Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 18 de marzo de 1999 Páx. 3.175

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XINZO DE LIMIA

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 1998, relativa á convocatoria para prover varios postos de funcionarios.

O BOP de Ourense nº 51, do 4-3-1999, publica integramente a convocatoria e bases do proceso selectivo para prover, mediante o sistema de concurso e promoción interna, un posto de sarxento vacante no cadro da policia local deste concello.

O BOP de Ourense nº 53, do 6-3-1999, publica integramente a convocatoria e bases do proceso selectivo para prover, mediante o sistema de concurso e promoción interna, un posto de cabo vacante no cadro da policía local deste concello.

As instancias poderán ser presentadas durante o prazo de vinte días naturais desde o seguinte daquel en que as convocatorias aparezan publicadas no BOE.

Xinzo de Limia, 10 de marzo de 1999.

O presidente

Rubricado

2446