Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 17 de marzo de 1999 Páx. 3.045

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 59/1999, do 18 de febreiro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ó título de técnico en perruquería.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dispón no seu artigo 4 que lles corresponde ás administracións educativas competentes establece-los currículos dos ciclos formativos.

En aplicación do devandito artigo, de acordo coas atribucións recollidas no Estatuto de autonomía, no Real decreto 1763/1982 sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación e no Real decreto 676/1993, do 7 de maio, que establece as directrices xerais sobre os títulos de formación profesional e as súas ensinanzas mínimas, díctase o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumpri-los currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 629/1995, do 21 de abril, establece o título de técnico en perruquería e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, en consonancia co devandito Real decreto 676/1993.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ó eido profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector productivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite ós centros adecua-la docencia ás características do alumnado e ó contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do títu

lo. Estas permitirán realiza-lo rol do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixi-las variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos productivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixi-lo conxunto do traballo e acada-los obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece no presente decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ó finaliza-lo ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, saber e comprender, que se require do alumnado para acada-los logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes xa que todos eles levan a acada-las capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido, a súa estructura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elabora-las programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades productivas e/ou de servicios -contidos- do centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ó proceso productivo ou de servicios do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles permitirán realiza-lo desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, contidos, criterios de avaliación, secuencia e metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Ensinanzas Técnico-Profesionais e do Consello Escolar de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na

súa reunión do día dezaoito de febreiro de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para as ensinanzas de formación profesional relativa ó título de técnico en perruquería regulado polo Real decreto 629/1995, do 21 de abril, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.

2. A denominación, nivel de formación profesional e duración do ciclo formativo son as que se establecen no número 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, capacidades profesionais, unidades de competencia, realizacións e criterios de realización, dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso productivo que definen o perfil profesional do título son as que se establecen no número 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no número 3 do anexo deste decreto, sendo as capacidades terminais elementais os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición

Artigo 4º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no número 4.1.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas no presente título, son as que se expresan no número 4.1.2 do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia, son as que se expresan no número 4.1.3 do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Espacios e instalacións.

Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que se determinan no número 4.2 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Validacións e correspondencias.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudios de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos números 4.3.1 e 4.3.2 do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta dos Ministerios de Educación e Cultura e de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, se é o caso, outros módu

los susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que estean en posesión do título de técnico, por ter superada a formación profesional específica de grao medio, teñen acceso directo ás distintas modalidades de bacharelato.

Artigo 7º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no número 4.4 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características dos alumnos, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Disposición adicional única

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adecua-las ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características dos alumnos con necesidades educativas especiais.

Disposicións derradeiras

Primeiroa.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan precisas, no ámbito das súas competencias, para a execución e desenvolvemento do disposto no presente decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaoito de febreiro de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título:

-Denominación: perruquería.

-Nivel: formación profesional de grao medio.

-Duración: 2.000 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral:

Os requirimentos xerais de cualificación profesional do sistema productivo para este técnico ou técnica son:

Potencia-la imaxe persoal e asesora-la clientela, aplicar técnicas de perruquería para o coidado e

embelecemento do cabelo e técnicas complementarias de manicura, pedicura, amaño e rasurado de barba e bigote, en condicións de calidade e seguridade e hixiene óptimas. Administrar, xestionar e comercializar un salón de perruquería optimizando o desenvolvemento da actividade empresarial baixo a supervisión correspondente.

2.2. Capacidades profesionais.

2.2.1. Capacidades técnicas:

Diagnostica-las posibles anomalías estéticas que presente o cabelo e coiro cabeludo, prescribindo e aplicando o tratamento estético capilar adecuado para palialas.

Seleccionar e combina-las operacións técnicas para cambia-la cor, a lonxitude, o estilo e a forma da cabeleira, respondendo ás demandas/necesidades da clientela, garantindo as condicións de seguridade e hixiene no traballo e proporcionando unha alta calidade no servicio.

Adaptar postizos, extensións e adobíos ó cabelo da clientela conseguindo o efecto desexado.

Seleccionar e manexar productos, utensilios e aparellos de uso profesional en perruquería, realizando os cálculos necesarios para a dosimetría e as operacións físico-químicas básicas adecuadas para a súa preparación e correcta utilización nas técnicas de perruquería e nos tratamentos estéticos capilares.

Participar como auxiliar xunto co persoal facultativo responsable na execución de transplantes capilares ou tratamentos médicos capilares.

Interpretar información técnica, elaborar e transmitir información, verbal ou escrita á clientela, ós profesionais da medicina, ós perruqueiros e perruqueiras e outros profesionais.

Realizar operacións complementarias ás de perruquería mediante a aplicación de técnicas de manicura, pedicura e de amaño e rasurado de barba e bigote.

Intervir na promoción e venda de productos, utensilios, accesorios e aparellos de uso en perruquería, asesorando a clientela sobre as súas características e a súa correcta utilización.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias:

Resolver problemas e tomar decisións individuais, no ámbito da súa competencia.

Ofrecer propostas creativas, en función das tendencias de moda actuais e das características da clientela para realizar cambios no aspecto do cabelo que repercutan positivamente na súa imaxe persoal.

Informar e asesora-la clientela sobre coidados estéticos apropiados para o seu cabelo.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas:

Establecer, xestionar, organizar e rendibilizar unha empresa de perruquería, cumprindo a norma

tiva legal vixente e planificando as actividades segundo criterios deontolóxicos, de eficacia e de imaxe empresarial.

Ter unha visión global dos procesos de perruquería e coordina-los traballos do persoal ó seu cargo, distribuíndo tarefas e funcións segundo criterios de competencia profesional.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ó medio:

Toma-las medidas necesarias para minimiza-los riscos de aparición de reaccións non desexadas ou inesperadas na aplicación de productos cosméticos de uso en perruquería.

Atender permanentemente a clientela durante a súa estadía na perruquería, relacionándose con ela con fluidez e corrección.

Manexa-los utensilios e os aparellos de forma destra e pulcra optimizando o rendemento no traballo e garantindo as condicións de seguridade e hixiene durante a prestación do servicio.

Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional no que está integrado, colaborando na consecución dos obxectivos asignados ó grupo, respectando o traballo dos demais, participando activamente na organización e desenvolvemento de tarefas colectivas e cooperando na superación das dificultades que se presenten cunha actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros e subordinados.

Intervir activamente en procesos de decisión de forma creativa e positiva, desenvolvendo un espírito crítico, constructivo e achegando solucións alternativas.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo:

A este técnico ou técnica, no marco das funcións e obxectivos asignados por técnicos de nivel superior ó seu, requiriránselle nos campos ocupacionais concernidos, polo xeral, as capacidades de autonomía:

Na creación, xestión, planificación e dirección do seu propio negocio, coordinando as funcións e tarefas do persoal ó seu cargo.

No exercicio das funcións e actividades xerais derivadas da prestación de servicios e da atención permanente á clientela durante a súa permanencia no salón de perruquería.

Nas funcións de venda de productos cosméticos, utensilios e aparellos de uso en perruquería, tanto a clientela como a outros profesionais do ramo.

No asesoramento sobre posibles cambios de aspecto no cabelo e a execución técnica de cambios de cor, de lonxitude e de forma da cabeleira.

No diagnóstico de alteracións estéticas capilares e prescrición de tratamentos estéticos capilares.

Na selección e preparación dos productos cosméticos necesarios e auxiliares para a execución das operacións técnicas que son da súa competencia.

Na execución de técnicas de manicura e pedicura.

No amaño e rasurado de barba e bigote.

Na aplicación de postizos.

Na venda directa de productos cosméticos, utensilios e aparellos de uso en perruquería.

Na definición de novas tendencias ou estilos de peiteado de forma xenérica e a súa personalización, todo isto seguindo a liña establecida na política empresarial.

Nas actividades de promoción empresarial.

2.4. Unidades de competencia:

1. Asesora-los clientes sobre posibles cambios na súa imaxe persoal, mediante o coidado e transformación estética do cabelo.

2. Realizar tratamentos estéticos das alteracións capilares e aplicar técnicas de hixiene capilar.

3. Cambiar total ou parcialmente a cor do cabelo.

4. Corta-lo cabelo en función do estilo seleccionado e aplicar técnicas de amaño e rasurado de barba e bigote.

5. Cambiar de maneira permanente e temporal a forma do cabelo, peitealo e recollelo, en función do estilo seleccionado.

6. Aplicar técnicas de manicura e pedicura.

7. Realiza-la administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller.

2.5. Realizacións e dominios profesionais:

2.5.1. Unidade de competencia 1: asesora-los clientes sobre posibles cambios na súa imaxe persoal, mediante o coidado e transformación estética do cabelo.

RealizaciónsCriterios de realización

1.1Estudia-las características, tanto físicas coma do cabelo da clientela, que permiten elaborar propostas adecuadas ás súas necesidades ou demandas.-As preguntas formuladas á clientela permiten detecta-las súas demandas e expectativas respecto do servicio de perruquería que se vai prestar.-Formúlanselle á clientela as preguntas adecuadas para obter información sobre o medio no que se desenvolve, hábitos, afeccións, asiduidade con que acode ó salón de perruquería, habilidade persoal para amaña-lo cabelo e todos aqueles datos que poden ter repercusión na elección dun determinado estilo de peiteado e nas súas expectativas sobre o resultado.
-Analízanse as características do cabelo da clientela: calidade, tipo, lonxitude, cor, canas, remuíños, alopecia, movementos dos cabelos arredor da fronte, implantación dos cabelos e outros, que repercuten nos resultados trala execución do estilo de peiteado seleccionado.
-Analízanse as características morfolóxicas da clientela en canto ó tipo de óvalo facial, proporcións das faccións, forma do cranio, altura e proporcións da figura que inflúen nos efectos dos distintos estilos de peiteados.

RealizaciónsCriterios de realización

-Aplícanse técnicas de observación e entrevista para clasifica-la clientela nalgún dos prototipos establecidos: sofisticado, natural e outros.
-Valóranse os resultados obtidos nos estudios anteriores e elabóranse as posibles propostas de cambio que se farán á clientela tendo ademais en conta as tendencias da moda actual e a estación do ano.

1.2Propoñerlle á clientela o estilo de peiteado idóneo para potenciar ó máximo a súa imaxe persoal, en función das súas necesidades e estilo persoal.-Preséntanse á clientela as distintas propostas elaboradas explicando os efectos que a realización destas producirían sobre a súa imaxe persoal.-As propostas presentadas á clientela apóianse co material visual dispoñible (álbum de estilos, debuxos, revistas e outros) e fundaméntanse con profesionalidade, explicando os efectos que producirá a realización do cambio proposto sobre a súa imaxe persoal.
-A linguaxe utilizada na proposta á clientela e na explicación dos procesos que se van realizar é clara, comprensible e sen excesivos tecnicismos.
-A clientela elixe, trala proposta do profesional ou por propia iniciativa, o estilo ou resultado final que pretende obter no seu cabelo.
-Axúdase ós clientes indecisos a decidir entre as distintas propostas realizadas.
-Asegúrase que a clientela comprendeu a natureza e efectos dos cambios que se deben realizar no seu cabelo, minimizando os riscos de que quede descontenta do servicio prestado.
-Unha vez efectuados os cambios, compróbase que a clientela quedou satisfeita dos resultados do servicio prestado e da atención que recibiu e, de non se-lo caso, póñense en marcha os mecanismos necesarios para adecua-lo resultado ás expectativas ou desexos da clientela.

1.3.Presentar unha boa imaxe persoal, profesional e empresarial, promovendo actitudes positivas na clientela.-Antes de recibi-la clientela, foron coidados tódolos detalles da imaxe persoal, en especial o cabelo, ofrecendo unha imaxe pulcra e agradable, de acordo coa imaxe empresarial.
-A recepción e atención da clientela realízase con amabilidade e corrección, intentando captar con toda a precisión posible as súas demandas.
-No trato á clientela séguense as pautas establecidas pola política empresarial.
-Maniféstase en todo momento unha actitude positiva ante as observacións da clientela.
-Acéptanse as críticas razoables de bo grao e póñense en marcha os mecanismos necesarios para frear ou impedi-las reclamacións fóra de lugar mantendo unha postura firme.

1.4Organiza-lo traballo do equipo ó seu cargo, elaborando e transmitindo as instruccións técnicas oportunas para realiza-los cambios previstos no cabelo, barba e bigote da clientela, optimizando a calidade na prestación do servicio e no resultado obtido.-Elabora-las instruccións técnicas necesarias que lle permiten ó profesional comprende-la natureza dos cambios no cabelo da clientela e efectualos sen erros.-Compróbase que os profesionais comprenderon correctamente a información que se lles transmitiu e, de non se-lo caso, acláranse as dúbidas xurdidas.
-Os resultados dos estudios realizados sobre a clientela e o asesoramento que se lle proporcionou son reflectidos na súa ficha técnica.
-Realízase a distribución de tarefas e funcións entre os membros do equipo de traballo atendendo a criterios de competencia profesional e en función da política empresarial.
-Compróbase que tódolos membros do equipo coñecen e comprenden as instruccións técnicas e, de non se-lo caso, acláranse tódalas dúbidas xurdidas.
-Na distribución de tarefas, funcións e tempos tense en conta a coordinación cos profesionais que deben prestar servicios ó mesmo cliente: maquilladores e outros.

Dominio profesional:

Medios de producción: medios informáticos con programas para cambios na imaxe persoal, cámara de vídeo e magnetoscopio, cámara fotográfica e accesorios, álbumes de estilos de peiteados, útiles e material de debuxo.

Resultados obtidos: asesoramento detallado e fundamentado dos servicios posibles.

Procesos, métodos e procedemento: uso de medios informáticos, técnicas de expresión gráfica, manexo do equipo de filmación.

Información utilizada e/ou xerada: ficha técnica e comercial da clientela. Información técnica dos equipos informáticos, filmación e reproducción. Protocolo de atención á clientela. Bibliografía científico-técnica especializada.

Persoal destinatario: clientela e outros profesionais.

2.5.2. Unidade de competencia 2: realizar tratamentos estéticos das alteracións capilares e aplicar técnicas de hixiene capilar.

RealizaciónsCriterios de realización

2.1Estudia-las características do cabelo e coiro cabeludo da clientela identificando as anomalías con repercusión estética.-Realízase a observación visual e coa lupa, do coiro cabeludo e do cabelo da clientela, detectando as súas características fisiolóxicas e presencia de alteracións macroscópicas.
-Extráense cabelos con bulbo das distintas zonas do coiro cabeludo (coroa, caluga e ámbolos parietais) e obsérvanse co microvisor detectando as anomalías con repercusión estética.
-As preguntas realizadas á clientela permiten obte-la información necesaria para detecta-las posibles causas das anomalías e determina-lo tratamento estético idóneo.
-Sinálanse na ficha técnica da clientela tódolos datos obtidos nos estudios anteriores que poidan ter repercusión no estado do coiro cabeludo e cabelo e nos resultados do tratamento estético.
-No caso de existir prescricións médicas, séguense as indicacións do persoal facultativo e remíteselle a este o informe correspondente.
-No caso de detectar na clientela patoloxías ou anomalías nas que o seu tratamento exceda do ámbito de competencia estético, remítese a clientela á consulta médica.
-Comunícaselle á clientela o diagnóstico e explícase de forma comprensible o tratamento que se lle vai realizar, a súa periodicidade, resultados previstos, tempo que se prevé para obte-los resultados esperados, realizando a proposta de venda do servicio.
-Reflíctese na ficha técnica o protocolo de aplicación do tratamento, unha vez que a clientela dea a súa conformidade.
-Selecciónase o tipo de masaxe que se vai realizar, en función da anomalía estética, e reflíctese no protocolo de traballo.

2.2Dispo-los elementos técnicos necesarios ou auxiliares para aplica-los tratamentos estéticos e as técnicas de hixiene capilares, garantindo as súas condicións hixiénico-sanitarias.-Os útiles necesarios para aplica-lo tratamento son dun só uso, ou de uso exclusivo para cada cliente e, de non se-lo caso, son previamente esterilizados e limpados exhaustivamente.-O método e productos para limpeza e esterilización dos útiles e outros materiais son seleccionados en función da súa composición e da súa utilización.
-Os productos cosméticos idóneos para o tratamento específico son seleccionados en función da súa composición, das súas propiedades e das súas indicacións.

RealizaciónsCriterios de realización

-As cantidades ou proporcións de productos que se deben utilizar calcúlanse de acordo coas indicacións do fabricante do producto, en función do tipo de alteración, sensibilidade da clientela e, se é o caso, indicacións do persoal facultativo, realizando os cálculos matemáticos correspondentes.
-Realízanse, en condicións de seguridade e hixiene adecuadas, as operacións fisicoquímicas básicas necesarias para a preparación dos productos.
-A selección de aparellos que interveñen na aplicación do tratamento realízase en función do diagnóstico, da técnica de aplicación do tratamento seleccionada e da composición e forma dos productos cosméticos que se van utilizar.
-Compróbase que tódolos aparellos que vaian ser utilizados na aplicación do tratamento se atopan en perfectas condicións de uso.
-No caso de existir tratamento dermatolóxico simultáneo, compróbase que os productos cosméticos seleccionados non producen interaccións co tratamento dermatolóxico medicamentoso.

2.3Aplica-los tratamentos estéticos, en función do diagnóstico e protocolo establecido, garantindo o mantemento das condicións de seguridade e hixiene óptimas durante a aplicación.-O cliente é acomodado na posición anatómica conveniente, en función da zona que se vai tratar e da técnica de aplicación do tratamento seleccionada.-Determínanse e cúmprense as condicións de seguridade e hixiene, en función do diagnóstico e das operacións ou intervencións técnicas que se van realizar.
-As operacións de preparación do cabelo e coiro cabeludo para recibi-lo tratamento (cepillado, masaxe, aplicación de calor, outros) son realizadas en función do diagnóstico e do protocolo do tratamento que se vai realizar.
-As particións do cabelo realízanse segundo os criterios establecidos para a técnica de aplicación do tratamento que se utilizará.
-A aplicación dos productos e a utilización de aparellos eléctricos realízase na forma e secuencia establecidas no protocolo de traballo, en función da localización e das características da alteración e tendo en conta a idiosincrasia da clientela.
-Realízanse as operacións oportunas, manuais e/ou con aparellos, para favorece-la penetración dos productos cosméticos de tratamento.
-Realízanse os cálculos matemáticos necesarios para establece-lo valor dos parámetros (tempo, intensidade, potencia, superficie que se vai tratar, accesorios utilizados para a aplicación, outros) que definen as doses que deben subministra-los aparellos emisores de radiacións para a súa aplicación nos tratamentos estéticos capilares.
-Os aparellos auxiliares para a aplicación do tratamento son programados en función do protocolo, das variacións nas condicións do coiro cabeludo da clientela ó longo do tratamento e da técnica de aplicación seleccionada.
-Os productos encóntranse dispostos en doses individuais e son manipulados e aplicados en condicións hixiénico-sanitarias adecuadas, observando o protocolo de traballo.
-O tempo de actuación dos productos modifícase durante o tratamento, en función das condicións actuais do coiro cabeludo e dos resultados obtidos.
-A técnica de masaxe capilar modifícase en función das condicións do coiro cabeludo da clientela durante a sesión de tratamento.
-Tódalas modificacións feitas sobre o protocolo e as incidencias xurdidas no proceso son rexistradas na ficha técnica da clientela.
-No caso de accidente, aplícanse ó accidentado os primeiros auxilios e, se cómpre, procédese ó seu traslado, en condicións adecuadas, a un centro sanitario.

RealizaciónsCriterios de realización

2.4Efectua-lo seguimento do tratamento capilar realizado, informando e asesorando a clientela sobre os coidados e productos idóneos para manter, potenciar ou completa-los resultados obtidos.-Explícaselle á clientela os efectos dos productos, as pautas de aplicación e os resultados que poden esperarse da súa utilización.-Infórmase a clientela sobre os hábitos de vida saudable, con repercusión nas condicións do cabelo e en especial na anomalía que padece, propondo medidas que as corrixen ou atenúan.

2.5Aplica-las técnicas de hixiene capilar adaptándoas a cada cliente, en condicións de seguridade adecuadas.-A clientela é acomodada na posición anatómica adecuada para a aplicación das técnicas de hixiene, utilizando os accesorios e elementos técnicos necesarios en función das súas características anatómicas.
-Se se detecta a presencia de parasitos no coiro cabeludo ou no cabelo da clientela, remíteselle a consulta médica e tómanse as precaucións necesarias para garantir que tódolos utensilios e lencería empregados para a súa atención son eliminados en condicións hixiénicas adecuadas ou quedan desparasitados, esterilizados e limpos para a súa posterior utilización.
-Compróbase que a temperatura da auga é a desexada pola clientela ou, se cómpre, a idónea para a aplicación dos productos hixiénicos de tratamento.
-Os productos de hixiene son seleccionados en función do tipo de cabelo, do tratamento estético capilar que se estea realizando, do proceso técnico realizado inmediatamente antes e/ou do que se vaia realizar inmediatamente despois.
-O tempo de actuación dos productos de hixiene capilar determínase en función das instruccións do fabricante do producto e do protocolo do tratamento estético capilar prescrito.
-O vigor dos movementos manuais e os pases da masaxe manual realizados para favorece-la emulsión da sucidade adecúanse ás características e as condicións do coiro cabeludo, do cabelo e da sensibilidade da clientela.
-Aclárase o cabelo e o coiro cabeludo con auga ou auga con esencias e compróbase que non quedan residuos do producto tensioactivo, do producto de uso técnico ou do producto de tratamento.
-Os productos exfoliantes e desincrustantes do coiro cabeludo aplícanse adecuando o seu tempo de actuación e de manipulación ás condicións do coiro cabeludo.
-Favorécese a acción dos productos cosméticos sobre o cabelo e coiro cabeludo, utilizando aparellos auxiliares e outros medios materiais.
-Selecciónanse e aplícanse os productos acondicionadores e máscaras apropiadas para o tipo de cabelo, en función das demandas da clientela e dos requirimentos técnicos, atendendo ás instruccións do laboratorio fabricante do producto.
-A aplicación de productos de hixiene capilar por absorción (champú seco) realízase de forma homoxénea sobre o cabelo cepillado e distribuído en particións finas e elimínanse por cepillado.
-As augas deterxentes capilares son aplicadas friccionando o coiro cabeludo mediante soporte impregnado no producto cosmético específico.
-Compróbase que a clientela quedou satisfeita do resultado do servicio prestado e do trato recibido e, de non se-lo caso, póñense en marcha os mecanismos necesarios para adecua-los resultados ó desexo da clientela.
-No caso de accidente, aplícanse ó accidentado os primeiros auxilios e, se cómpre, procédese ó seu traslado, en condicións adecuadas, a un centro sanitario.

RealizaciónsCriterios de realización

2.6Informar e asesora-la clientela sobre os hábitos de hixiene capilar e os productos cosméticos idóneos para manter en óptimas condicións de hixiene o seu cabelo e fomenta-los hábitos de vida saudable.-Infórmase a clientela sobre a frecuencia idónea de lavado para o seu tipo de cabelo e de coiro cabeludo e sobre a forma de efectua-la automasaxe capilar para emulsiona-la sucidade sen dana-lo coiro cabeludo, en función das súas características fisiolóxicas.
-Asesórase a clientela sobre o uso de productos cosméticos de hixiene capilar, acondicionadores e tónicos, adecuados para o seu tipo de cabelo e para o seu coiro cabeludo, proporcionando pautas para a súa correcta utilización.
-Realízase a proposta de venda dos productos atendendo ás características e tipoloxía da clientela.
-Asesórase a clientela sobre pautas de vida saudable e hábitos hixiénicos, en xeral, para fomenta-lo seu benestar físico e manter en óptimas condicións a súa imaxe persoal.

Dominio profesional:

Medios de producción:

Útiles: pinzas para extracción de cabelos, pinzas suxeitadoras para o cabelo, probeta, cunca, peites, cepillos, espátula, pulverizador. Lencería: bata, peiteador, toallas. Instrumentos e aparellos de aumento: lupa, microvisor, microscopio. Aparellos cos seus respectivos accesorios: aparello xerador de vapor e de vapor-ozono, aparello emisor de láser, aparellos productores de correntes galvánicas, infravermellos, transferencia capacitiva, lámpada de luz de Wood, aparello vibrador, aparello xerador de correntes de alta frecuencia, aparellos para esterilización (por raios ultravioleta e autoclave). Productos cosméticos nas súas distintas formas cosméticas: cosmética específica para os distintos tipos de tratamentos capilares. Productos de hixiene capilar para tódolos tipos de cabelo: productos deterxentes, tónicos. Productos antiparasitarios. Acondicionadores. Productos antisépticos e desinfectantes. Material e productos para primeiros auxilios.

Resultados obtidos: productos cosméticos preparados para o seu uso. Hixiene capilar. Tratamento estético do cabelo. Consellos técnicos personalizados.

Procesos, métodos e procedementos: técnicas de hixiene capilar, protocolos de aplicación de tratamentos estéticos capilares, técnicas de aplicación dos distintos tipos de correntes eléctricas e radiacións electromagnéticas con aplicación en tratamentos estéticos capilares ou técnicas de hixiene capilar, técnicas de masaxe capilar, técnicas de observación de mostras co microscopio e co microvisor, métodos de limpeza, de desinfección e de esterilización, protocolo de atención da clientela.

Información utilizada e/ou xerada: ficha técnica dos aparellos mencionados no punto «medios de producción». Información técnica sobre os productos cosméticos utilizados. Ficha técnica e ficha comercial da clientela. Manual de primeiros auxilios. Bibliografía científico-técnica específica.

Persoal destinatario: clientela, persoal médico e outros profesionais.

2.5.3 Unidade de competencia 3: cambiar total ou parcialmente a cor do cabelo.

RealizaciónsCriterios de realización

3.1Determina-las características do cabelo e do coiro cabeludo da clientela, que interveñen nos procesos de cambio de cor.-A análise do cabelo da clientela realízase en tódalas zonas da cabeleira e en toda a lonxitude do talo capilar e determínanse o grao de porosidade e procesos físicos e químicos anteriormente sufridos (zonas de puntas con distinto ton e outros).
-O ton natural do cabelo da clientela queda clasificado nun dos dez tons base e determínase o matiz, en función de parámetros establecidos.
-Calcúlase a proporción de canas no cabelo da clientela, en función da diferencia de cor existente entre o ton base natural do cabelo e o ton global da cabeleira e, en caso de cabelo previamente tinguido, tense en conta a diferencia de cor existente entre o ton base natural do cabelo e o ton global das raíces.
-Previamente ó cambio de cor, realízase a proba de sensibilidade á tintura, no tempo e forma adecuados, para minimiza-lo risco de reaccións adversas ou inesperadas.
-As técnicas previas á coloración do cabelo determínanse en función da diferencia de cor existente entre o ton ou os tons do cabelo da clientela e o ton que se pretende obter.
-Solicítase da clientela e rexístrase no soporte adecuado a información necesaria para optimiza-lo resultado do proceso de cambio de cor.

3.2Determina-lo tipo ou proceso de coloración ou de decoloración que garanta a consecución do resultado previsto, en función das zonas e proporción do cabelo que se pretende cambiar de cor, duración do resultado, productos e técnicas de aplicación.-Os cosméticos e a súa forma cosmética selecciónanse en función da cor que se pretende obter, da duración do efecto, do resultado da proba de sensibilidade e das características do cabelo.-A técnica de aplicación selecciónase en función do efecto final que se pretende conseguir, dos procesos subseguintes que se vaian realizar no cabelo e da composición e efecto dos productos que se van utilizar.

3.3Prepara-los productos cosméticos necesarios para o proceso de cambio de cor, realizando os cálculos e operacións fisicoquímicas básicas oportunas.-Determínanse a concentración do producto oxidante en función das características do cabelo, do resultado pretendido e das especificacións do laboratorio fabricante do producto.
-Determínanse as cores que hai que mesturar e as súas proporcións en función da técnica, das características do cabelo e do resultado pretendido.
-Os cálculos matemáticos precisos para obte-las dilucións ou mesturas dos productos cosméticos realízanse conforme as necesidades concretas de cada proceso e atendendo ós requirimentos técnicos e ás especificacións dos productos utilizados.
-As operacións fisicoquímicas básicas necesarias para a preparación dos productos execútanse en condicións de seguridade e hixiene adecuadas.

3.4Mante-los útiles e instrumentos necesarios en condicións hixiénico-sanitarias adecuadas para a súa posterior utilización.-Os utensilios quedan limpos, desinfectados e/ou esterilizados despois do seu uso, seleccionando e aplicando as técnicas de limpeza, desinfección e/ou esterilización necesarias en función do material que os compoñen e da súa utilización.
-Os productos e instrumentos para a limpeza e a desinfección de útiles selecciónanse en función do método de limpeza e/ou de esterilización seleccionado.

3.5Obte-lo ton de cor, a proporción e a distribución precisos do cabelo ou outro tipo de pelo coloreado, en función do resultado pretendido, aplicando as técnicas específicas para cada proceso.-A clientela é acomodada na posición anatómica adecuada e protexida para a execución do cambio de cor, utilizando os accesorios e elementos adecuados en función dos requirimentos da técnica.-Tódolos útiles e aparellos necesarios para a realización do proceso son manexados de forma destra e secuenciada, segundo o protocolo de traballo e en condicións de seguridade e hixiene adecuadas.

RealizaciónsCriterios de realización

-As «particións» do cabelo realízanse segundo os criterios establecidos para as técnicas que se van utilizar.
-A aplicación dos productos cosméticos realízase na forma e na secuencia correctas, segundo o procedemento, en función das variables técnicas que interveñen e das características anatomo-fisiolóxicas do coiro cabeludo da clientela.
-Os aparellos utilizados como activadores das reaccións que interveñen no proceso, prográmanse en función dos productos, técnicas de aplicación e sensibilidade da clientela.
-O tempo de actuación dos productos sobre o cabelo ou outro tipo de pelo, é calculado en función do resultado pretendido, da calor subministrada e das especificacións técnicas para a utilización do producto.
-No caso de transformación na cor de barba, bigote e cellas aplícanse os productos cosméticos necesarios atendendo ás peculiaridades da clientela e ás especificacións de uso feitas polo fabricante, coas precaucións que require a manipulación das zonas nas que se realiza o proceso.
-Durante o tempo de acción dos productos compróbase periodicamente a evolución do proceso, modificando o tempo se procede.
-Rexístranse na ficha técnica da clientela os datos relevantes de tódolos productos utilizados, o tempo de actuación, os resultados obtidos e as incidencias acaecidas durante o proceso.
-No caso de accidente, aplícanse ó accidentado os primeiros auxilios e procédese, se é o caso, ó seu traslado, en condicións adecuadas, a un centro sanitario.
-Compróbase que os resultados obtidos son do agrado da clientela e, de non se-lo caso, póñense en marcha os mecanismos encamiñados a retoca-lo resultado para adecualo ós desexos da clientela.

3.6Informar e asesora-la clientela e transmitir información técnica a profesionais sobre os coidados e productos idóneos para manter en óptimas condicións os resultados obtidos.-A clientela é asesorada e informada sobre os coidados estéticos que debe prestar ó seu cabelo, para mante-la cor obtida, en óptimas condiciones, ata a súa extinción ou nova coloración.-Asesórase a clientela sobre productos cosméticos para conservar en bo estado o cabelo tinguido ou coloreado e realízase a proposta de venda atendendo á psicoloxía/tipoloxía da clientela.
-Infórmase a clientela sobre os efectos positivos que producen sobre a súa imaxe persoal os cambios realizados no seu cabelo.
-A información técnica necesaria é transmitida de forma comprensible ó persoal encargado de aplica-las técnicas de hixiene capilar.

Dominio profesional:

Medios de producción: pinceis, peites, paletina, probeta, espátula, pinzas, alfinetes, aparellos de calor con ou sen aire (infravermellos, secadores, outros), gorros, discos de plástico, cunca, luvas, cronómetro, papel de aluminio, papel de celofán, papel vexetal, productos oxidantes nas súas distintas formas cosméticas, productos colorantes, mordentes, productos decapantes, productos cosméticos protectores, capa, mandil, toallas, bata, productos desinfectantes, aparello esterilizador por raios ultravioleta ou autoclave.

