Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 18 de marzo de 1999 Páx. 3.118

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 5 de marzo de 1999 pola que se fixan os prezos de venda ó público da publicación VI Xornadas Galegas sobre Economía das Corporacións Locais.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería e que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 1999.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO

VI Xornadas Galegas sobre Economía das Corporacións Locais. 1.975 ptas.