
As titulacións das ensinanzas de réxime especial outorgadas polas escolas oficiais de idiomas e conservatorios profesionais e superiores de música:

a) Música e danza, grao medio

b) Ensino de idiomas:

b.1. Ciclo elemental

b.2. Ciclo superior

0,500

0,500

0,500

Certificación académica ou fotocopia cotexada do título alegado para ingreso no corpo así como de cantos presente como mérito ou, se é o caso, certificación do aboamento dos dereitos de expedición conforme a Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13).

II. Experiencia docente (máximo 3 puntos):

2.1. Por cada ano de experiencia docente no mesmo nivel educativo e especialidade á que opta o aspirante, en centros privados0,4000Certificación do secretario do centro co visto e prace do director na que debe consta-la data de toma de posesión e cesamento na especialidade, así como os documentos xustificativos do nomeamento ou fotocopia compulsada deles na que conste data de toma de posesión e cesamento e a especialidade.

2.2. Por cada ano de experiencia docente no mesmo nivel educativo e especialidade á que opta o aspirante, noutros centros0,200Certificación do director do centro co visto e prace do servicio da Inspección Técnica, na que conste data de toma de posesión e cesamento e a especialidade.

2.3. Por cada ano de experiencia docente en distinto nivel educativo ou diferente especialidade á que opta o aspirante, en centros públicos0,200Certificación do secretario do centro co visto e prace do director no que debe consta-la data de toma de posesión e cesamento e a especialidade, así como os documentos xustificativos do nomeamento ou fotocopia cotexada deles na que conste data de toma de posesión e do cesamento e a especialidade.

2.4. Por cada ano de experiencia docente en distinto nivel educativo ou diferente especialidade á que opta o aspirante, noutros centros0,1000Certificación do director do centro co visto e prace do servicio de Inspección Técnica, na que conste data de toma de posesión e cesamento e a especialidade.

* Teranse en conta un máximo de dez anos, cada un dos cales deberá ser valorado nun só dos apartados anteriores.

III. Outros méritos (máximo 3 puntos):

3.1. Por cursos superados, relacionados co ensino, organizados polas administracións educativas que se atopen no pleno exercicio das súas competencias en materia educativa, por institucións sen ánimo de lucro que fosen homologados ou recoñecidos polas administracións anteditas, así como os organizados polas universidades:Certificado deles nos que conste de modo expreso o número de horas de duración do curso. No caso dos organizados polas institucións sen ánimo de lucro, deberá acreditarse de forma que faga fe o recoñecemento ou homologación.
-Puntuarase 0,10 puntos por cada 10 horas de curso. Para estes efectos sumaranse as horas de tódolos cursos, non puntuándose o resto do número de horas inferiores a 10Ata 2,500

3.2. Por outras actividades de formación ou perfeccionamentoAta 0,500Certificado deles.

NOTAS:

Primeira.-Unicamente serán baremados aqueles méritos perfeccionados ata a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Segunda.-Para os efectos do punto dous non poderán acumularse as puntuacións cando os servicios foran prestados simultaneamente en máis dun centro docente.

Terceira.-Nos seguintes puntos, por cada mes sumanse as seguintes puntuacións: no punto 2.1, 0,033 puntos; no punto 2.2, 0,016 puntos; no punto 2.3, 0,016 puntos; no punto 2.4, 0,008 puntos.

Cuarta.-Para a obtención da nota media do expediente académico nos casos en que non figure a expresión numérica completa aplicaranse as seguintes equivalencias:

Aprobado: cinco puntos.

Notable: sete puntos.

Sobresaliente: nove puntos.

Matrícula de honra: dez puntos.

Aquelas cualificacións que conteñan a expresión literal «ben» considerarase equivalente a seis puntos. Non se terán en conta as «validadas» ou «apto».

En ningún caso se tomarán en consideración na nota media as cualificacións correspondentes a proxectos fin de carreira, teses de licenciatura ou análogas.

No caso de que non se remita a certificación académica persoal e, no seu defecto, se presente fotocopia compulsada do título ou da certificación do aboamento dos dereitos de expedición del conforme a Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13), considerarase que o aspirante obtivo a nota media de aprobado.

Quinta.-En ningún caso serán valorados polo punto 3.1 aqueles «cursos» que teñan como finalidade a obtención dun título académico.

Sexta.-Non se valorará o curso de aptitude pedagóxica.

Sétima.-De conformidade co artigo 6 da Orde do 11 de novembro de 1998, as equivalencias entre distintos cursos e probas de lingua galega terán a mesma consideración legal que os cursos presenciais de iniciación e perfeccionamento.

ANEXO II

Baremo para a valoración de méritos para o acceso ós corpos do grupo A desde corpos do grupo B

MéritosPuntosDocumentos xustificativos

I. Traballo desenvolvido:

1.1. Por cada ano como funcionario de carreira do corpo desde o que se aspira ó acceso que exceda dos oito esixidos como requisito0,500Folla de servicios certificada pola delegación provincial.

* Por este subapartado, (1.1.) non poderán obter máis de 4,000 puntos

1.2.

a) Por cada ano de exercicio na función inspectora0,300Fotocopia compulsada do nomeamento, con expresión da duración real do cargo.

b) Por cada ano de exercicio como director dun centro público0,300Fotocopia compulsada do nomeamento, con expresión da duración real do cargo.

MéritosPuntosDocumentos xustificativos

c) Por cada ano de exercicio como vicedirector, xefe de estudios, secretario, administrador ou profesor delegado nas seccións de formación profesional e outros cargos directivos0,200Fotocopia compulsada do nomeamento, con expresión da duración real do cargo.

d) Por cada ano de servicios como cargo directivo na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Ministerio de Educación e Cultura ou departamentos de Educación das restantes comunidades autónomas, con competencias en materia educativa, con categoría de xefe de servicio ou nivel equivalente ou superior0,300Fotocopia compulsada do nomeamento, con expresión da duración real do cargo.

e) Por cada ano de titor0,200Certificación do director do centro.

f) Por cada ano como coordinador pedagóxico, coordinador de ciclo/departamento, xefe de departamento, xefe de división, xefe de departamento de normalización0,200Certificación do director do centro co visto e prace da inspección educativa.

* Por este subapartado (1.2.) non poderá obterse máis de 1,500 puntos

II. Cursos de formación e perfeccionamento superados:

2.1. Por cada curso de formación e perfeccionamento convocados polas administracións educativas ou universidades cunha duración non inferior a 30 horas

0,300

ata 1

Fotocopia compulsada do certificado de asistencia. De non figura-lo número de horas, deberá xuntarse certificado da autoridade convocante no que se faga consta-la duración en horas.

2.2. Por cada curso de formación e perfeccionamento convocados polas administracións educativas ou universidades cunha duración non inferior a 100 horas

0,600

ata 1,500

Fotocopia compulsada do certificado de asistencia. De non figura-lo número de horas, deberá xuntarse certificado da autoridade convocante no que se faga consta-la duración en horas.

III. Outros méritos:

3.1. Méritos académicos:

a) Polo grao de doutor na titulación requirida para ingreso no corpo0,750Certificación académica, ou fotocopia compulsada do título de doutor.

b) Por premio extraordinario ou de honra na titulación alegada para ingreso no corpo0,500Certificación académica ou fotocopia compulsada do título alegado na que conste tal cualificación.

c) Por título de licenciado distinto do alegado para ingreso no corpo0,500Certificación académica ou fotocopia compulsada do título correspondente.

d) Por outro título de grao medio0,300Certificación académica ou fotocopia compulsada do título correspondente.

* Por este subapartado non poderá obterse máis de 1,000 punto

3.2. Publicacións e méritos artísticos:

a) Por publicacións de carácter didáctico sobre a disciplina obxecto do concurso ou directamente relacionadas coa organización escolarAta 0,500Os exemplares correspondentes.

b) Por publicacións de carácter científico sobre a disciplina obxecto do concursoAta 0,500Os exemplares correspondentes.

c) Por premios en exposicións ou concursos de ámbito galego, nacional ou internacionalAta 0,250Documentos xustificativos destes.

* Por este subapartado non poderá obterse máis de 0,500 puntos

3.3. Participación en actividades:

Pola participación en cada actividade de reforma, experimentación, investigación, innovación e seminarios permanentes0,200Documentos xustificativos da participación nas actividades.

* Por estes subapartado non poderá obterse máis de 0,500 puntos

ANEXO III

Baremo para a valoración de méritos para o acceso a outros corpos

do mesmo grupo e nivel de complemento de destino

PuntosPuntosDocumentos xustificativos

1. Experiencia docente previa:

Ata un máximo de 4 puntos

1.1. Por cada ano de servicios efectivos prestados como funcionario de carreira do corpo desde o que aspira ó acceso0,500Folla de servicios certificada polo servicio do centro co visto e prace do director.

1.2. Por cada ano de servicios efectivos prestados como funcionario de carreira doutros corpos docentes0,250Folla de servicios certificada polo secretario do centro co visto e prace do director.