Resultados obtidos: cambios de coloración no cabelo. Cambios de coloración no pelo de barba, bigote e cellas.

Procesos, métodos e procedementos: proba de sensibilidade. Técnicas de mordentado, decapado, pigmentación, decoloración. Técnicas de coloración par

cial e aplicación de mechas con gorro, con papel de aluminio e papel vexetal, co peite e/ou pincel. Técnica de coloración total do cabelo con tinturas de oxidación e tinturas vexetais. Técnicas de aplicación de reflexos temporais. Métodos de limpeza, desinfección e esterilización. Técnicas de primeiros auxilios.

Información utilizada e/ou xerada: ficha técnica da clientela, escala de cores, carta de cores, información técnica de productos e aparellos, protocolos de atención da clientela. Manual de primeiros auxilios. Bibliografía científico-técnica especializada.

Persoal destinatario: clientela e outros e outras profesionais.

2.5.4. Unidade de competencia 4: corta-lo cabelo en función do estilo seleccionado e aplicar técnicas de amaño e rasurado de barba e bigote.

RealizaciónsCriterios de realización

4.1Estudia-las características do cabelo da clientela e selecciona-la técnica de corte que permite obte-lo resultado previsto.-Avalíanse as características do cabelo da clientela (grosor, tipo, lonxitude e implantación de remuíños) determinando a posibilidade de obte-lo resultado desexado tralo corte de cabelo.
-O tipo de técnica de corte determínase en función das características do cabelo da clientela e do estilo de corte seleccionado.

4.2Dispo-los elementos técnicos necesarios ou auxiliares para o proceso de cambio de lonxitude do cabelo, garantindo unhas condicións hixiénico-sanitarias óptimas.-Os utensilios cortantes encóntranse afiados e consérvanse protexidos para preservalos de golpes e da acción de axentes químico-ambientais, quedando en perfectas condicións de uso.-A esterilización dos instrumentos é realizada por medios físicos ou químicos en función dos materiais que os compoñen.

4.3Seleccionar e prepara-los productos cosméticos auxiliares para o proceso de rasurado de barba e bigote, en función da técnica de rasurado seleccionada.-Os productos cosméticos de uso previo ó rasurado, son seleccionados en función das características do pelo que se vai rasurar e do tipo de pel da clientela.-Os productos para o rasurado propiamente dito, son seleccionados en función das características do pelo que se vai rasurar, da pel e da técnica de rasurado seleccionada.
-Os productos de uso posterior ó rasurado son seleccionados en función do estado da pel e das demandas da clientela.
-Os productos prepáranse en función das súas formas cosméticas e aplícanse en función das súas indicacións e das súas propiedades, atendendo ás especificacións técnicas en canto á súa forma de utilización.

4.4Executa-las técnicas de corte definidas, en condicións de seguridade e hixiene adecuadas, obtendo o resultado pretendido.-O cliente é acomodado na posición anatómica adecuada e protexido, en función das condicións de seguridade e hixiene requiridas polas operacións/intervencións técnicas que se van realizar.
-Os productos cosméticos acondicionadores do cabelo e auxiliares para a realización do corte son seleccionados en función das características do cabelo.
-As «particións» do cabelo realízanse en función das técnicas de corte seleccionadas para obte-lo estilo pretendido.
-Manéxanse tódolos utensilios de forma destra, en condicións de seguridade e hixiene adecuadas, seguindo o procedemento de execución da técnica e en función do estilo de corte pretendido.
-O cabelo mantense durante o proceso de corte co grao de humidade suficiente para favorece-la execución técnica e, de se-lo caso, humedécese cantas veces sexa necesario.
-Na execución do corte de cabelo a clientes infantís extrémanse as precaucións para garanti-las condicións de seguridade na aplicación da técnica.
-Compróbase que as medidas e volumes obtidos son os adecuados para obte-lo estilo e acabado pretendido.

RealizaciónsCriterios de realización

-No caso de accidente, aplícanselle ó accidentado os primeiros auxilios e procédese, se cómpre, ó seu traslado, en condicións adecuadas, a un centro sanitario.
-Resáltanse a ollos da clientela os efectos positivos que producen na súa imaxe os cambios realizados no seu cabelo.
-Compróbase que a clientela quedou satisfeita do servicio prestado e do trato recibido e, de non se-lo caso, póñense en marcha os mecanismos necesarios para adecua-lo resultado ós desexos da clientela.

4.5Executa-las técnicas de amaño e rasurado de barba e bigote, en condicións de seguridade e hixiene óptimas, en función das demandas da clientela.-A clientela é acomodada na posición anatómica adecuada e protexida, en función das condicións de seguridade e hixiene requiridas polas operacións/intervencións técnicas que se van realizar.
-A técnica de amaño ou rasurado é seleccionada en función do tipo de pelo e das demandas da clientela.
-No amaño de barba e bigote, adáptanse as medidas e os contornos ás características anatómicas e morfolóxicas da clientela.
-Os productos son aplicados, segundo criterios de profesionalidade, atendendo ás indicacións/especificacións técnicas acerca das súas pautas de utilización.
-O manexo dos utensilios e aparellos realízase destramente, en perfectas condicións de seguridade e hixiene.
-Realízanse as operacións de forma secuenciada segundo o protocolo de traballo.
-Os pases da masaxe facial realízanse en función dos requirimentos técnicos e do efecto pretendido.
-No caso de accidente ou reacción de sensibilidade ós productos, aplícanselle ó accidentado ou persoa afectada os primeiros auxilios e, se é o caso, procédese ó seu traslado, en condicións adecuadas, a un centro sanitario.
-Compróbase que os resultados obtidos e a calidade do servicio prestado satisfán as expectativas/demandas da clientela.
-O cliente é asesorado sobre o uso de productos cosméticos utensilios e aparellos auxiliares para o amaño e rasurado de barba e bigote.

Dominio profesional.

Medios de producción: peites, cepillos, espello de man, pulverizador, cunca, colares de papel, tesoiras (dentadas e de follas enteiras), navalla de corta-lo cabelo e de rasurar, maquiniña eléctrica e accesorios (peites), pinzas para o cabelo, brochas, cepillo para a roupa e para a pel, suavizador. Productos auxiliares para o rasurado, productos cosméticos para despois do afeitado e para tódolos tipos de pel, pos de talco, hemostáticos, antisépticos, desinfectantes, esterilizador ou autoclave. Toallas e lencería habitual.

Resultados obtidos: cambios de medidas e volumes da cabeleira segundo o estilo pretendido. Rasurado ou cambio de forma e medida en barba e bigote segundo desexos da clientela.

Procesos, métodos e procedementos: técnicas de corte de cabelo con tesoira de follas enteiras, tesoiras de follas dentadas, tesoiras de follas curvas, navalla e maquiniña eléctrica, coitelas. Técnicas de corte de cabelo con distintos instrumentos cortantes. Técnica de rasurado e corte de barba e bigote. Métodos de limpeza, desinfección e esterilización. Técnicas de primeiros auxilios.

Información utilizada e/ou xerada: álbum de estilos e protocolo de atención á clientela. Manual de primeiros auxilios. Bibliografía científico-técnica especializada.

Persoal destinatario: clientela e outros profesionais.

2.5.5. Unidade de competencia 5: cambiar de maneira permanente e temporal a forma do cabelo, peitealo e recollelo en función do estilo seleccionado.

RealizaciónsCriterios de realización

5.1Selecciona-la técnica que se debe utilizar, en función das demandas da clientela, das características e estado do seu cabelo e do estilo de peiteado elixido.-Avalíanse as características do cabelo en canto a tipo, cantidade, grosor, implantación, distribución, lonxitude e plasticidade.-Avalíanse as propiedades do cabelo da clientela en canto a permeabilidade, elasticidade e flexibilidade.
-As preguntas formuladas á clientela permiten detecta-las súas necesidades e demandas en canto á duración pretendida do resultado e o tipo de acabado desexado.
-Infórmase a clientela claramente sobre os efectos que producirá o cambio de forma no seu aspecto persoal e proponse a súa realización.
-Explícaselle á clientela a diferencia entre os efectos que producen sobre o peiteado (duración, volume) os cambios de forma estructurais ou permanentes (rizados e desrizados) e os cambios non estructurais ou temporais.
-A partir das demandas da clientela e dos datos obtidos do estudio do seu cabelo, selecciónase a técnica de cambio de forma permanente que se vai utilizar.

5.2Selecciona-los medios técnicos idóneos para executa-la técnica de cambio de forma estructural (permanente), en función das características do cabelo da clientela e do estilo de peiteado elixido, manténdoos en condicións hixiénico-sanitarias óptimas para o seu uso.-Realízase o estudio das características do cabelo en canto a porosidade, grosor, lonxitude e procesos fisicoquímicos anteriormente sufridos, como cambios de coloración, cambios de forma permanente e secado-peiteado con secador de man.-Os productos cosméticos que deben utilizarse para aplica-la técnica selecciónanse en función do estudio do cabelo e do resultado esperado.
-Os aparellos, utensilios e moldes selecciónanse en función da técnica predeterminada, do estilo de peiteado elixido e da duración que se pretende do resultado.
-Os productos e técnicas para desinfectar, esterilizar e limpa-los utensilios e accesorios utilizados no proceso selecciónanse en función da súa utilización e do material que os compón.

5.3 Selecciona-los productos, útiles, accesorios e aparellos idóneos para executa-la técnica de cambio de forma temporal determinada e mantelos en condicións de hixiene adecuadas para a súa utilización.-Os productos cosméticos, aparellos, accesorios e utensilios selecciónanse en función da técnica e do acabado pretendido.-As formas cosméticas dos productos utilizados selecciónanse en función dos requirimentos técnicos, seguindo criterios profesionais e atendendo ás preferencias da clientela.
-Compróbase que os aparellos se atopan en perfectas condicións de uso e, de non se-lo caso, póñense en marcha os mecanismos encamiñados á súa posta a punto.
-Os métodos, productos e aparellos para a desinfección e/ou esterilización e limpeza de útiles e accesorios son seleccionados en función da súa utilización e do material que os compón.

5.4Realiza-los cálculos e operacións fisicoquímicas necesarias para a preparación dos productos cosméticos que se utilizan no proceso de cambio de forma estructural (permanente).-Realízanse as operacións fisicoquímicas básicas necesarias para prepara-los productos cosméticos, en función dos requirimentos da técnica e da composición do producto, atendendo ás especificacións do laboratorio fabricante.
-Na personalización da técnica, as cantidades e as proporcións determinadas dos productos cosméticos utilizados modifícanse, se cómpre, en función das características do talo capilar e do resultado que se pretende conseguir.

RealizaciónsCriterios de realización

-O manexo destro dos instrumentos de medida permite obter en peso e en volume, as cantidades precisas de cada producto, en función dos requirimentos técnicos.

5.5Executa-la técnica de cambio de forma permanente obtendo o resultado pretendido: rizado ou desrizado.-A clientela é acomodada na posición anatómica adecuada e protexida, en función das condicións de seguridade e hixiene requiridas polas operacións/intervencións técnicas que se van realizar.
-Compróbase que a limpeza do cabelo foi realizada con champú de aplicación técnica apropiado para os procesos de cambio de forma permanente.
-O cabelo da clientela está preparado para comeza-lo proceso de cambio de forma estructural: os productos protectores foron aplicados nas zonas nas que son necesarios, as «particións» do cabelo foron realizadas en función dos requirimentos da técnica.
-O grosor da mecha axustada a cada molde determínase en función do tipo e tamaño do accesorio e do resultado pretendido.
-O talo capilar encóntrase perfectamente adaptado ós moldes e estes son enrolados e fixados en función dos volumes que se pretende conseguir e da situación destes volumes no peiteado e o talo capilar.
-Compróbase que as gomas de suxeición dos moldes están correctamente colocadas, na súa posición natural e a súa forza é suficiente para suxeita-lo cabelo firmemente sen cortalo.
-Os guechos de cabelo que se van permanentar son total e homoxeneamente impregnados co producto reductor.
-Os accesorios que protexen o cabelo da acción cortante das gomas, están colocados entre estas e o cabelo.
-En caso de cambio de forma permanente polo método directo, a colocación de moldes comeza pola zona do coiro cabeludo menos vascularizada, mantendo constante a relación tempo de exposición/temperatura, na colocación de tódolos moldes.
-Os aparellos prográmanse en función do valor dos parámetros atendendo ós requirimentos técnicos, ás características do aparello e do cabelo e á composición dos productos cosméticos utilizados.
-Durante o tempo de acción dos productos, compróbase periodicamente a evolución do proceso e modifícase, en caso necesario, o tempo de exposición restante.
-Compróbase que, unha vez concluído o tempo de exposición, se obtivo o cambio de forma pretendido e procédese á neutralización, en función das especificacións técnicas de uso do producto reductor e do neutralizador.
-O producto neutralizador é aplicado homoxeneamente en tódolos guechos de cabelo que sofren o proceso de cambio de forma permanente: ondulación ou desrizado.
-Unha vez realizada a neutralización, procédese, se cómpre, a elimina-los moldes e os restos de productos mediante aclarado.
-En caso de accidente, aplícanse ó accidentado os primeiros auxilios e procédese, se cómpre, ó seu traslado, en condicións adecuadas, a un centro sanitario.

5.6Executa-la técnica para o cambio de forma temporal, en condicións de seguridade e hixiene adecuadas, obtendo o resultado pretendido.-A clientela acomódase na posición anatómica adecuada e protéxese en función das condicións de seguridade e hixiene requiridas polas operacións/intervencións técnicas que se van realizar.
-Os productos cosméticos son utilizados, en función dos requirimentos técnicos e do tipo de cabelo, peiteado e acabado que se quere obter, atendendo ás especificacións de uso segundo a súa composición.
-O cabelo da clientela está preparado para realiza-lo cambio de forma: os productos cosméticos acondicionadores e fixadores foron aplicados nas zonas nas que son necesarios e as particións da cabeleira están realizadas conforme os requirimentos técnicos.

RealizaciónsCriterios de realización

-Os moldes están colocados en función do efecto pretendido e o talo capilar está perfectamente adaptado á forma do molde.
-O grosor da mecha que se axusta a cada molde determínase en función do tamaño do molde, da lonxitude da mecha, das características do cabelo e do resultado pretendido.
-A disposición dos moldes ou calquera técnica para dar forma determínase en función da distribución dos volumes que se queren conseguir e da posición destes no peiteado.
-Tódolos utensilios necesarios para a execución do proceso son manexados de forma destra, optimizando o rendemento na operación.
-Os aparellos utilizados como fontes de calor externa prográmanse en función das características do aparello, do tipo e condicións do cabelo, do resultado pretendido e da sensibilidade da clientela á calor.
-Cando os aparellos non levan termostato realízanse as probas necesarias para garantir que a temperatura alcanzada é a idónea para cada técnica, sen chegar a dana-la estructura da queratina capilar nin producir queimaduras ó cliente.
-Compróbase que o cabelo está totalmente seco antes de retira-los moldes, tomando as precaucións necesarias para non dana-lo cabelo e/ou producir sensacións desagradables na clientela.
-Realízanse as operacións técnicas oportunas de acabado, cos productos cosméticos e utensilios necesarios, seguindo criterios estéticos propios, proporcionando o tipo de peiteado e de acabado desexado.

5.7Recolle-lo cabelo obtendo o resultado pretendido.-Os utensilios, accesorios e productos cosméticos necesarios para realiza-lo recollido están preparados e á man para o seu uso.
-As particións da cabeleira e o rizado realízanse en función do recollido que se vai realizar.
-O rizado realízase na base do talo capilar coas pugas finas do peite proporcionando unha base consistente que asegure a duración do resultado durante o tempo previsto.
-Os volumes proporcionados co rizado quedan distribuídos en función das características morfolóxicas da clientela e do tipo de recollido que se realiza.
-O rizado queda totalmente oculto baixo a superficie perfectamente ordenada do cabelo, segundo o resultado pretendido.
-O recollido queda fixado firmemente mediante a aplicación dos utensilios adecuados que permanecen totalmente ocultos entre o cabelo.
-A cor do fío con que se cose o recollido para fixalo, selecciónase en función do efecto que se pretende conseguir.
-Nos recollidos clásicos, as costuras do recollido quedan ocultas entre o cabelo.
-Os adobíos de cabeza (peitas, flores, quincalla e outros) son adaptados á fisionomía da clientela e ás características do recollido ó que quedan perfectamente suxeitos.
-Os productos cosméticos para fixar e proporcionar brillo ó cabelo son utilizados en función do tipo de recollido, do tipo de cabelo da clientela e das especificacións técnicas sobre as súas indicacións e pautas de utilización.
-Realízanse as operacións oportunas cos productos cosméticos necesarios seguindo criterios estéticos propios, proporcionando o tipo de recollido e de acabado desexado.
-Compróbase que os resultados obtidos son do agrado da clientela e, de non se-lo caso, póñense en marcha os mecanismos encamiñados a adecua-lo resultado ás demandas/necesidades da clientela.
-En caso de accidente, aplícanse ó accidentado os primeiros auxilios e procédese, se cómpre, ó seu traslado, en condicións adecuadas, a un centro sanitario.

RealizaciónsCriterios de realización

5.8Adaptar postizos e extensións de pelo ó cabelo da clientela obtendo o resultado pretendido.-O postizo ou perruca selecciónase en función de que se pretenda cubrir total ou parcialmente o coiro cabeludo e/ou cabelo da clientela.
-A lonxitude da perruca determínase en función das demandas da clientela e realízanse as operacións técnicas oportunas (limpeza, cor, forma e acabado) para adapta-la perruca ó estilo de peiteado seleccionado pola clientela.
-Realízanse as operacións técnicas para cambia-la cor do pelo da perruca ou postizo obtendo a cor pretendida, exacta ou diferente, segundo o caso, á cor do cabelo da clientela.
-En peiteados de fantasía, a cor do postizo é idónea para conseguir harmonía cromática nese peiteado.
-A lonxitude do postizo seleccionado para a súa adaptación está determinado polo tipo de recollido que se realiza.
-Os materiais e productos cosméticos necesarios para a adaptación de postizos, perrucas e extensións son seleccionados en función das operacións que se van realizar e atópanse en condicións hixiénicas adecuadas para o seu uso.
-A cantidade de pelo que forma cada extensión calcúlase en función das necesidades detectadas e das demandas da clientela.
-Realízanse as mesturas de pelo necesarias para iguala-la cor da extensión á do cabelo da clientela.
-Para a aplicación de extensións, realízanse as «particións» da cabeleira en «taboleiro de xadrez», respectando os contornos do nacemento do cabelo.
-Na aplicación de mechas soldadas, a extensión colócase baixo a mecha de cabelo natural.
-Utilízanse os materiais de protección do coiro cabeludo necesarios para executa-la técnica en condicións de seguridade óptimas para a clientela.
-A cor do adhesivo utilizado para a fixación da extensión é idéntica á do cabelo da clientela.
-Realízanse as operacións mecánicas necesarias para oculta-la extensión entre as mechas naturais do cabelo da clientela.
-Ó solda-las mechas respéctase a zona de nacemento do cabelo.
-Os puntos de unión da extensión coa mecha do cabelo da clientela resultan imperceptibles á vista.
-O aspecto das extensións unha vez colocadas é totalmente natural.
-Tódolos utensilios son manexados de forma destra, en condicións de seguridade adecuadas, optimizando o rendemento no proceso.
-Unha vez utilizados, tódolos materiais quedan limpos, desinfectados, se é o caso esterilizados e listos para novo uso.
-Compróbase que a clientela quedou satisfeita do servicio prestado e do trato recibido e, se non é así, póñense en marcha os mecanismos encamiñados a adecua-lo resultado ós desexos da clientela.
-No caso de accidente aplícanselle ó accidentado os primeiros auxilios e, se é o caso, procédese ó seu traslado, en condicións adecuadas, a un centro sanitario.

5.9Informar/asesora-la clientela e transmitir información técnica ó profesional sobre os coidados e productos idóneos para potenciar e/ou manter en óptimas condicións os resultados obtidos.-A clientela é asesorada/informada sobre os coidados estéticos que debe prestar ó seu cabelo para mante-lo resultado obtido co cambio de forma permanente en óptimas condicións durante o maior tempo posible.-No caso de apreciación no cabelo da clientela de signos que desaconsellen a execución dun cambio de forma permanente no seu cabelo, asesórase sobre outras técnicas de perruquería que proporcionan un efecto similar mediante un cambio de forma temporal.
-Asesórase a clientela sobre o uso de productos cosméticos capilares para conservar en bo estado o cabelo tratado e realízase a proposta de venda atendendo á psicoloxía/tipoloxía da clientela.

RealizaciónsCriterios de realización

-Anótanse na ficha técnica da clientela tódolos productos utilizados, as incidencias na realización do proceso, o tempo de exposición e os resultados obtidos.
-Transmítese a outros profesionais a información técnica precisa sobre productos cosméticos que deben aplicarse á clientela, en función do proceso de cambio de forma permanente realizado, do estilo de peiteado e de acabado seleccionado.
-A clientela é informada sobre a periodicidade con que terá que acudir ó salón de perruquería para realiza-las operacións de retoque das extensións axustadas.
-A clientela é informada e asesorada sobre a forma de mante-las perrucas e postizos en óptimas condicións de hixiene e conservación, así como dos productos apropiados para iso.
-Asesórase a clientela sobre a maneira de mante-lo cambio de forma, os recollidos, extensións e próteses móbiles capilares aplicadas, nas mellores condicións ata un novo servicio.
-Asesórase a clientela sobre a maneira de adaptar accesorios ó seu cabelo (peitas, flores, pasadores e outros), realizando a proposta de venda.
-Infórmase e asesórase a clientela sobre os efectos e uso de productos indicados para mante-lo cambio de forma en óptimas condicións e para obter distintos efectos no acabado, realizando a proposta de venda.

Dominio profesional.

Medios de producción: peites, cepillos, cunca, paletina, moldes, pinzas, probeta, pulverizador, agulla de coser, fío, pinchos, ganchos, adobíos para o cabelo, clips, agullas de moño, rede, gomas, protectores, papel de aluminio, papeis para permanentes, gorro, aparellos eléctricos activadores, aparellos eléctricos para moldeado, secado e acabado con toda a súa gama de accesorios (secadores fixos ou móbiles, cepillo eléctrico, tenaciñas, pranchas, aparellos productores de calor sen aire). Postizos, cabelo natural para extensións. Productos cosméticos de uso frecuente en acabados, líquidos onduladores (reductores), líquidos neutralizadores, productos protectores, productos e equipos para limpeza, desinfección e esterilización de material, algodón, bata, peiteador, toallas, capa, luvas, mandil. Material para primeiros auxilios.

Resultados obtidos: productos e reactivos preparados para a súa utilización. Cambio permanente na forma do cabelo: rizado e desrizado. Cambios de forma temporal no cabelo. Cabeleira ordenada, peiteada e/ou recollida obtendo o estilo seleccionado. Perrucas, postizos e extensións adaptados en función do estilo seleccionado.

Procesos, métodos e procedementos: técnica de rizado permanente directo e indirecto, técnicas de desrizado. Técnicas de secado, técnicas de aplicación de extensións, técnicas de adaptación de postizos, técnicas de realización de recollidos, técnica de rizado, técnicas de acabado, técnicas de marcado con moldes fixos, técnicas de marcado-peiteado con aparellos. Métodos de limpeza, desinfección e esterilización, técnicas de primeiros auxilios.

Información utilizada e/ou xerada: ficha técnica e comercial da clientela, información técnica de productos e aparellos. Álbumes de estilos. Métodos de

limpeza, desinfección e esterilización. Protocolo de atención á clientela. Manual de primeiros auxilios. Bibliografía científico-técnica especializada.

Persoal destinatario: clientela e outros profesionais.

2.5.6. Unidade de competencia 6: aplicar técnicas de manicura e pedicura.

RealizaciónsCriterios de realización

6.1Seleccionar e prepara-lo material necesario para a aplicación de técnicas de manicura e pedicura, en condicións de seguridade e hixiene óptimas.-Tódolos utensilios son dun só uso ou esterilízanse por métodos físicos ou químicos en función dos materiais que os compoñen.-Colócanse ou aplícanse os accesorios e/ou productos protectores, na superficie dos utensilios, para preservalos dos golpes e da acción dos axentes químicos, biolóxicos ou ambientais durante o seu almacenamento.
-A selección de utensilios e dos productos cosméticos para a manicura e a pedicura realízase en función da técnica que se aplica e das necesidades/preferencias da clientela.
-Compróbase que os productos cosméticos se atopan en bo estado e conservan as propiedades fisicoquímicas e organolépticas, que os fan idóneos para a súa aplicación.
-Tódolos aparellos de manicura e pedicura e os seus accesorios están en perfectas condicións de uso.

6.2Aplicar técnicas de manicura e pedicura en condicións de seguridade e hixiene óptimas, obtendo o resultado pretendido.-A clientela é acomodada na posición anatómica adecuada e protexida en función das condicións de seguridade e hixiene definidas para as operacións/intervencións técnicas que se van realizar.
-Se se detectan na clientela indicios de patoloxía nas unllas, zona periungueal ou pel de mans e pés, remítese a consulta médica.
-A técnica de manicura e de pedicura selecciónase en función das características morfolóxicas das mans, dos pés e das unllas e en función das demandas da clientela en canto a lonxitude, forma e cor das unllas.
-A desmaquillaxe das unllas realízase eliminando a totalidade da laca por arrastre mediante soporte impregnado en producto cosmético disolvente específico.
-As unllas límanse, partindo do suco periungueal cara ó centro da borda libre da lámina ungueal, sen diminuí-lo grosor da lámina, ata obte-la lonxitude e forma previamente definida.
-Compróbase que a cutícula está abrandada, retirándoa co instrumento habitual e empuxándoa suavemente sen danala en sentido contrario ó do seu crecemento.
-Púlese a superficie da lámina ungueal, se cómpre, empregando os utensilios, aparellos e productos específicos.
-Realízanse os pases da masaxe de mans e de pés de forma secuenciada, segundo os manuais de procedemento e favorecendo a penetración dos productos cosméticos específicos.
-Selecciónanse as cores dos productos cosméticos decorativos para as unllas en función das preferencias e indumentaria da clientela, da morfoloxía das unllas e dos dictados da moda.
-Compróbase que a superficie da unlla está perfectamente limpa e seca antes de proceder a maquillala.
-A laca esténdese por toda a lámina ungueal ou por zonas (clásica, con lúa e creativa) con pinceladas firmes, en sentido lonxitudinal, do extremo proximal ó distal.
-A capa de laca que queda sobre a unlla é homoxénea e fina.
-As desproporcións ou defectos estéticos existentes nas unllas quedan corrixidas opticamente pola maquillaxe.
-No caso de accidente aplícanselle ó accidentado os primeiros auxilios e procédese, se é o caso, ó seu traslado a un centro sanitario, en condicións adecuadas.

RealizaciónsCriterios de realización

-Compróbase que os resultados obtidos son do agrado da clientela e, de non se-lo caso, póñense en marcha os mecanismos encamiñados a adecua-lo resultado ós seus requirimentos.

Dominio profesional.

Medios de producción: mobiliario de manicura e pedicura, algodón, pao de laranxeira, limas de distinto grosor, alicates, toallas, bata, pedra abrasiva, tesoiras, luvas, pulidores, separador de dedos, productos cosméticos (desmaquilladores -disolventes-, queratolíticos, emolientes, endurecedores, hidratantes, hemostáticos, desconxestionantes, de hixiene, branqueadores, aceleradores do secado), productos e accesorios decorativos, productos desinfectantes, esterilizador ou autoclave.

Resultados obtidos: cambios de lonxitude e forma nas unllas. Unllas maquilladas e correccións ópticas das desproporcións.

Procesos, métodos e procedementos: técnicas de manicura e pedicura, maquillaxe de unllas (manicura clásica, con lúa e creativa), técnicas de limpeza, desinfección e esterilización.

Información utilizada e/ou xerada: método de limpeza, desinfección e esterilización. Manual de primeiros auxilios. Bibliografía científico-técnica especializada.

Persoal destinatario: clientela e outros.

2.5.7. Unidade de competencia 7: realiza-la administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller.

RealizaciónsCriterios de realización

7.1Avalia-la posibilidade de implantación dunha pequena empresa en función da súa actividade, volume de negocio e obxectivos.-Selecciónase a forma xurídica de empresa máis adecuada ós recursos dispoñibles, ós obxectivos e ás características da actividade.-Realízase a análise previa á implantación, valorando:
*A estructura organizativa adecuada ós obxectivos.
*A localización física e o ámbito de actuación (distancia clientes/provedores, canles de distribución, prezos do sector inmobiliario de zona, elementos de prospectiva).
*A previsión de recursos humanos.
*A demanda potencial, previsión de gastos e ingresos.
*A estructura e composición do inmobilizado.
*As necesidades de financiamento e a súa forma máis rendible.
*A rendibilidade do proxecto.
*A posibilidade de subvencións e/ou axudas á empresa ou á actividade, ofrecidas polas diferentes administracións públicas.
-Determínase adecuadamente a composición dos recursos humanos necesarios, segundo as funcións e procesos propios da actividade da empresa e dos obxectivos establecidos, atendendo a formación, experiencia e condicións actitudinais, se procede.

7.2Determina-las formas de contratación máis idóneas en función do tamaño, actividade e obxectivos dunha pequena empresa.-Identifícanse as formas de contratación vixentes, determinando as súas vantaxes e inconvenientes e establecendo os máis habituais no sector.-Selecciónanse as formas de contrato óptimas, segundo os obxectivos e as características da actividade da empresa.

RealizaciónsCriterios de realización

7.3Elaborar, xestionar e organiza-la documentación necesaria para a constitución dunha pequena empresa e a xerada polo desenvolvemento da súa actividade económica.-Establécese un sistema de organización da información adecuado, que proporcione información actualizada sobre a situación económico-financeira da empresa.-Realízase a tramitación oportuna ante os organismos públicos para a iniciación da actividade de acordo cos rexistros legais.
-Os documentos xerados (facturas, albarás, notas de pedido, letras de cambio, cheques e recibos) elabóranse no formato establecido pola empresa, cos datos necesarios en cada caso e de acordo coa lexislación vixente.
-Identifícase a documentación necesaria para a constitución da empresa (escritura, rexistros, imposto de actividades económicas e outras).

7.4Promove-la venda de productos ou servicios mediante os medios ou relacións adecuadas, en función da actividade comercial requirida.-No plano de promoción, tense en conta a capacidade productiva da empresa e o tipo de clientela potencial dos seus productos e servicios.-Selecciónase o tipo de promoción que fai óptima a relación entre o incremento das vendas e o custo da promoción.
-A participación en feiras e exposicións permite establece-las canles de distribución dos diversos productos ou servicios.

7.5Negociar con provedores e clientes, buscando as condicións máis vantaxosas nas operacións comerciais.-Téñense en conta, na negociación cos provedores:

*Prezos do mercado.

*Prazos de entrega.

*Calidades.
*Condicións de pagamento.
*Transportes, se procede.
*Descontos.
*Volume de pedido.
*Liquidez actual da empresa.
*Servicio posvenda do provedor.
-Nas condicións de venda propostas ós clientes téñense en conta:
*Marxes de beneficios.
*Prezo de custo.
*Tipos de clientes.
*Volume de venda.
*Condicións de cobro.
*Descontos.
*Prazos de entrega.
*Transporte se procede.
*Garantía.
*Atención posvenda.

7.6Crear, desenvolver e manter boas relacións con clientes reais ou potenciais.-Transmítese en todo momento a imaxe desexada da empresa.-A clientela é atendida cun trato dilixente e cortés, e na marxe de tempo prevista.
-Respóndese satisfactoriamente ás súas demandas, resolvendo as súas reclamacións con dilixencia e prontitude e promovendo as futuras relacións.
-Comunicarlles ós clientes calquera modificación ou innovación da empresa que poida interesarlles.

7.7Identificar, en tempo e forma, as accións derivadas das obrigas legais dunha empresa.-Identifícase a documentación esixida pola normativa vixente.-Identifícase o calendario fiscal correspondente á actividade económica desenvolvida.
-Identifícanse en tempo e forma as obrigas legais laborais:
*Altas e baixas laborais.
*Nóminas.
*Seguros sociais.

Dominio profesional.

Información que manexa: documentación administrativa: facturas, albarás, notas de pedido, letras de cambio, cheques.

Documentación cos distintos organismos oficiais: permisos de apertura do local, permiso de obras, etc. Nóminas TC1, TC2, alta en IAE. Libros contables oficiais e libros auxiliares. Arquivos de clientes e provedores.

Tratamento da información: terá que coñece-los trámites administrativos e as obrigas cos distintos organismos oficiais, xa sexa para realizalos o propio interesado ou para contrata-la súa realización a persoas ou empresas especializadas. O soporte da información pode estar informatizado utilizando paquetes de xestión moi básicos existentes no mercado.

Persoas coas que se relaciona: provedores e clientes. Ó ser unha pequena empresa ou taller, en xeral, tratará con clientes os pedidos ou servicios dos cales darán lugar a pequenas ou medianas operacións comerciais. Xestorías.

2.6. Evolución da competencia profesional.

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos:

Os cambios previsibles na evolución da competencia desta figura profesional son:

No aspecto tecnolóxico, o profesional de perruquería debe adaptarse ós cambios tecnolóxicos dictados polas tendencias da moda e polas novas demandas, cada vez máis específicas, dos clientes. Neste sentido prevese un incremento da demanda de servicios de perruquería, en canto a colocación de extensións no cabelo, colaboración con facultativos na realización de transplantes capilares e tratamentos médicos capilares, así como na realización de servicios complementarios como manicura e pedicura.

Así mesmo, prevese un incremento no desenvolvemento de programas informativos dirixidos ó deseño de peiteados por ordenador e por conseguinte nun futuro próximo o profesional deberá ser competente para utiliza-los medios informáticos con ese fin.

En canto ós aspectos organizativo e económico, se ben se prevé que a pequena empresa siga xogando un papel predominante no ámbito da perruquería, o cumprimento das normativas europeas e o desenvolvemento de medidas lexislativas específicas poden repercutir no aspecto organizativo desta actividade, pola obrigatoriedade de empregar novos métodos e tecnoloxías, relacionados fundamentalmente con aspectos de saúde pública. Desta forma, os aspectos organizativos da prestación de servicios de perruquería deberán adaptarse á situación para dar resposta a unhas demandas cada vez máis especializadas, manténdose a polivalencia dos traballadores para conseguir maiores niveis de productividade e rendibilidade.

A nova remodelación poderá traducirse en medidas como:

Fomenta-la unión de pequenas empresas en cooperativas ou outras fórmulas que poden soluciona-las necesidades de investimento existentes.

Promove-la formación dos profesionais en técnicas específicas como o marketing.

Prestar especial atención á calidade dos servicios prestados, promovendo o bo facer profesional, como mecanismo para mellora-la posición competitiva ante as compañías estranxeiras.

Polo tanto, prevese unha forte remodelación das actividades para adaptarse a un mercado moito máis competitivo. Polo que se consideran necesarios procesos de concentración das actividades para conseguir estructuras empresariais que faciliten a modernización das empresas e a adaptación a unhas demandas cada vez máis esixentes.

Na actualidade estanse introducindo modificacións na forma de funcionamento, cambios de horarios e calendario de apertura ó público.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais:

Produciranse cambios específicos na actividade deste profesional, derivados fundamentalmente da implantación de novas tecnoloxías, novos medios de producción e utilización de medios informáticos, así como da aparición de novas técnicas motivadas sobre todo pola utilización de novos productos cosméticos e novas demandas por parte da clientela.

Prevese, polo tanto, un incremento nas seguintes actividades:

Aplicación de extensións ó cabelo.

Deseño de peiteados asistido por ordenador.

Venda de servicios, productos cosméticos, aparellos e accesorios de uso en perruquería.

Colaboración con facultativos.

Novos métodos de diagnóstico de alteracións capilares desde o punto de vista estético e novos tratamentos estéticos para estas alteracións.

2.6.3. Cambios na formación:

As necesidades de formación dedúcense dos cambios previsibles nas actividades profesionais, detectándose necesidades para:

Poder adaptarse ás novas técnicas e estilos marcados polos dictados da moda.

A utilización dos medios informáticos como instrumento para o deseño de peiteados por ordenador e como medios auxiliares en labores administrativos derivados da actividade empresarial.

A utilización de novos equipos e medios técnicos que deberán utilizarse nos procesos de perruquería: aparellos computerizados e novos aparellos con aplicación en perruquería.

A aplicación de novos métodos de diagnóstico de alteracións capilares con repercusión estética.

A coordinación de actividades complementarias das de perruquería, realizados en establecementos do ramo.

2.7. Posición no proceso productivo.

2.7.1. Contorno profesional e de traballo:

Esta figura exercerá a súa actividade profesional dentro do subsector de servicios persoais e, máis concretamente, na actividade de perruquería, desenvolvendo os procesos de prestación de servicios de perru

quería e de asesoramento e atención permanente á clientela en:

Salóns de perruquería.

Departamentos de perruquería de empresa dedicadas ó tratamento da imaxe persoal integral.

Departamentos de perruquería de canles de TV, teatros, etc.

Clínicas de tratamentos e transplantes capilares.

Equipos técnicos dependentes de laboratorios e marcas comerciais que desenvolven a súa actividade no ámbito da perruquería, como probadores, demostradores e vendedores.

Hospitais, centros xeriátricos e empresas de servicios fúnebres.

Clínicas de medicina estética.

Balnearios, hoteis, ximnasios, etc.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico:

Esta figura profesional localízase na área de perruquería e nas funcións de organización da prestación do servicio, marketing e vendas, así como na administración e organización da empresa.

Os seus coñecementos científicos e tecnolóxicos abranguen:

Atención permanente á clientela.

Elaboración e interpretación de documentación técnica.

Asesoramento á clientela.

Vixilancia e fomento das condicións de seguridade e hixiene no traballo.

Coordinación do equipo profesional.

Utilización dos equipos técnicos e productos necesarios para a prestación dos servicios e para o mantemento das instalacións e medios en óptimas condicións.

Execución técnica dos procesos de perruquería e aplicación de técnicas complementarias: manicura e pedicura, amaño e rasurado de barba e bigote.

Diagnóstico de alteracións capilares con repercusión estética, protocolización e aplicación dos tratamentos correspondentes.

Planificación comercial.

Colaboración co persoal facultativo.

Control da calidade no proceso de prestación do servicio e nos resultados obtidos.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes:

Con fins de orientación profesional enuméranse a continuación ocupacións e postos de traballo que poderían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título:

Esta figura profesional poderá formar parte dos equipos de:

Técnico colaborador con profesionais do ámbito sanitario en clínicas de tratamentos e transplantes capilares.

Equipos técnicos de demostración e/ou venda de productos materiais e aparellos de casas comerciais.

Asesorías de imaxe persoal como técnico-estilista.

Clínicas de medicina estética.

Balnearios e centros de tratamentos estéticos e saúde integral.

As ocupacións ou postos de traballo que poderá desempeñar son:

Dirección técnico-artística de salóns de perruquería.

Estilista.

Perruqueiro ou perruqueira.

Manicura.

Barbeiro ou barbeira.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo.

Analiza-las demandas e necesidades das persoas respecto á súa imaxe persoal, propoñendo solucións para o coidado e transformación estética do cabelo.

Analiza-los efectos que producen os distintos procesos de perruquería sobre o cabelo e sobre a imaxe das persoas.

Interpreta-la información técnica asociada ós aparellos e productos de uso en establecementos de perruquería.

Analizar e aplica-las medidas de seguridade e hixiene que é necesario manter na prestación de servicios de perruquería, para proporcionar un servicio de calidade e mellora-las condicións de realización do traballo, utilizando as medidas correctivas e de protección persoal adecuadas.

Analiza-los procesos de perruquería, identificando os requirimentos técnicos en canto a medios humanos e materiais co fin de optimiza-lo aproveitamento de recursos e a actividade empresarial.

Realizar destramente transformacións estéticas do cabelo, tratamentos das alteracións estéticas capilares, manicuras, pedicuras e traballos de amaño e rasurado de barba e bigote, utilizando adecuadamente os medios técnicos e os productos cosméticos e realizando as manobras oportunas para consegui-los resultados esperados.

Detecta-los indicios de patoloxía que fan necesaria a derivación da clientela a profesionais do ámbito sanitario.

Comprende-lo marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade de perruquería, identificando os dereitos e obrigas que derivan das relacións laborais, adquirindo a capacidade de segui-los procedementos establecidos e de actuar con eficacia nas anomalías que poidan presentarse neles.

Buscar, seleccionar e utilizar canles de información e formación relacionada co exercicio da profesión, que lle posibiliten o coñecemento e a inserción no sector da perruquería e a evolución e adaptación das

súas capacidades profesionais ós cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.

Dominar estratexias que lle permitan participar en procesos de comunicación coa clientela, provedores e outros profesionais.

Xerar documentación técnica imprescindible para o bo funcionamento do establecemento de perruquería, así como para a venda de productos e o adestramento do persoal ó seu cargo.

Actuar de forma responsable no centro de traballo e integrarse no sistema de relacións técnico-sociais da empresa.

Aplicar normas de deontoloxía e de bo facer profesional.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia.

3.2.1. Módulo profesional 1: dirección técnico-artística:

Asociado á unidade de competencia 1: asesora-la clientela sobre os posibles cambios na súa imaxe persoal mediante o coidado e a transformación estética do cabelo.

Capacidades terminais elementais:

Establecer criterios que permitan unha correcta recepción da clientela que demanda a prestación de servicios de perruquería.

Analiza-los requirimentos dunha boa imaxe persoal dos e das profesionais dos establecementos de perruquería, valorando a súa incidencia na imaxe empresarial.

Analiza-la imaxe das persoas relacionándoa coas súas posibles demandas, coas características físicas e persoais e coas tendencias da moda.

Establecer criterios para determina-la harmonía entre os cambios de cor e os distintos tons de pel e ollos.

Establecer criterios para determina-la harmonía entre os cambios de forma, o corte e o peiteado do cabelo e as características físicas das persoas.

Elaborar e argumentar propostas técnicas de coidados e transformacións estéticas no aspecto do cabelo, das unllas e da barba e bigote.

Analiza-los distintos procesos de perruquería, barbería e manicura relacionando as súas fases e operacións cos recursos técnicos e humanos que se necesitan para organiza-la prestación do servicio.

Identifica-los requirimentos técnicos necesarios para a prestación do servicio de perruquería, barbería e manicura segundo o proceso que se vai realizar.

Determina-los recursos humanos e materiais necesarios para a prestación do servicios de perruquería, barbería e manicura segundo o proceso que se vai realizar.

Avalia-la calidade do servicio prestado e propor medidas que permitan optimiza-los resultados.

Aplicar técnicas de venda de productos de uso frecuente en perruquerías.

Aplicar normas de deontoloxía e de bo facer profesional.

Contidos (duración 130 horas).

Contidos procedementais: a recepción da clientela.

Establecemento de normas para a correcta recepción e trato coa clientela.

Técnicas de atención á clientela.

Determinación do tipo de clientela segundo a personalidade, asistencia, idade e profesión.

Aplicación de técnicas de atención á clientela.

A morfoloxía do corpo humano e a súa relación co peiteado:

Análise da fisionomía das persoas e a súa relación co peiteado:

-O óvalo facial.

-As faccións.

-A forma do cranio e pescozo.

-As persoas segundo a súa morfoloxía.

-A cor da pel, ollos, cellas e, se é o caso, barba e bigote.

-O estilo xeral das persoas.

-Determinación da harmonía entre os distintos tipos de peiteados e a morfoloxía do corpo humano.

Características e condicións do cabelo:

Análise das características do cabelo e a súa relación cos distintos estilos de peiteados:

-Determinación da calidade e tipo de cabelo.

-Determinación e clasificación da cor natural e tinxida do cabelo.

-Determinación da porcentaxe de canas.

-Determinación das diferentes tonalidades entre as distintas zonas da cabeleira.

-Determinación dos remuíños, movementos do cabelo en torno á fronte e da implantación dos cabelos.

-Determinación da existencia dalgún tipo de alopecia ou alteración cromática e/ou estructural do cabelo.

-Determinación da lonxitude e flexibilidade.

Condicións do cabelo e a súa relación cos procesos de perruquería:

-Identificación dos procesos fisicoquímicos anteriormente sufridos.

-Determinación do grao de porosidade do cabelo.

Detección das demandas/necesidades da clientela:

-Aplicación de técnicas de observación, diálogo e entrevista:

-Elaboración e elección de cuestionarios.

-Detección das demandas/necesidades da clientela a través das técnicas de observación e entrevista.

-Determinación do modelo de ficha ou informe da clientela.

-Determinación dos datos que deben consignarse na ficha ou informe da clientela.

-Elaboración de documentación técnica e ficha ou informe da clientela.

-Determinación e aplicación das técnicas de arquivo e actualización da información.

Estilismo:

Análise dos estilos de corte.

Análise dos estilos de peiteados, cambios de forma e acabados.

Análise dos estilos de coloracións.

Análise dos estilos de recollidos.

Estilos innovadores e das tendencias da moda no peiteado.

Harmonía entre os distintos tipos de peiteados, o corte, a cor, a forma e a morfoloxía do rostro humano.

Asesoramento profesional:

Elaboración e argumentación de propostas de transformacións estéticas no aspecto do cabelo, unllas, barba e bigote, tendo en conta as características físicas da persoa e as súas necesidades/demandas.

Demostración e explicación á clientela dos efectos dos cambios propostos sobre a súa imaxe persoal.

Control de calidade nos servicios de perruquería:

Análise dos procesos de perruquería, barbería e manicura desde o punto de vista da calidade:

-Identificación dos aspectos que terán que ser recollidos na avaliación da calidade do servicio.

-Determinación das desviacións producidas no servicio prestado.

-Determinación das causas que deron lugar a deficiencias no servicio prestado.

Parámetros que definen a calidade dos procesos de perruquería, barbería e manicura:

-Identificación dos indicadores de calidade que permiten detecta-lo grao de satisfacción da clientela.

-Avaliación dos resultados obtidos respecto dos esperados.

Análise das medidas que permitan adecua-los resultados obtidos ós resultados esperados:

-Determinación das operacións técnicas que terán que realizarse.

A coordinación do equipo profesional e a dirección do salón:

Determinación e aplicación de normas de deontoloxía profesional.

Análise dos distintos procesos de perruquería, barbería e manicura, relacionando as súas fases e operacións cos recursos técnicos e humanos que se necesitan para a organización e prestación do servicio.

Postos de traballo que se poden desenvolver no salón e as súas xerarquías.

Determinación dos criterios para a elaboración de instruccións técnicas para outros e outras profesionais do equipo.

Identificación das variables esenciais que hai que ter en conta para a prestación do servicio, determinando os recursos humanos e técnicos necesarios.

Determinación de medidas para fomenta-la motivación do equipo e formación permanente das e dos profesionais.

Determinación de medidas para a colaboración con outros profesionais, establecendo pautas que permitan determinar cando é necesario remitir á consulta especializada.

Aplicación de técnicas de venda de productos de uso frecuente en perruquería.

Contidos conceptuais: a recepción da clientela.

Normas para a recepción da clientela:

-Medidas de hixiene e aseo persoal da e do profesional.

-O trato correcto e relación coa clientela.

Técnicas de atención á clientela:

-Tipos de clientela en función da personalidade, asistencia, idade e profesión.

-Fases de atención á clientela nos procesos de perruquería.

A atención á clientela con necesidades especiais.

A morfoloxía da corpo humano e a súa relación co peiteado:

-Morfoloxía do rostro, as súas faccións e as súas representacións gráficas:

-Óvalos da cara. Tipos de óvalo e correccións co cabelo.

