Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 18 de marzo de 1999 Páx. 3.120

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 1 de marzo de 1999 pola que se nomean os membros do xurado do Premio das Letras e das Artes de Galicia, convocado pola Orde do 1 de febreiro de 1999.

O Decreto 288/1994, do 30 de setembro (modificado no seu artigo 5 polo Decreto 286/1995, do 19 de outubro) polo que se crea o Premio das Letras e das Artes de Galicia, dispón no seu artigo 4 (publicada corrección de erros no Diario Oficial de Galicia nº 13 do 19 de xaneiro de 1995) a composición do xurado do premio mediante proposta das institucións citadas na devandita disposición.

En cumprimento do citado artigo, cómpre proceder ó nomeamento dos membros do xurado do Premio das Letras e das Artes de Galicia. Na súa virtude,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Nomear presidente e membros do xurado do Premio das Letras e das Artes de Galicia as seguintes persoas:

1. Presidente:

Domingo García-Sabell, por delegación do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

2. Vocais:

Ramón Castromil Ventureira, proposto polo Consello da Cultura Galega.

Xosé Ramón Barreiro Fernández, proposto pola Real Academia Galega.

Luis Iglesias Feijoo, proposto pola Universidade de Santiago de Compostela.

Alfonso Barca Lozano, proposto pola Universidade da Coruña.

Xosé Manuel Cid Fernández, proposto pola Universidade de Vigo.

Julio A. Fernadez Argüelles, proposto pola Real Academia de Belas Artes A Nosa Señora do Rosario.

Agustín Sixto Seco, nomeado polo conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Eduardo Pardo de Guevara, nomeado polo conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

3. Secretario:

Homero José María Pérez Quintana, director xeral de Promoción Cultural.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 1999.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo