Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 18 de marzo de 1999 Páx. 3.128

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 12 de febreiro de 1999 pola que se establecen os programas de fomento do emprego en empresas de economía social e para a promoción do emprego autónomo para o ano 1999.

Advertidos erros, na devandita orde, publicada no DOG nº 34, do venres 19 de febreiro de 1999, cómpre efectua-las oportunas correccións:

-Na páxina 1.911, na disposición adicional quinta, debe engadirse: «nestes supostos e naqueloutros que se iniciaran no ano 1999 e con anterioridade á entrada en vigor da presente orde, a sitación de desemprego acreditarase co informe da vida laboral.».

-Nas páxinas 1.912 e 1.917, nos anexo I e VI, no recadro Lexislación aplicable, onde di: «Orde do 11 de febreiro de 1999 pola que se esteblece para o ano 1999 o programa de axudas destinadas ó fomento da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego e traballo autónomo.», debe dicir: «Orde anual de convocatoria.»

-Na páxina 1.922, no anexo XI:

Onde di: «TITULAR DA CONTA DE PRÉSTAMO», debe dicir: «TITULAR DA CONTA».

Onde di: «DATOS DA CONTA DE PRÉSTAMO», debe dicir: «DATOS DA CONTA».

-Na páxina 1.913, no anexo II, no punto 2.C), onde di: «C) AXUDA PARA ASISTENCIA TÉCNICA», debe dicir: «C) SUBVENCIÓN FINANCEIRA».