-Estilos de faccións. Correccións co cabelo.

-A fronte. Tipos e correccións co cabelo.

-O perfil. Tipos e correccións co cabelo.

Morfoloxía do cranio e pescozo e as súas representacións gráficas:

-Formas do cranio. Tipos e correccións co cabelo.

-O pescozo. Tipos e correccións co cabelo.

Tipoloxía da persoas segundo a súa morfoloxía.

Silueta feminina e masculina e a súa relación co peiteado.

Características e condicións do cabelo:

Tipos de cabelo.

Características e condicións de cabelo:

-Distribución.

-Calidade.

-Cor. Escala de cores.

-Lonxitude e flexibilidade.

-Clases de cabelo.

Pautas para a súa determinación.

A detección das necesidades e demandas da clientela e recollida de información:

Técnicas de entrevista aplicadas ó estudio das demandas e necesidades da clientela:

-Observación.

-Entrevista.

Ficha técnica ou informe. Datos que deben consignarse.

Confidencialidade e custodia da información contida na ficha técnica ou informe.

Arquivo da documentación e actualización da información.

Estilismo:

Estilos de corte.

Estilos de peiteados e acabados.

Estilos de coloracións.

Estilos de recollidos.

Estilos de ondulacións.

Estilos innovadores. Tendencias da moda no peiteado.

Harmonía entre os distintos tipos de peiteados, a cor, o corte, a forma e a morfoloxía do corpo humano.

Asesoramento profesional:

Pautas para a elaboración de propostas de cambios estéticos no amaño do cabelo, unllas, barba e bigote.

Criterios para selecciona-las liñas de argumentación para a presentación de propostas de cambios no aspecto do cabelo, unllas, barba e bigote.

Control de calidade dos servicios de perruquería:

Factores de calidade dos procesos de perruquería.

Parámetros para medi-la calidade do servicio prestado.

Grao de satisfacción da clientela.

Resultados obtidos e a súa avaliación.

A seguridade e hixiene como factor determinante na calidade dos servicios de perruquería.

A coordinación dos equipos profesionais e a dirección do salón:

Normas de deontoloxía profesional.

Servicios que poden prestarse no salón de perruquería.

Postos de traballo tipo dun salón de perruquería e as súas xerarquías.

Os procesos de perruquería e os seus tipos.

A motivación do equipo.

A formación permanente das e dos profesionais.

O fluxo da información. Colaboración con outros e outras profesionais.

Técnicas de venda.

Contidos actitudinais: a recepción da clientela.

Amabilidade e corrección no trato coa clientela.

Actitude positiva que facilite a comunicación e potencie a boa imaxe da e do profesional e o salón de perruquería.

A morfoloxía do corpo humano e a súa relación co peiteado:

Adquisición de hábitos de observación e análise na determinación das características físicas da persoa.

Discreción na observación das desproporcións ou discordancias estéticas que se poidan presentar na análise.

Actitude positiva e respecto ante as demandas das diferentes formas da imaxe que non respondan a canons establecidos.

Características e condicións do cabelo:

Responsabilidade e rigor na avaliación das condicións e características do cabelo.

A detección das necesidades e demandas da clientela:

Actitude positiva ante as observacións e manifestacións da clientela.

Discreción e tacto na elaboración e custodia da ficha ou informe técnico.

Estilismo:

Predisposición e interese polo estudio de novas tendencias e estilos.

Espírito crítico na análise das tendencias da moda e a súa adecuación ós estilos das persoas.

Asesoramento profesional:

Espírito crítico na elaboración de propostas de cambios no aspecto do cabelo, unllas, barba e bigote.

Valoración da importancia da precisión na linguaxe e na transmisión de información á hora de asesora-la clientela sobre as propostas de cambios.

Control de calidade dos servicios de perruquería:

Responsabilidade e rigor na avaliación da calidade dos servicios prestados.

Espírito crítico para detecta-las desviacións producidas respecto dos resultados previstos.

Iniciativa para propor medidas que permitan axeita-los resultados obtidos ós resultados esperados.

Recoñecemento da importancia da seguridade e hixiene na calidade do servicio prestado.

A coordinación do equipo profesional e a dirección do salón:

Recoñecemento da importancia do seguimento das pautas e normas de deontoloxía profesional para a prestación dun servicio de calidade.

Predisposición para distribuí-lo traballo segundo os recursos e medios técnicos.

Colaboración e cooperación entre os profesionais do equipo.

Interese pola formación permanente propia e do equipo profesional.

Actitude crítica e responsabilidade para determinar en que momento é necesario remiti-la clientela á consulta especializada.

3.2.2. Módulo profesional 2: tratamentos capilares:

Asociado á unidade de competencia 2: realizar tratamentos estéticos das alteracións capilares e aplicar técnicas de hixiene capilar.

Capacidades terminais elementais:

Analizar e describi-las técnicas de diagnóstico estético de alteracións capilares para avalia-las condicións do cabelo e coiro cabeludo.

Realizar destramente as técnicas de observación e diagnóstico estético capilar, rexistrando na ficha técnica os datos obtidos.

Analiza-las características, causas, síntomas e evolución das alteracións estéticas capilares máis frecuentes.

Determina-las características fisiolóxicas e/ou signos que poidan ser indicio de patoloxía.

Identifica-las alteracións estéticas capilares, discriminando as alteracións que poidan ser indicio de patoloxía para a súa remisión á consulta médica.

Analizar e estudia-los tratamentos estéticos específicos (medios técnicos, operacións e productos) para as alteracións estéticas capilares máis frecuentes.

Relaciona-las alteracións estéticas do cabelo e coiro cabeludo cos tratamentos que están indicados.

Defini-los procesos necesarios para a aplicación de tratamentos estéticos capilares necesarios, establecendo o protocolo de tratamento axeitado a cada caso tendo en conta as demandas da clientela.

Realizar tratamentos estéticos capilares, en condicións de seguridade e hixiene, operando destramente cos medios técnicos, manobras e productos necesarios.

Avalia-los procesos de aplicación de tratamentos estéticos capilares e os resultados obtidos relacionándoos cos resultados esperados para propor, en caso necesario, as modificacións que terán que realizarse no proceso para adecua-los resultados ó previsto e optimiza-los resultados.

Contidos (duración 110 horas).

Contidos procedementais: a análise do cabelo e coiro cabeludo: análise dos medios técnicos necesarios para o diagnóstico de alteracións estéticas do cabelo e coiro cabeludo: lupa, microvisor, microscopio, etc.

Execución técnica de diagnóstico das distintas alteracións estéticas do cabelo e coiro cabeludo.

-Preparación e protección do ou da profesional e da clientela, adoptando a posición anatómica axeitada.

-Realización de técnicas de observación do cabelo e coiro cabeludo:

-Observación visual directa do cabelo e coiro cabeludo.

-Observación con lupa, microvisor, microscopio óptico, etc.

-Realización doutras probas de diagnóstico: arrincamento, belisco, vitropresión, liposcopía...

-Realización de tricogramas.

-Identificación de signos e síntomas que poidan ser indicio de patoloxía.

-Formulación de preguntas tipo necesarias para o diagnóstico, e confección da ficha técnica, anotando os resultados da observación e análise capilar.

-Manexo de documentación técnica relacionada cos tratamentos estéticos capilares.

-Seguimento das indicacións do persoal facultativo, se as houbera, e elaboración de informes.

Alteracións do cabelo e coiro cabeludo con repercusión estética:

Alteracións do cabelo máis frecuentes con repercusión estética:

-Observación e análise do aspecto macroscópico e microscópico de alteracións estructurais do talo piloso. Análise dos posibles tratamentos.

-Observación e análise das alteracións producidas por coloracións ou decoloración conxénitas ou adquiridas. Análise dos posibles tratamentos.

-Observación e análise de alteracións na cantidade do cabelo: clasificación dos tipos de alopecia. Análise de signos/síntomas que indiquen alteración patolóxica. Análise dos posibles tratamentos estéticos.

-Redacción de informes e ficha técnica.

Alteracións do coiro cabeludo máis frecuentes con repercusión estética:

-Análise e identificación de signos/síntomas de seborrea segundo o aspecto do cabelo e coiro cabeludo, signos asociados e posibles causas. Análise dos posibles tratamentos estéticos e/ou coidados cosmetolóxicos.

-Análise e identificación de signos e síntomas de alteracións escamativas: pitiríase, descamacións, etc. Análise das causas e posibles tratamentos estéticos.

-Análise e identificación de signos de tiña para a súa remisión á consulta médica.

-Análise e identificación de signos de pediculose. Análise das recomendacións hixiénicas, prevención e tratamento cosmetolóxico.

Tratamentos específicos para as alteracións estéticas capilares:

Análise do protocolo de tratamentos e dos elementos dos que debe constar.

Elaboración de protocolos de tratamentos segundo a alteración estética que se vai tratar relacionándoos coas demandas/necesidades da clientela.

Análise dos medios técnicos e manobras para os procesos de tratamentos estéticos capilares.

Análise das manobras de masaxe capilar, as súas fases, os seus efectos, indicación e contraindicacións.

Análise da cosmetoloxía específica para as alteracións estéticas capilares. Determinación dos criterios de selección e pautas para a súa utilización.

Selección e utilización dos distintos medios técnicos necesarios para os procesos de tratamentos capilares:

-Aparellos vibradores.

-Aparellos xeradores de correntes de alta frecuencia.

-Aparellos xeradores de radiacións.

-Aparellos vaporizadores.

-Aparellos de emisión de láser.

Outros aparellos auxiliares.

Selección e aplicación dos productos cosméticos necesarios para os tratamentos estéticos capilares.

Preparación e protección da clientela e do ou da profesional, adoptando a posición anatómica axeitada para a aplicación de tratamentos estéticos capilares.

Execución técnica de tratamentos combinados con aparellos, cosmetoloxía e masaxe.

Seguimento e avaliación de resultados.

Medidas xerais e recomendacións á clientela para o coidado do cabelo e coiro cabeludo.

Seguridade e hixiene nos procesos de tratamentos estéticos capilares:

Aplicación das medidas de seguridade e hixiene nos procesos de tratamentos capilares.

Comprobación do cumprimento das condicións de seguridade e hixiene na execución de tratamentos estéticos capilares en canto a:

-Clientela ou persoa obxecto do tratamento estético capilar.

-Productos e medios técnicos.

-Utilización de equipos e aparellos.

Control de calidade nos procesos de tratamentos estéticos capilares:

Análise dos parámetros que definen a calidade nos procesos de hixiene capilar.

Avaliación dos procesos de diagnóstico estético capilar utilizados.

Análise e avaliación do protocolo de tratamento establecido.

Observación do cumprimento das normas de seguridade e hixiene.

Avaliación do proceso de aplicación do tratamento estético capilar.

Identificación dos aspectos que terán que ser recollidos na avaliación da calidade do servicio e determinación das desviacións producidas, para propor medidas correctoras en caso necesario.

Contidos conceptuais: a análise do cabelo e coiro cabeludo.

Fundamento científico dos métodos de diagnóstico das alteracións estéticas do cabelo e coiro cabeludo:

-Visual directa.

-Lupa.

-Microvisor.

-Microscopio óptico.

Principio do tricograma.

Fundamento doutras probas de diagnóstico capilar:

-Arrincamento.

-Beliscos.

-Vitropresión.

-Liposcopía.

Outras técnicas tricolóxicas.

A ficha técnica:

-Modelo de ficha.

-Datos que deben consignarse.

Derivación de clientela cara a outro persoal facultativo.

Alteracións do cabelo e coiro cabeludo con repercusión estética:

Alteracións do cabelo con repercusión estética:

-Alteracións do talo piloso:

-Defectos estructurais con ou sen fraxilidade aumentada.

-Outras anomalías do talo.

-Tratamento preventivo, cosmetolóxico e mediante aparatoloxía.

-Alteracións cromáticas do sistema piloso:

-Coloracións e decoloración de orixe conxénita e adquirida.

-Tratamentos cosmetolóxicos e mediante aparellos.

-Alteracións na cantidade de cabelo:

-Alopecias. Clasificación en función da orixe e distribución. Alopecia androxenética.

-Criterios para determinar que signos e síntomas de alteracións nos indican que deben ser remitidas á consulta médica.

-Posibles tratamentos estéticos capilares que se poidan realizar no salón de perruquería.

Alteracións do coiro cabeludo con repercusión estética:

-Seborrea. Concepto. Tipos. Factores que determinan a súa aparición. Posibles coidados cosmetolóxicos.

-Estados escamativos:

-Pitiríase. Concepto. Tipos.

-Deshidratación do coiro cabeludo. Signos. Causas.

-Outros estados escamativos. Signos que permitan o diagnóstico diferencial e a súa remisión á consulta médica.

-Diagnóstico diferencial de estados escamativos que poden ser tratados por profesionais da perruquería.

-Infeccións e infestacións:

-Micoses e tiñas.

-Pediculoses.

-Criterios que permitan identificar signos e síntomas destas alteracións.

-Medidas dietéticas, hixiénicas e cosmetolóxicas para a prevencións destas alteracións.

Outras enfermidades frecuentes do cabelo e coiro cabeludo.

Tratamentos específicos para as alteracións estéticas capilares:

O protocolo de tratamento. Elementos de que debe constar. Seguimento e avaliación de resultados.

Cosmética específica para o tratamento de alteracións estéticas capilares:

-Productos para o coidado e tratamento de cabelo e coiro cabeludo graxento.

-Productos para estados escamativos.

-Productos para previ-la caída do cabelo.

-Productos antiparasitarios.

-Bases para a formulación destes productos. Principios activos utilizados.

Aparellos con aplicación en tratamentos estéticos capilares. Fundamento científico, efectos, indicacións e contraindicacións de:

-Aparellos vibradores.

-Aparellos xeradores de correntes de alta frecuencia (alta frecuencia e diatermia capacitiva).

-Aparellos xeradores de radiacións infravermellas e ultravioletas.

-Laserterapia.

-Vaporizacións e ozonoterapia.

-Outros aparellos auxiliares.

Pautas para a súa correcta utilización.

A masaxe do coiro cabeludo. Manobras, fases, efectos, indicacións e contraindicacións.

Tratamentos combinados. Aparellos, cosmetoloxía e masaxe.

Asesoramento e información á clientela.

Seguridade e hixiene nos procesos de tratamentos estéticos capilares:

Normativa legal vixente en canto a instalación e medios técnicos.

Medidas de protección dos profesionais:

-Hixiene.

-Indumentaria.

-Posicións anatómicas aconsellables para o traballo.

Medidas de protección da clientela sometida a procesos de tratamentos estéticos capilares:

-Indumentaria.

-Posición anatómica.

Control de calidade nos procesos de tratamentos estéticos capilares:

Control de calidade nos tratamentos estéticos capilares. Factores de calidade.

Parámetros que definen a calidade nos tratamentos estéticos capilares:

-Grao de satisfacción da clientela.

-Valoración dos resultados obtidos.

A seguridade e hixiene como factor determinante na calidade dos tratamentos estéticos capilares.

Contidos actitudinais: a análise do cabelo e coiro cabeludo.

Recoñecemento da importancia de manter unhas normas e uns criterios de seguridade e hixiene nos procesos de análise e diagnóstico capilares, en canto a medios técnicos e productos.

Valoración da importancia de recadar datos para a interpretación de signos e síntomas de alteracións estéticas capilares, así como indicios de alteracións patolóxicas que deben ser remitidas a unha consulta médica.

Aceptación da importancia da precisión na linguaxe e na transmisión da información, tanto na elaboración de informes como na comunicación coa clientela.

Sensibilización á hora de aplicar regras de discreción, dignidade, tacto e prudencia na actuación e enunciado de preguntas necesarias para o diagnóstico de alteracións estéticas capilares.

Preocupación por evitar nos procesos de diagnóstico e tratamento de alteracións estéticas capilares o intrusismo profesional.

Alteracións do cabelo e coiro cabeludo con repercusión estética:

Valoración da importancia da correcta interpretación de signos e síntomas de alteracións capilares que poidan constituír patoloxías ou ser indicio delas, para a súa remisión á consulta médica.

Interese por coñece-los hábitos de vida saudable que repercutan nas condicións do cabelo e coiro cabeludo, así como as medidas de prevención das alteracións estéticas capilares.

Predisposición e interese por recadar información e dedicar esforzo persoal e iniciativa na actividade de formación. Uso crítico das fontes de información.

Responsabilidade de manter actualizados os coñecementos necesarios para o diagnóstico de alteracións estéticas capilares.

Tratamentos específicos para as alteracións estéticas capilares:

Responsabilidade e dilixencia na aplicación de tratamentos estéticos capilares.

Respecto polas normas de seguridade e hixiene na execución dos tratamentos estéticos capilares.

Valoración do equilibrio entre os aspectos técnicos, funcionais e estéticos. Interese por recadar información sobre as posibles interaccións entre os tratamento dermatolóxico e/ou medicamentoso e os productos cosméticos seleccionados para realiza-lo tratamento estético capilar.

Seguridade e hixiene nos procesos de tratamentos estéticos capilares:

Aceptación e respecto das normas e criterios de seguridade e hixiene establecidos para o uso e control de materiais, productos e medios técnicos.

Responsabilidade ante as precaucións que se deben tomar cando se utilizan productos químicos e se manexan medios técnicos de diagnóstico e tratamento capilar.

Valoración da orde e limpeza no traballo e conservación e coidado do material.

Control de calidade nos procesos de tratamentos estéticos capilares:

Predisposición e interese na aplicación de medidas para avalia-lo o grao de satisfacción da clientela.

Espírito crítico na avaliación dos resultados obtidos.

Responsabilidade na valoración da efectividade dun tratamento estético capilar, atendéndose a ética profesional.

Valoración do traballo e equipo e colaboración con outro persoal especializado que permita contrasta-los resultados obtidos.

3.2.3. Módulo profesional 3: hixiene, desinfección e esterilización aplicadas á perruquería:

Asociado á unidade de competencia 2: realizar tratamentos estéticos das alteracións capilares e aplicar técnicas de hixiene capilar.

Capacidades terminais elementais:

Establecer criterios tipo para aplica-las regras xerais de hixiene en establecementos dedicados a perruquería e tratamentos de beleza, en canto a locais, mobiliarios, lencería, clientela, profesionais, equipos e materiais de uso frecuente nos devanditos establecementos.

Analiza-los procesos e procedementos de limpeza, desinfección, desinfectación e/ou esterilización de utensilios, accesorios e aparellos de uso común en establecementos de perruquería.

Describir e selecciona-las técnicas de limpeza, desinfección, desinfectación e esterilización necesarias para os procesos de perruquería.

Clasificar e determinar que material debe ser desinfectado e cal esterilizado como paso previo á realización dos procesos de perruquería.

Selecciona-los medios técnicos e os métodos de limpeza, desinfección, desinfectación e/ou esterilización, realizando os cálculos e operacións fisicoquímicas necesarias para a preparación de productos.

Executar destramente, e en condicións de seguridade e hixiene, as técnicas de limpeza, desinfección, desinfectación e/ou esterilización, aplicadas ó material de uso en establecementos de perruquería.

Avalia-los procesos e resultados da limpeza, desinfección, desinfectación e/ou esterilización para propor, en caso necesario, medidas correctoras das desviacións producidas respecto dos resultados previstos.

Analiza-los métodos de hixiene e determinar técnicas de limpeza para manter en óptimas condicións o cabelo e coiro cabeludo en función das súas características e da súa influencia noutros servicios de perruquería, razoando os efectos que producen os productos.

Analiza-lo proceso de limpeza do cabelo e coiro cabeludo para determina-los requirimentos técnicos en cada fase.

Aplicar destramente, e en condicións de seguridade e hixiene, as técnicas de hixiene capilar axeitadas, en función das características e condicións do cabelo e coiro cabeludo.

Avalia-los procesos e resultados da limpeza do cabelo e coiro cabeludo para propor, en caso necesario, as medidas pertinentes para optimiza-la prestación do servicio e os resultados obtidos.

Contidos (duración 55 horas).

Contidos procedementais: desinfección, esterilización, antisepsia e limpeza.

Análise dos métodos de limpeza, desinfección, desinfectación, e/ou esterilización aplicados ás instalacións e equipos utilizados no procesos de perruquería.

Selección do método de limpeza, desinfección, desinfectación, e/ou esterilización, segundo o tipo de contaminantes e en función das características do material.

Realización e aplicación das distintas técnicas de limpeza, desinfección, desinfectación e/ou esterilización aplicadas ás instalacións e equipos de uso nos procesos de perruquería, en condicións de seguridade e hixiene.

Hixiene capilar:

Análise das condicións do cabelo e coiro cabeludo.

Determinación do método de limpeza axeitado ó tipo e ás condicións do cabelo e coiro cabeludo.

Aplicación das técnicas de hixiene capilar.

Seguridade e hixiene:

Aplicación dos distintos métodos de protección do profesional e da clientela e posterior acomodación na posición axeitada.

Análise e comprobación do cumprimento das normas hixiénico-sanitarias para os establecementos de perruquería.

Cosmética específica para a hixiene capilar e acondicionamento do cabelo e coiro cabeludo:

Descrición das características dos cosméticos de hixiene usados en perruquería.

Seleccións dos cosméticos necesarios para a hixiene capilar en función do tipo e condicións do cabelo e coiro cabeludo.

Manipulación e aplicación de cosméticos para a hixiene capilar, en condicións de seguridade e hixiene.

Control de calidade dos procesos de desinfección, esterilización, antisepsia, limpeza e hixiene capilar:

Análise da calidade do proceso de limpeza, desinfección e/ou esterilización aplicadas ás instalacións e equipos nos procesos de perruquería.

Análise da calidade do proceso de hixiene capilar:

-Avaliación dos equipamentos e productos.

-Avaliación da calidade do persoal: habilidades, destrezas, actitudes.

-Avaliación da calidade do servicio.

Aplicación de técnicas para detecta-lo grao de satisfacción da clientela.

Contidos conceptuais: desinfección, esterilización, antisepsia e limpeza.

Elementos que compoñen a sucidade e/ou contaminantes biolóxicos máis frecuentes do material utilizados nos procesos de perruquería.

Limpeza:

-Concepto.

-Métodos de limpeza: por abrasión, absorción, disolución, deterxencia.

-Efectos e mecanismo de acción. Vantaxes e inconvenientes de cada método.

Desinfección e desinfectación:

-Concepto.

-Métodos. Por axentes físicos e por axentes químicos.

-Efectos e mecanismo de acción. Vantaxes e inconvenientes de cada método.

Asepsia:

-Concepto.

-Tipos de antisépticos.

Esterilización:

-Concepto.

-Métodos. Por axentes físicos e por axentes químicos.

-Efectos e mecanismo de acción. Vantaxes e inconvenientes de cada método.

Hixiene capilar:

Concepto de hixiene capilar.

Composición da sucidade no cabelo.

Técnicas para a análise do cabelo e coiro cabeludo.

Métodos de limpeza con aplicación en hixiene capilar.

Técnicas de hixiene capilar. Fases, aplicación e medios técnicos.

Masaxe capilar. Manobras, fases, efectos, indicacións e contraindicacións.

Seguridade de hixiene:

Protección persoal do profesional e da clientela. Ergonomía.

Normas sobre as condicións hixiénico-sanitarias nos establecementos de perruquería.

Cosmética específica para a hixiene capilar e acondicionamento do cabelo e coiro cabeludo:

Cosméticos específicos para a hixiene capilar e acondicionamento do cabelo e coiro cabeludo. Composición, indicacións e contraindicacións.

Criterios para a selección e pautas para a súa correcta manipulación, aplicación e conservación.

Control de calidade dos procesos de desinfección, esterilización, antisepsia, limpeza e hixiene capilar:

Parámetros que definen a calidade dos procesos de desinfección, esterilización, limpeza e hixiene capilar.

Técnicas para detecta-lo grao de satisfacción da clientela.

Contidos actitudinais: desinfección, esterilización, antisepsia e limpeza.

Predisposición para organizar e planifica-lo proceso de limpeza, desinfección, desinfectación e/ou esterilización, respectando as normas de seguridade e hixiene.

Hixiene capilar:

Valoración da importancia dunha correcta hixiene capilar como paso previo a outras operacións técnicas posteriores e como práctica de saúde.

Seguridade e hixiene:

Valoración dos procedementos de prevención e protección que contribúen á seguridade e hixiene na execución dos procesos de hixiene en perruquería.

Recoñecemento da importancia da hixiene persoal.

Valoración da importancia da hixiene nun traballo de calidade.

Cosmética específica para a hixiene capilar e acondicionamento do cabelo e coiro cabeludo:

Responsabilidade e rigor na selección de cosméticos para a hixiene capilar, analizando de vagar as indicacións e contraindicacións do seu uso.

Control de calidade nos procesos de desinfección, esterilización, antisepsia, limpeza e hixiene capilar:

Recoñecemento da importancia da prestación dun servicio de calidade.

Espírito crítico para avalia-la calidade do servicio prestado.

Autovaloración na prestación do servicios de hixiene capilar. Habilidades, destrezas e actitude coa clientela.

3.2.4. Módulo profesional 4: cambios de cor no cabelo:

Asociado á unidade de competencia 3: Cambiar total ou parcialmente a cor do cabelo.

Capacidades terminais elementais:

Analiza-los efectos que producen sobre o cabelo os distintos métodos e técnicas utilizadas para cambia-la súa cor.

Analiza-las características e condicións do cabelo relacionándoas coas posibles demandas/necesidades de coloración ou decoloración capilar.

Analiza-los procesos para cambia-la cor do cabelo, relacionándoos coas características e condicións do cabelo e cos resultados pretendidos (duración, ton, matiz, proporción e distribución dos cabelos que se van colorear).

Analizar e describi-las técnicas e os requirimentos para a execución de cambios de cor, segundo as características e condicións do cabelo e coiro cabeludo e cos resultados pretendidos.

Clasifica-los productos colorantes capilares necesarios para os cambios de cor no cabelo en función da súa natureza, da duración do resultado da súa aplicación e da súa composición xeral.

Determina-lo tipo de producto que se vai utilizar en función da súa natureza e defini-las proporcións de productos que se deben mesturar, realizando dilucións de auga osixenada para rebaixa-lo seu poder oxidante, se cumprise.

Selecciona-la técnica de aplicación en función da proporción e distribución da cabeleira á que se lle vai modifica-la cor.

Executar destramente as operacións técnicas necesarias para cambia-la cor do cabelo, establecendo e aplicando as medidas de seguridade e hixiene axeitadas.

Avalia-lo proceso e os resultados obtidos de cambio de cor no cabelo, propoñendo as modificacións que deben realizarse para adecua-los resultados ó previsto.

Contidos (duración 180 horas).

Contidos procedementais: a cor natural do cabelo e a súa evolución ó longo da vida.

Análise da coloración natural do cabelo e a súa evolución ó longo da vida.

Clasificación na escala de cores e matices habitual, o ton natural e/ou tinguido e os reflexos do cabelo da persoa, estimando a porcentaxe de canas.

Análise da influencia das alteracións cromáticas do cabelo nos procesos de cambios de cor.

A teoría da cor e a súa influencia nos procesos de cambio de coloración capilar:

Observación de mesturas de cor logo da aplicación dos principios e leis da teoría da cor.

Cosmética específica para os cambios de coloración capilar:

Tipos de tinturas cosméticas, a súa orixe e efectos e cálculo das proporcións.

Determinación dos criterios de selección e pautas para a súa correcta manipulación, aplicación e conservación.

Análise dos cosméticos necesarios para a pre e poscoloración.

O proceso de cambio de coloración no cabelo. Seguridade e hixiene:

Aplicación de técnicas de observación e diálogo para detecta-las necesidades e posibles demandas da clientela.

Características e condicións do coiro cabeludo: grosor, lonxitude, procesos sufridos, porcentaxe de canas, resistencia, etc.

Identificación e determinación dos distintos tons existentes nas distintas zonas da cabeleira e do ton que se pretende conseguir.

Análise das distintas técnicas de cambios de cor: decoloración e coloración.

Determinación da técnica de cambio de cor do cabelo e pautas para a súa aplicación.

Selección de medios técnicos e productos en función da técnica seleccionada.

Realización destra das operacións técnicas necesarias para a protección da clientela e do profesional.

Preparación e manipulación dos productos necesarios para os cambios de cor en condicións de seguridade e hixiene: interpretación da documentación técnica e indicacións, cálculo das proporcións e cantidades, realización de disolucións de auga osixenada e realización de mesturas.

Realización de operacións previas á coloración tendo en conta sempre os materiais e productos e a preparación do cabelo: decoloración, pigmentado, mordentado, decapado.

Realización, no tempo e forma adecuada, da proba de sensibilidade ós productos colorantes, valorando os resultados obtidos.

Execución da técnica do proceso de coloración e decoloración, tendo en conta materiais, productos e preparación do cabelo, aplicando distintas técnicas.

Observación e comprobación do tempo de exposición dos productos no proceso de coloración e de decoloración capilar modificando os tempos de exposición sempre que sexa necesario.

Asesoramento á clientela sobre coidados posteriores ós cambios de cor.

Control de calidade dos procesos de cambio de cor capilar:

Avaliación dos resultados obtidos nos cambios de cor do cabelo, propondo medidas correctoras, se fosen necesarias.

Contidos conceptuais: a cor natural do cabelo e a súa evolución ó longo da vida.

A cor natural do cabelo e a súa evolución ó longo da vida.

-Pigmentos naturais.

-Evolución da cor natural do cabelo nas distintas etapas da vida. Calvicie.

-Influencia das alteracións cromáticas do cabelo nos procesos de cambios de cor.

A teoría da cor e a súa influencia nos procesos de cambio de coloración capilar:

A teoría da cor e a súa influencia nos procesos de cambio de coloración capilar.

Principios e leis da teoría da cor.

Harmonía de cores.

Escala de cores.

Matiz e reflexo.

Cosmética específica para os cambios de coloración capilar:

Tipos de tinturas: vexetais, metálicas, vexeto-metálicas, orgánico-sintéticos. A súa orixe e efectos.

Cosméticos protectores utilizados no proceso de cambio de coloración capilar.

Cosméticos para a pre e poscoloración.

Criterios de selección e pautas para a súa correcta manipulación, aplicación e conservación.

O proceso de cambio de coloración no cabelo. Seguridade e hixiene:

Fase do proceso de cambio de coloración no cabelo.

Medidas de protección persoal do e da profesional e da clientela.

Proba de sensibilidade.

Cambios de coloración total: técnicas e efectos.

Cambios de coloración parcial: técnicas e efectos.

Operacións previas á coloración: pigmentación, mordentado, decapado e decoloración.

Cambios permanentes, semipermanentes e temporais na cor do cabelo.

Pautas para o asesoramento á clientela.

Control de calidade dos procesos de cambio de cor capilar:

Control de calidade dos procesos de cambio de coloración capilar.

Parámetros que definen a calidade dos procesos de cambio de coloración capilar.

Contidos actitudinais: a cor natural do cabelo e a súa evolución ó longo da vida.

Valoración da importancia das alteracións cromáticas e a súa influencia nos cambios de cor do cabelo.

Interese por asistir a actividades relacionadas coa profesión.

A teoría da cor e a súa influencia nos procesos de cambio de coloración capilar:

Interese polos cambios introducidos pola moda nos cambios de cor no cabelo.

Recoñecemento da importancia da aplicación da teoría da cor nos cambios de coloración capilar.

Cosmética específica para os cambios de coloración capilar:

Seguimento das instruccións recibidas para a preparación de productos cosméticos.

O proceso de cambio de coloración no cabelo. Seguridade e hixiene:

Capacidade para organizar e planifica-lo proceso de cambios de cor no cabelo, respectando as normas de seguridade e hixiene.

Responsabilidade e esforzo no traballo que se vai realizar.

Control de calidade dos procesos de cambio de cor capilar:

Iniciativa e confianza na toma de decisións e na resolución de problemas.

3.2.5. Módulo profesional 5: corte do cabelo e técnicas complementarias:

Asociado á unidade de competencia 4: corta-lo cabelo en función do estilo seleccionado e aplicar técnicas de amaño e rasurado de barba e bigote.

