Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 17 de marzo de 1999 Páx. 3.111

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación da ampliación do catálogo do PEEC, cuarteirón número 95, e incorporación de edificio sito en Gran Vía, 44 e Bolivia, 17 (expediente 4829/411).

O Pleno do Concello, en sesión que tivo lugar o día 25 de xaneiro de 1999, acordou aprobar definitivamente o expediente de modificación puntual do cuarteirón número 95 do PEEC nos seus fondos edificables e a incorporación de edificio sito na rúa Gran Vía (nº 44) esquina rúa Bolivia (nº 17) propiedade de Jesús Carballeda Camba, proxectado polo arquitecto Manuel Gómez Román no ano 1953, conforme a documentación elaborada polo arquitecto Alberto Abia Alonso que serviu de base á súa aprobación definitiva.

O que se fai público para xeral coñecemento de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Vigo, 24 de febreiro de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo