En virtude de resolución dictada en executoria de xuízo de faltas nº 67/1999, dimanantes do xuízo de faltas nº 14/1998, sobre unha falta de furto, acordouse o requirimento de Juan José Patiño Iglesias para que no prazo de oito días faga efectiva a multa que lle foi imposta dun mes, fixando a contía de trescentas pesetas e sinalando a responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de libertade (prisión) por cada dúas cotas diarias non pagadas.
Deberá efectuar este pagamento no Banco Bilbao Vizcaya O.P., número de conta 1500-78006799.
E para que así conste e lle sirva de requirimento a Juan José Patiño Iglesias, o cal se encontra en paradoiro descoñecido, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o vintecinco de febreiro de mil novecentos noventa e nove.
A secretaria
Rubricado