2. Traballo desenvolvido:

Ata un máximo de 4 puntos

2.1. Por ter adquirida a condición de catedrático1,000Fotocpia cotexada do documento acreditativo.

2.2. Por cada ano de servicios efectivos prestados como catedrático0,250Fotocopia cotexada do documento acreditativo.

Por este subapartado en ningún caso poderá obterse máis dun punto

2.3. Desempeño de cargos directivos e postos nos consellos escolares do centro:

a) Por cada ano como director en centros de EXB, bacharelato unificado e polivalente, formación profesional ou centros de profesores, profesor delegado en sección de formación profesional ou xefe de estudios en extensións de bacharelato0,500Fotocopia cotexada do documento xustificativo do nomeamento con expresión da duración real do cargo.

PuntosPuntosDocumentos xustificativos

b) Por cada ano como xefe de estudios ou secretario en centros de EXB, bacharelato unificado polivalente ou formación profesional0,300Fotocopia cotexada do documento xustificativo do nomeamento con expresión da duración real do cargo.

c) Por cada ano como vicedirector ou vicesecretario nalgún dos centros ós que se refire o apartado anterior0,200Fotocopia cotexada do documento xustificativo do nomeamento con expresión da duración real do cargo.

III. Outros méritos:
Ata un máximo de 2 puntos

3.1. Méritos académicos:
Máximo 1 punto

3.1.1. Por cada título distinto do requirido e alegado para ingreso no corpo e de nivel superior a este0,200Certificación académica ou fotocopia compulsada do título requirido para ingreso no corpo, así como cantos alegue como mérito.

3.1.2. Por cada título do mesmo nivel do requirido e alegado para ingreso no corpo0,100Certificación académica ou fotocopia compulsada do título requirido para ingreso no corpo, así como cantos alegue como mérito.

3.1.3. Por grao de doutor na titulación alegada para ingreso no corpo0,300Certificación académica ou fotocopia compulsada do título de doutor.

3.2. Publicacións, méritos artísticos e proxectos e innovacións técnicas:Ata un

máximo

0,500 puntos

3.2.1. Por publicacións relacionadas coa especialidade ou coa didáctica xeralOs exemplares correspondentes.

3.2.2. Por premios en exposicións ou concursos de ámbito nacional ou internacionalAta 0,500Documentos acreditativos de atoparse en posesión deles.

3.3. Pola participación en actividades da reforma e experimentación, investigación e desenvolvemento de experiencias pedagóxicas en centros educativosCertificación da dirección xeral correspondente.

ANEXO IV

Temarios das especialidades

Corpo de profesores de ensino secundario

(Parte «A» e parte «B»)

CódigoEspecialidadesTemarios

001Filosofía

002Grego

003Latín

004Lingua castelá e literatura

006Matemáticas

008Bioloxía e xeoloxíaBOE 21-9-1993

009Debuxo

010Francés

016Música

017Educación física

018Psicoloxía e pedagoxía

019Tecnoloxía

053Lingua e Literat. galegaDOG 21-3-1995

104Construccións civís e Edific.

105Formación e orientación laboral

107Informática

108Intervención sociocomunitariaBOE 13-2-1996

111Org. e Proc. de mantemento vehículos

112Org. e Prox. de fabricación mecánica

115Procesos de producción agraria

124Sistemas electrónicos

125Sistemas electrotécnicos e automáticos

Corpo de profesores técnicos de formación

profesional

(Parte «A» e parte «B»)

CódigoEspecialidadesTemarios

201Cociña e pastelería

206Instalacións electrotécnicasBOE 13-2-1996

228Soldadura

Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas

(Parte «A» e parte «B»)

CódigoEspecialidadesTemarios

001Alemán

008FrancésBOE 21-9-1993

015Portugués

Corpo de profesores de música e artes escénicas

(Parte «A» e parte «B»)

Código

Especialidades

Temarios

Parte «A»

Temarios

Parte «B»

039Música de cámaraBOE 27-3-1998

023Frauta travesa

045Percusión

046Piano

052Saxofón

055TrombónBOE 11-12-1998BOE 28-4-1994

057Trompa

058Trompeta

060Viola

061Violín

ANEXO V

Don/dona..., con domicilio en... e con DNI número..., declara baixo xuramento/promete, para os efectos de ser nomeado/a funcionario/a do corpo de profesores de ensino secundario/profesores técnicos de formación profesional/ profesores de escolas oficiais de idiomas/ profesores de música e artes escénicas, que non foi separado/a do servicio de ningunha das administracións públicas e que non está inhabilitado/a para o exercicio de funcións públicas.

......................., ..... de............ de 1999.

Asdo.:

ANEXO VI

Don/Dona..., con documento nacional de identidade..., domiciliado/a para efectos de notificación en:

Localidade...., provincia..., rúa..., nº..., teléfono...

EXPÓN:

Que tendo solicitado ser admitido/a ó proceso selectivo para ingreso no corpo de:

// profesores de ensino secundario.

// profesores técnicos de formación profesional.

// profesores de escolas oficiais de idiomas.

// profesores de música e artes escénicas.

pola especialidade de..., alega, para o obxecto de que lle sexan valorados, na fase de concurso, os méritos que relaciona e xustifica documentalmente:

Méritos alegados:

Apartado 1 do baremoDocumentos xustificativos

1.1.

1.2.

1.3.

Apartado 2 do baremoDocumentos xustificativos

2.1.

2.2.

2.3.

2.4.

Apartado 3 do baremoDocumentos xustificativos

3.1.

3.2.

ANEXO VII

Profesores de ensino secundario

Filosofía.

Consistirá na realización de:

-Un comentario dun texto de época antiga ou medieval.

-Un comentario dun texto da época moderna ou contemporánea.

Grego.

Consistirá na realización de:

-Traducción, con diccionario, e comentario dun texto en prosa.

-Traducción, con diccionario, e comentario dun texto en verso.

Os textos propostos deberán de ser dos autores que figuran no cuestionario que rexe para o concurso-oposición.

Latín.

Consistirá na realización de:

-Traducción, con diccionario, e comentario dun texto en prosa.

-Traducción, con diccionario, e comentario dun texto en verso.

-Traducción, sen diccionario, e comentario dun texto en prosa.

Os textos propostos deberán de ser dos autores que figuran no cuestionario que rexe para o concurso-oposición.

Lingua castelá e literatura.

Consistirá na realización de:

-Un comentario filolóxico dun texto anterior ó século XVIII.

-Un comentario literario dun texto dun autor do Século de Ouro.

-Un comentario lingüístico dun texto dun autor dos séculos XIX ou XX.

Matemáticas.

Consistirá na resolución de:

Cuestións e/ou problemas propostos polo tribunal relacionados co temario e o currículo que se vaia impartir nas etapas de ensino secundario obrigatorio e bacharelato.

Bioloxía e xeoloxía.

Consistirá na realización de:

-Identificación (macroscópica ou microscópica), interpretación e análise de representacións de individuos ou procesos naturais, biolóxicos ou xeolóxicos.

-Resolución de problemas ou cuestións de xenética, bioquímica e ecoloxía.

-Interpretación de mapas e cortes xeolóxicos.

-Exposición dos elementos (aspectos materiais, temporais, desenvolvemento, seguridade) que configuran a realización dunha práctica de laboratorio.

Debuxo.

Consistirá na realización de:

-Análise formal dun modelo «Academia». Mancha e valoración. Tamaño papel 100x70 cm.

-Debuxo de apuntes do natural, retentiva e movemento. Tamaño papel 50x70 cm.

-Representación en perspectiva dun espacio. Formato A1.

-Exercicio de colorido e composición. Técnica libre. Tamaño papel 100x70 cm.

Francés.

Consistirá na realización de:

-Traducción directa.

-Traducción inversa.

-Redacción na lingua estranxeira sobre un tema de actualidade.

Música.

Consistirá na realización de:

-Análise melódica, harmónica, rítmica e estilística de obras de diferentes períodos da historia da música.

-Interpretación a primeira vista, co instrumento que achegará o opositor, dunha partitura ou fragmento elixido por el, entre tres propostas polo tribunal.

-Interpretación e análise musical e literaria dunha canción popular e a súa aplicación didáctica.

Educación física.

Consistirá na resolución por escrito dun ou varios supostos prácticos elaborados polo tribunal. Os ditos supostos versarán sobre os temas da parte A do temario e/ou dos bloques de contidos da educación física na ESO e no bacharelato.

Psicoloxía e pedagoxía.

A proba práctica versará sobre algúns dos seguintes aspectos:

-Deseño dun plan de orientación, instrumentos e técnicas.

-Redacción dun programa de prevención ou intervención ou tratamento de problemas de personalidade.

-Confección dunha táboa de análise dun proxecto curricular de centro.

-Maqueta dun plan de acción titorial.

-Deseño dun modelo de intervención psicopedagóxica.

-Adaptacións escolares e sobredotación intelectual.

Tecnoloxía.

A proba práctica consistirá na resolución de cuestión e problemas (numéricos, gráficos,..) relacionados co temario da oposición e/ou co currículo da ESO e do bacharelato, podendo incluí-la proposta do deseño e/ou realización práctica dun proxecto dirixido a alumnos da etapa da ESO ou do bacharelato.

Lingua e literatura galega.

Consistirá na realización de:

-Comentario filolóxico dun texto medieval.

-Comentario lingüístico dun texto contemporáneo.

-Comentario literario dun texto de calquera etapa histórica ou xénero.

Construccións civís e edificacións.

Consistirá na resolución dun ou varios supostos de entre os propostos polo tribunal. Os supostos poderán basearse en cuestións, resolucións de problemas, exercicios, deseños, debuxos e esquemas relativos á parte A do temario da oposición ou ós módulos correspondentes dos ciclos formativos propios da especialidade.

Formación e orientación laboral.

A proba práctica consistirá na resolución de supostos e/ou cuestións e de problemas de cálculo numérico,

relacionados co temario da oposición e os currículos a impartir nos ciclos formativos de formación profesional específica.

Informática.

A proba consistirá na resolución de supostos e/ou cuestións e problemas relacionados co temario de oposición e co currículo dos distintos módulos que forman os ciclos formativos da familia profesional.

A duración do exercicio práctico será a que determinen os membros do tribunal, que dictarán as normas necesarias para o seu correcto desenvolvemento.

Intervención sociocomunitaria.

A proba práctica consistirá no deseño, a partir dun suposto, dun plan de intervención no ámbito social ou educativo en relación coa animación sociocultural, a educación infantil formal ou non formal e a integración social.

Organización e procesos de mantemento de vehículos.

A proba consistirá na resolución de cuestións e problemas relacionados coa parte A do temario ou cos módulos correspondentes dos ciclos formativos propios da especialidade, debendo incluí-lo deseño dalgunha proba práctica sobre o vehículo, dirixida a alumnos destes módulos.

Organización e proxectos de fabricación mecánica.

Consistirá na resolución dun ou varios supostos de entre os propostos polo tribunal. Os supostos poderán basearse en cuestións, resolucións de problemas, exercicios, deseños e esquemas relativos á parte A do temario de oposición e ó currículo de módulos correspondentes ós ciclos formativos propios da súa especialidade.

Procesos de producción agraria.

A proba práctica consistirá na resolución dun ou varios supostos prácticos (cuestións, problemas, etc.) de entre os propostos polo tribunal, relacionados co temario da oposición, recollido no anexo I da Orde do 1 de febreiro de 1996 (BOE do 13) ou co currículo dos módulos profesionais dos ciclos de formación profesional específica atribuídos ós profesores desta especialidade na seguinte normativa: Real decreto 1711/1996, de 12 de xullo (BOE do 13 de setembro); Real decreto 1712/1996, de 12 de xullo (BOE do 19 de setembro); Real decreto 1713/1996, de 12 de xullo, (BOE do 11 de setembro); Real decreto 1714/1996, de 12 de xullo, (BOE do 13 de setembro); Real decreto 1715/1996, de 12 de xullo, (BOE do 12 de setembro), Real decreto 1716/1996, de 12 de xullo, (BOE do 13 de setembro) e Real decreto 1717/1996, do 12 de xullo, (BOE del 20 de setembro).

A proba poderá incluír supostos prácticos reais ou de simulación de procesos, así como a elaboración de deseños e de obxectivos relacionados co currículo dos módulos profesionais citados no punto anterior.

Sistemas electrónicos.

A proba práctica consistirá na resolución de cuestións e problemas e na realización, mediante linguaxes de programación, de exercicios relacionados co temario da oposición e co currículo do ciclo formativo de grao medio, de equipos electrónicos de consumo, e dos ciclos de grao superior, desenvolvemento de productos electrónicos e sistemas de telecomunicación e informáticos, dos módulos asignados ós profesores de sistemas electrónicos, debendo incluí-la proposta de deseño e realización práctica dun proxecto dirixido a alumnos destes módulos.

Sistemas electrotécnicos e automáticos.

Consistirá na resolución dun ou varios supostos de entre os propostos polo tribunal. Os supostos poderán basearse en cuestións, resolucións de problemas, exercicios, deseños e esquemas relativos á parte A do temario de oposición e ó currículo dos módulos correspondentes ós ciclos formativos propios da súa especialidade.

Profesores técnicos de formación profesional

Cociña e pastelería.

A proba práctica consistirá na realización de elaboracións culinarias e/ou de pastelería-panadería, nas que estean implicadas diversas técnicas relacionadas cos procedementos indicados nos currículos dos ciclos formativos «técnico en cociña» e «técnico en pastelería e panadería». Poderá consistir tamén na realización de elaboracións e procedementos que se desprendan do temario de oposición e/ou do currículo que pode impartir este profesor técnico.

Instalacións electrotécnicas.

A proba práctica consistirá na resolución dun ou varios supostos prácticos (cuestións, problemas, etc.) de entre os propostos polo tribunal e relacionados co temario da oposición e co currículo dos módulos asignados ós profesores desta especialidade dos correspondentes ciclos formativos.

Soldadura.

A proba práctica consistirá na resolución dun ou varios supostos prácticos (cuestións, problemas, etc.) de entre os propostos polo tribunal e relacionados co temario da oposición, Orde do 1 de febreiro de 1996 (BOE do 13 de febreiro) e co currículo dos módulos profesionais atribuídos ós profesores desta especialidade no anexo IV.b) do Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro (BOE do 10 de outubro).

A proba poderá incluí-la elaboración de follas de procesos de fabricación e custos. Desenvolvementos xeométricos. Probas prácticas con distintos procedementos de soldadura; corte manual de metais; programación de máquinas de C.N.C. ou simulación en ordenador.

Profesores de escolas oficiais de idiomas

Alemán.

-Proba obxectiva de gramática e léxico.

-Explotación dun texto nos seus aspectos morfosintácticos, léxicos e funcionais.

Francés.

-Proba obxectiva de gramática e léxico.

-Explotación dun texto nos seus aspectos morfosintácticos, léxicos e funcionais.

Portugués.

-Proba obxectiva de gramática e léxico.

-Explotación dun texto nos seus aspectos morfosintácticos, léxicos e funcionais.

Profesores de música e artes escénicas

Frauta travesa.

1. Interpretación dun concerto para frauta travesa e orquestra (con reducción pianística) a elección do opositor.

2. Interpretación de dúas obras para frauta travesa dunha lista de seis que presentará o opositor, unha por sorteo e outra elixida polo tribunal.

3. Repentización dun fragmento para frauta travesa escrito expresamente polo tribunal.

4. Interpretación de dous sós para frauta travesa, dun repertorio de seis presentado polo opositor, por proposta do tribunal.

5. Análise formal, técnica e estética dunha obra ou fragmento para frauta travesa proposto polo tribunal.

6. Desenvolver unha clase práctica sobre un contido específico indicado polo tribunal. Este contido formará parte dos citados no deseño curricular desta especialidade (Decreto 253/1993, DOG do 25 de outubro).

Música de cámara.

Consistirá en:

1. Interpretación dunha sonata a dúo a elección do tribunal, dunha lista de catro obras que presentará o opositor. Na antedita lista estarán representados os seguintes estilos: clásico, romántico e contemporáneo.

2. Interpretación dun trío, a partir do período clásico, a elección do opositor.

3. Interpretación dun cuarteto ou quinteto, a partir do período clásico, a elección do opositor.

4. Análise formal, técnica e estética dunha obra ou fragmento camerístico, proposto polo tribunal.

5. Desenvolver unha clase práctica sobre o contido específico indicado polo tribunal. Este contido formará parte dos citados no deseño curricular desta especialidade (Decreto 253/1993, DOG do 25 de outubro).

Percusión.

1. Interpretación de tres obras dunha lista de seis que presentará o opositor, unha por sorteo, unha elixida polo tribunal e outra polo opositor. Na antedita lista estará representada a maior variedade de instrumentos: timbais, percusión combinada, marimba, etc.

2. Análise formal, técnica e estética dunha obra ou fragmento para percusión proposto polo tribunal.

3. Desenvolver unha clase práctica sobre un contido específico indicado polo tribunal. Este contido formará parte dos citados no deseño curricular desta especialidade (Decreto 253/1993, DOG do 25 de outubro).

Piano.

1. Interpretación ó piano de catro obras dunha lista de oito que presentará o opositor, dúas por sorteo, unha elixida polo tribunal e outra polo opositor. Na antedita lista estarán representados os seguintes estilos: barroco, clásico, romántico e contemporáneo.

2. Dixitación e pedalización dunha obra ou fragmento para piano, proposto polo tribunal.

3. Análise formal, técnica e estética dunha obra ou fragmento para piano, proposto polo tribunal.

4. Desenvolver unha clase práctica sobre un contido específico indicado polo tribunal. Este contido formará parte dos citados no deseño curricular desta especialidade (Decreto 253/1993, DOG do 25 de outubro).

Saxofón.

1. Interpretación dun concerto para saxofón e orquestra (con reducción pianística) a elección do opositor.

2. Interpretación de dúas obras para saxofón dunha lista de seis que presentará o opositor, unha por sorteo e outra elixida polo tribunal.

3. Repentización dun fragmento para saxofón escrito expresamente polo tribunal.

4. Interpretación de dous sós para saxofón, dun repertorio de seis presentado polo opositor, por proposta do tribunal.

5. Análise formal, técnica e estética dunha obra ou fragmento para saxofón proposto polo tribunal.

6. Desenvolver unha clase práctica sobre un contido específico indicado polo tribunal. Este contido formará parte dos citados no deseño curricular desta especialidade (Decreto 253/1993, DOG do 25 de outubro).

Trombón.

Consistirá en:

1. Interpretación dun concerto para trombón e orquestra (con reducción pianística) a elección do opositor.

2. Interpretación de dúas obras para trombón dunha lista de seis que presentará o opositor, unha por sorteo e outra elixida polo tribunal.

3. Repentización dun fragmento para trombón escrito expresamente polo tribunal.

4. Interpretación de dous sós para trombón, dun repertorio de seis presentado polo opositor, por proposta do tribunal.

5. Análise formal, técnica e estética dunha obra ou fragmento para trombón, proposto polo tribunal.

6. Desenvolver unha clase práctica sobre un contido específico indicado polo tribunal. Este contido formará parte dos citados no deseño curricular desta especialidade (Decreto 253/1993, DOG do 25 de outubro).

Trompa.

Consistirá en:

1. Interpretación dun concerto para trompa e orquestra (con reducción pianística) a elección do opositor.

2. Interpretación de dúas obras para trompa dunha lista de seis que presentará o opositor, unha por sorteo e outra elixida polo tribunal.

3. Repentización dun fragmento para trompa escrito expresamente polo tribunal.

4. Interpretación de dous sós para trompa, dun repertorio de seis presentado polo opositor, por proposta do tribunal.

5. Análise formal, técnica e estética dunha obra ou fragmento para trompa, proposto polo tribunal.

6. Desenvolver unha clase práctica sobre un contido específico indicado polo tribunal. Este contido formará parte dos citados no deseño curricular desta especialidade (Decreto 253/1993, DOG do 25 de outubro).

Trompeta.

Consistirá en:

1. Interpretación dun concerto para trompeta e orquestra (con reducción pianística) a elección do opositor.

2. Interpretación de dúas obras para trompeta dunha lista de seis que presentará o opositor, unha por sorteo e outra elixida polo tribunal.

3. Repentización dun fragmento para trompeta escrito expresamente polo tribunal.

4. Interpretación de dous sós para trompeta, dun repertorio de seis presentado polo opositor, por proposta do tribunal.

5. Análise formal, técnica e estética dunha obra ou fragmento para trompeta, proposto polo tribunal.

6. Desenvolver unha clase práctica sobre un contido específico indicado polo tribunal. Este contido formará parte dos citados no deseño curricular desta especialidade (Decreto 253/1993, DOG do 25 de outubro).

Viola.

1. Interpretación dun concerto para viola e orquestra (con reducción pianística) a elección do opositor.

2. Interpretación de dúas obras para viola dunha lista de seis que presentará o opositor, unha por sorteo e outra elixida polo tribunal. Na antedita lista estarán representados os seguintes estilos: barroco, clásico, romántico e contemporáneo.

3. Repentización dun fragmento para viola escrito expresamente polo tribunal.

4. Dixitación e articulación dunha obra ou fragmento para viola, proposto polo tribunal.

5. Análise formal, técnica e estética dunha obra ou fragmento para viola, proposto polo tribunal.

6. Desenvolver unha clase práctica sobre un contido específico indicado polo tribunal. Este contido formará

parte dos citados no deseño curricular desta especialidade (Decreto 253/1993, DOG do 25 de outubro).

Violín.

1. Interpretación dun concerto para violín e orquestra (con reducción pianística) a elección do opositor.

2. Interpretación de dúas obras para violín dunha lista de seis que presentará o opositor, unha por sorteo e outra elixida polo tribunal. Na antedita lista estarán representados os seguintes estilos: barroco, clásico, romántico e contemporáneo.

3. Repentización dun fragmento para violín escrito expresamente polo tribunal.

4. Dixitación e articulación dunha obra ou fragmento para violín, proposto polo tribunal.

5. Análise formal, técnica e estética dunha obra ou fragmento para violín, proposto polo tribunal.

6. Desenvolver unha clase práctica sobre un contido específico indicado polo tribunal. Este contido formará parte dos citados no deseño curricular desta especialidade (Decreto 253/1993, DOG do 25 de outubro).

ANEXO VIII

Lingua galega

Tema 1. Formación da lingua galega. Niveis de lingua e tratamento escolar.

Tema 2. A realidade actual da lingua: estatus legal e escolar. A normalización lingüística no ensino.

Tema 3. Particularidades fonéticas, morfosintácticas e léxicas do galego en relación coas linguas limítrofes. Tratamento escolar das interferencias.

Tema 4. Vocalismo e consonantismo.

Tema 5. O texto. Temas e subtemas. Esquema oracional. Oración simple e composta. Coordinación e subordinación.

Tema 6. O substantivo e o adxectivo. Oracións subordinadas substantivas. Oracións subordinadas adxectivas.

Tema 7. Pronomes persoais. Formas, funcións e colocación con respecto ó verbo.

Tema 8. Artigos, posesivos, demostrativos, numerais, indefinidos e interrogativos.

Tema 9. O verbo. Verbos irregulares. A perífrase.

Tema 10. Adverbios, preposicións, conxuncións e interxeccións. As oracións subordinadas adverbiais.

ANEXO IX

Titulacións declaradas equivalentes

EspecialidadeTitulación declarada equivalente a efectos

de docencia (1)

Música-Título de profesor superior, expedido ó abeiro do Decreto 2618/1966, do 10 de setembro.

-Título de profesor e título profesional, expedido ó abeiro do Decreto do 15 de xuño de 1942.

-Diploma de capacidade correspondente a plans de estudios anteriores.

EspecialidadeTitulación declarada equivalente a efectos

de docencia (1)

Tecnoloxía-Enxeñeiro técnico.

-Arquitecto técnico.

-Diplomado da mariña civil.

Construccións civís e edificacións-Arquitecto técnico.

-Enxeñeiro técnico:

Industrial, en tódalas súas especialidades.

Obras públicas, en tódalas súas especialidades.

Topografía.

Formación e orientación laboral-Diplomado en:

Ciencias empresariais.

Relacións laborais.

Traballo social.

Educación social.

Xestión e administración pública.

Informática-Diplomado en estatística.

-Enxeñeiro técnico en:

Informática de xestión.

Informática de sistemas.

Intervención sociocomunitaria-Mestre, en tódalas súas especialidades.

-Diplomado en:

Educación social.

Traballo social.

Organización e procesos de mantemento de vehículos-Diplomado en:

Navegación marítima.

Radiolectrónica naval.

Máquinas navais.

-Enxeñeiro técnico:

Aeronáutico, en tódalas súas especialidades.

Agrícola, en tódalas súas especialidades.

Forestal, en tódalas súas especialidades.

En minas, en tódalas súas especialidades.

Naval, especialidade en propulsión e servicios do buque.

En obras públicas, en tódalas súas especialidades.

Industrial, en tódalas súas especialidades.

Organización e proxectos de fabricación mecánica-Enxeñeiro técnico:

Industrial, en tódalas súas especialidades.

De minas, en tódalas súas especialidades.

En deseño industrial.

Aeronáutica, especialidade en aeronaves, especialidade en equipos e materiais aeroespaciais.

Naval, especialidade en estructuras mariñas.

Agrícola, especialidade en explotacións agropecuarias, especialidade en industrias agrarias e alimentarias, especialidade en mecanización e construccións rurais.

De obras públicas, especialidade en construccións civís.

Diplomado en máquinas navais.

Procesos de producción agraria-Enxeñeiro técnico:

Agrícola, en tódalas súas especialidades.

Forestal, en tódalas súas especialidades.

Sistemas electrónicos-Diplomado en radioelectrónica naval.

-Enxeñeiro técnico:

Aeronáutico, especialidade de aeronavegación.

En informática de sistemas.

Industrial, especialidade en electricidade ou en electrónica industrial.

De telecomunicacións, en tódalas súas especialidades.

Sistemas electrotécnicos e automáticos-Diplomado en radioelectrónica naval.

-Enxeñeiro técnico:

Aeronáutico, especialidade aeronavegación.

En informática de sistemas.

Industrial, especialidade en electricidade ou en electrónica industrial.

En telecomunicacións, en tódalas súas especialidades.

Cociña e pastelería-Técnico especialista en hostelería.

-Técnico superior en restauración.

Soldadura-Técnico superior en construccións metálicas.

-Técnico especialista en:

Construccións metálicas.

Soldadura.

Fabricación soldada.

Calderería en chapa estructural.

(1) As titulacións indicadas correspondente ó catálogo de títulos universitarios oficiais. Tamén son equivalentes para efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas, segundo o Real decreto 1954/1994, do 30 de setembro (BOE do 17 de novembro).