Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 17 de marzo de 1999 Páx. 3.096

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CARBALLO

CÉDULA de citación (109/1998-M).

Por acordalo en resolución do día da data, cítanse as persoas que logo se dirá, para que comparezan na Sala de Audiencia deste Xulgado de Instrucción número un de Carballo, sito na Praza do Concello, primeiro piso, o vindeiro día vintenove de marzo ás dez, co obxecto de asistir ó correspondente xuízo, sobre lesións no concepto que se dirá, facéndolle saber que poderá ser asistido de avogado e que deberá comparecer cos medios de proba de que tente valerse e que, se deixasen de asistir, sen acreditaren xusta causa, poderán ser multados. O presunto culpable, que reside fóra de circunscrición do xulgado competente non terá obriga de acudir ó acto do xuízo e poderá dirixir ó xulgado escrito no que alegue o que coide conveniente na súa defensa e apoderar persoa que presente naquel acto as probas de descargo que tiver, segundo establecen os artigos 281.3º da Lei orgánica do poder xudicial. E para que así conste e lle sirva esta cédula de citación á responsable civil subsidiaria Nieves

Méndez Rodríguez, con domicilio descoñecido e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido, asino e selo esta cédula en Carballo o vintecinco de febreiro de mil novecentos noventa e nove.

Rubricado