Capacidades terminais elementais:

Analiza-las características do cabelo e a fisionomía das persoas relacionadas coas posibles demandas e coas tendencias da moda para determina-lo estilo de corte e amaño de barba e bigote máis adecuados.

Analiza-lo proceso de corte do cabelo e amaño e rasurado de barba e bigote e as fases que o compoñen.

Amosa-las últimas tendencias da moda en estilos de corte de cabelo e determina-la técnica apropiada segundo o estilo de fisionomía da persoa.

Selecciona-lo tipo de corte de cabelo avaliando as características en canto ó seu grosor, tipo, lonxitude e implantación.

Determina-la técnica apropiada ó tipo de corte de cabelo seleccionando material cortante, aparellos e productos cosméticos auxiliares necesarios segundo a súa utilización e características.

Determinar, seleccionar e aplica-las técnicas de limpeza, desinfección e esterilización dos instrumentos de corte e outro material auxiliar nos procesos de corte de cabelo e amaño e rasurado de barba e bigote.

Realiza-la preparación e protección do profesional e da clientela e determina-la posición anatómica adecuada.

Executar destramente, en condicións de seguridade e hixiene adecuadas ás técnicas de cambio de lonxitude do cabelo.

Amosarlle ó usuario, unha vez finalizado o proceso de corte de cabelo, as manipulacións e forma de secado do cabelo para sacarlle o maior partido.

Analiza-lo tipo de pel da barba e bigote para selecciona-la técnica, os medios técnicos e os productos cosméticos necesarios para amañalos.

Executa-lo amaño de barba e bigote tendo en conta o tipo de pel e implantación do cabelo e en función das características e fisionomía do rostro.

Resolve-los posibles accidentes e reaccións de sensibilidade, no caso de amaño de barba e bigote, aplicando os primeiros auxilios no salón de perruquería.

Asesora-lo usuario sobre os cosméticos auxiliares adecuados para antes e despois do afeitado.

Avalia-lo resultado final do proceso de corte de cabelo e amaño de barba e bigote e propor no caso necesario os cambios para optimiza-los resultados acadados.

Contidos (duración 180 horas).

Contidos procedementais: os estilos de corte de cabelo e a súa execución técnica.

Aplicación de técnicas de observación e diálogo para detecta-las necesidades e posibles demandas da clientela.

Análise dos diferentes estilos de corte relacionándoos coa fisionomía e o seu efecto sobre a imaxe persoal.

Aplicación de medidas de protección da clientela e do e da profesional, adoptando a posición anatómica axeitada.

Selección dos útiles cortantes en función do tipo de cabelo e estilo que se vai realizar.

Utilización dos utensilios cortantes segundo a técnica seleccionada.

Realización das diferentes técnicas de estilos de corte.

As técnicas de corte complementarias: rasurado e amaño da barba e do bigote:

Características anatómicas da persoa, da morfoloxía do seu rostro e a dirección e implantación do cabelo da barba e do bigote para determina-lo estilo máis apropiado tendo en conta as súas demandas.

Aplicación de medidas de protección da clientela e do e da profesional, adoptando a posición anatómica axeitada.

Selección e aplicación das técnicas de rasurado e amaño da barba e bigote.

Análise do tipo de pel e selección dos cosméticos que se van aplicar.

Aplicación das técnicas de masaxe facial.

Efectos do rasurado na pel, analizando a súa emulsión epicutánea e a súa posible irritabilidade.

Cosmética específica para o amaño e rasurado de barba e bigote:

Descrición e selección dos cosméticos para barba e bigote segundo o tipo de pel e as súas características.

Manipulación e aplicación dos cosméticos aplicables ós procesos de amaño de barba e bigote.

Seguridade e hixiene nos procesos de corte de cabelo e amaño de barba e bigote:

Aplicación de técnicas de limpeza, desinfección e/ou esterilización de materiais usados nos procesos de corte de cabelo e técnicas complementarias.

Utilización de materiais dun só uso cando sexa preciso.

Comprobación das medidas de protección persoal e da clientela.

Análise e comprobación do cumprimento das normas hixiénico-sanitarias para os establecementos de perruquería.

Control de calidade dos procesos de corte de cabelo e amaño e rasurado de barba e bigote:

Análise dos procedementos que determinan a calidade dos procesos de corte de cabelo, barba e bigote.

Avaliación das técnicas empregadas para detecta-lo grao de satisfacción da clientela e dos resultados obtidos, para propoñer medidas que optimicen os resultados.

Contidos conceptuais: os estilos de corte de cabelo e a súa execución técnica.

Estilos de corte:

-En función das características do cabelo: grosor, tipo, lonxitude e implantación de remuíños.

-En función da fisionomía e demandas da clientela.

Utensilios cortantes segundo a técnica seleccionada. Pautas para a súa utilización.

Técnicas de corte de cabelo para a execución dos diferentes estilos:

-Pautas para a selección do material de corte segundo a técnica elixida.

-Pautas para a execución da técnica de corte de cabelo.

As técnicas de corte complementarias: rasurado e amaño da barba e do bigote:

Técnicas de rasurado segundo o estilo da barba e do bigote.

Técnicas de masaxe: manobras, indicacións e contraindicacións.

Efectos do rasurado na pel: técnicas e cosméticos utilizados para paliar estes efectos.

Cosmética específica para o amaño e rasurado de barba e bigote:

Cosméticos específicos para o acondicionamento da pel e cabelo da barba e bigote, composición e contraindicacións.

Criterios para a súa selección e pautas para a súa correcta manipulación, aplicación e conservación.

Seguridade e hixiene nos procesos de corte de cabelo e amaño de barba e bigote:

A protección persoal do profesional e da clientela. Ergonomía.

Normas sobre as condicións de seguridade e hixiene requiridas para os establecementos de perruquería.

Control de calidade dos procesos de corte de cabelo e amaño e rasurado de barba e bigote:

Parámetros que definen a calidade do proceso.

Técnicas empregadas para detecta-lo grao de satisfacción.

Contidos actitudinais: os estilos de corte de cabelo e a súa execución técnica.

Valoración dos desexos da clientela e rigor na orientación e asesoramento tendo en conta as demandas e necesidades.

Rigor e coidado na utilización dos utensilios cortantes e na técnica que se vai realizar tendo en conta o tipo de cabelo, a fisionomía e estilo propio da persoa e un asesoramento de acordo cos estilos máis actuais.

Preocupación pola protección e preparación persoal do profesional e da clientela, adoptando a posición anatómica axeitada.

Responsabilidade ante posibles accidentes e aplicación dos primeiros auxilios.

As técnicas de corte complementarias: rasurado e amaño da barba e do bigote:

Responsabilidade na orientación e no asesoramento ó cliente sobre a conveniencia do amaño da barba e do bigote en función das súas características e fisionomía.

Valoración da importancia da preparación e protección da clientela en función da técnica elixida.

Rigor e preocupación para unha correcta utilización da técnica elixida así como a correcta execución das manobras de masaxe.

Responsabilidade e rigor no recoñecemento dos efectos das técnicas do rasurado na pel no proceso de análise da emulsión epicutánea desta e as posibles reaccións.

Cosmética específica para o amaño e rasurado de barba e bigote:

Responsabilidade na selección dos cosméticos para a pel da barba e bigote analizando con detemento as indicacións e pautas de conservación.

Seguridade e hixiene nos procesos de corte de cabelo e amaño de barba e bigote:

Valoración das medidas de prevención de accidentes e protección da clientela que optimicen a calidade do proceso.

Preocupación pola aplicación de técnicas de limpeza, desinfección e/ou esterilización como factor determinante da calidade do servicio prestado.

Control de calidade dos procesos de corte de cabelo e amaño e rasurado de barba e bigote:

Recoñecemento da importancia da prestación dun servicio de calidade e espírito crítico na súa avaliación.

Autovaloración na prestación dos servicios de corte de cabelo e técnicas complementarias.

3.2.6. Módulo profesional 6: cambios de forma no cabelo:

Asociado á unidade de competencia 5: cambiar de maneira permanente e temporal a forma do cabelo, peitealo e recollelo, en función do estilo seleccionado.

Capacidades terminais elementais:

Analiza-las características do cabelo, as características físicas e o estilo das persoas e relacionalas coas posibles demandas e coas tendencias da moda.

Determina-lo procedemento que se vai utilizar na realización de cambio de forma temporal ou permanente en función das características do cabelo e do cambio que se desexa realizar.

Selecciona-la técnica adecuada segundo o tipo de cambio de forma que se pretenda realizar.

Describi-los principios científicos que terán lugar nos procesos de cambio de forma temporal no cabelo e explica-las reaccións químicas que teñen lugar nos cambios de forma permanente.

Analiza-los procesos de cambio de forma no cabelo identificando os requirimentos técnicos en canto a materiais e productos, relacionándoos coas fases dos procedementos nas que interveñen.

Clasificar e determina-lo material, aparellos e productos adecuados ó tipo de cambio de forma temporal ou permanente.

Realiza-la preparación e protección do ou da profesional e cliente e determina-la posición anatómica adecuada para realiza-los cambios de forma temporal ou permanente.

Executar destramente as técnicas para efectua-los cambios temporais e permanentes na forma do cabelo en condicións de seguridade e hixiene adecuados.

Selecciona-lo método de limpeza, desinfección e esterilización dos medios técnicos en función dos materiais e aparellos que se van utilizar.

Analiza-lo proceso de cambio de forma no cabelo e os resultados obtidos, propoñendo as modificacións necesarias para optimiza-los resultados, en caso de decisións non desexadas, nos procesos de cambio de forma no cabelo.

Contidos (duración 215 horas).

Contidos procedementais: os cambios de forma no cabelo e os seus fundamentos.

Cambios de forma e a súa relación co corte, co peiteado e co acabado.

Análise dos cambios de forma temporal e os seus efectos sobre o cabelo.

Análise dos cambios de forma permanentes e os seus efectos sobre o cabelo.

Pautas para a determinación do cambio de forma que se vai realizar segundo o estudio do cabelo e coiro cabeludo.

Análise da documentación sobre os cambios de forma temporal e permanente.

Análise do mecanismo de acción e dos productos que se van utilizar nos cambios de forma permanente no cabelo.

Análise dos efectos que producen no cabelo os líquidos onduladores e neutralizadores segundo a súa composición química.

Os cambios de forma no cabelo e a súa execución técnica:

Análise dos diferentes estilos de peiteados, acabados e recollidos básicos e innovacións.

Análise da fisionomía das persoas e a súa relación cos cambios de forma no cabelo:

-Óvalo facial.

-Forma do cranio e do cabelo.

-Estilo xeral das persoas.

Análise das características e condicións do cabelo e a súa relación para determina-lo tipo de cambio de formas máis axeitado.

-Observación das anomalías e alteracións do coiro cabeludo.

-Determinación do grosor e resistencia do cabelo.

-Determinación do grao de porosidade.

Análise das técnicas para o cambio de forma temporal.

Selección da técnica, do material, accesorios e productos necesarios para os cambios de forma temporal.

Execución das distintas operacións para o cambio de forma temporal.

Análise das técnicas e medios técnicos necesarios para o cambio de forma permanente: rizado e desrizado.

Selección do material, accesorios e productos para os cambios de forma permanente.

Execución da proba de sensibilidade ós productos para o cambio de forma permanente.

Execución da técnica elixida para o cambio de forma permanente no cabelo.

Información á clientela sobre medidas que permitan optimiza-los resultados.

Cosmética específica para os cambios de forma permanentes e temporais:

Características dos cosméticos:

-Descrición das indicacións, mecanismos de actuación e efectos dos cosméticos.

Selección dos cosméticos para o cambio de forma temporal e permanente no cabelo.

Cálculo de proporcións de cosméticos e cantidades necesarias para cambios de forma permanente.

Manipulación e aplicación dos cosméticos específicos.

Determinación das pautas de aplicación e tempos de exposición.

Establecemento de pautas de conservación e almacenamento.

Seguridade e hixiene:

Análise das medidas de protección persoal do profesional e da clientela.

Aplicación das medidas de seguridade e hixiene necesarias nos procesos de cambio de forma no cabelo, tendo en conta productos, medios técnicos e aparellos.

Comprobación do cumprimento das normas de seguridade e hixiene na execución das técnicas de cambio de forma no cabelo.

Control de calidade dos procesos de cambios de forma temporais e permanentes no cabelo:

Identificación dos indicadores de calidade nos procesos de cambios de formas no cabelo.

Avaliación da calidade dos procesos para os cambios de forma no cabelo.

Determinación das desviacións producidas nos servicios prestados para propoñer medidas correctoras, en caso necesario.

Contidos conceptuais: os cambios de forma no cabelo e os seus fundamentos.

Fundamento científico dos efectos que producen os cambios de forma no cabelo.

-Cambios de forma temporais:

-Efectos sobre o cabelo da tracción, calor, humidade e humidade asociada á calor,

-Cosmética específica para os cambios de forma temporal. Efectos no cabelo e coiro cabeludo.

-Cambios de forma permanentes:

-Fases da modificación da estructura do cabelo.

-Cosmética específica para os cambios de forma permanente. Efectos no cabelo e coiro cabeludo.

-Os cambios de forma no cabelo e a súa execución técnica:

-Estilos de peiteados, acabados e recollidos:

-Estilos básicos;

-Estilos innovadores.

Técnicas para os cambios de forma temporal no cabelo:

-Marcado e peiteado con secador de man.

-Marcado con rulos; utilización dos distintos tipos de moldes; efectos do enrolado.

-Marcado con argolas, efectos dos distintos tipos de montaxes.

-Efectos do marcado con ondas á auga e a súa dirección.

-Direccións e efectos do marcado con tenaces.

Pautas para a selección da técnica e do material axeitado. Tipo e tamaño dos moldes.

Técnicas para os cambios de forma permanente:

-Técnicas de rizado permanente: directa e indirecta. Efectos dos diferentes tipos de moldes, utilización.

-Técnicas de desrizado permanente: por estirada, por enrolado, por exposición e estirada. Tipos de moldes, utilización. Efectos.

-Tipos de montaxes e técnicas.

-Utensilios, aparellos e accesorios.

Pautas de información á clientela sobre medidas que permitan manter e optimiza-los resultados.

Cosmética específica para os cambios de forma permanentes e temporais:

Cosméticos específicos para os cambios de forma permanentes e temporais do cabelo: formas cosméticas, principios activos.

Criterios para a selección e aplicación dos cosméticos e pautas para a súa correcta manipulación, aplicación e conservación.

Seguridade e hixiene:

Seguridade e hixiene nos procesos de cambio de forma no cabelo.

Medidas de protección da e do profesional e da clientela:

-Indumentaria e posición anatómica do profesional.

-Medidas de protección da clientela e posición anatómica aconsellable.

Medidas de seguridade e hixiene que afectan o uso de productos, aparellos e utensilios.

Control de calidade dos procesos de cambios de forma temporais e permanentes no cabelo:

Control de calidade dos procesos de cambio de forma no cabelo.

Parámetros que definen a calidade nos procesos de cambios de forma no cabelo:

-Grao de satisfacción da clientela.

-Grao de eficacia da prestación.

-A seguridade e hixiene como factor determinante na calidade do servicio.

-Outros.

Contidos actitudinais: os cambios de forma no cabelo e os seus fundamentos.

Recoñecemento da importancia de ter uns coñecementos claros sobre os fundamentos científicos dos cambios de forma no cabelo.

Interese por recoñece-los procesos e fases que rexen os cambios de forma temporal e permanente e a diferencia entre cada un deles.

Os cambios de forma no cabelo e a súa execución técnica:

Valoración da importancia da elección da técnica máis axeitada tendo en conta a fisionomía, o estilo de persoa e as condicións do seu cabelo e coiro cabeludo.

Conciencia da importancia da protección e preparación persoal do profesional e da clientela e dunha correcta posición anatómica.

Responsabilidade ante posibles accidentes e aplicación de primeiros auxilios.

Respecto das demandas da clientela e das diferentes formas de expresión da imaxe que non responden a canons establecidos.

Cosmética específica para os cambios de forma permanentes e temporais:

Recoñecemento da importancia da correcta selección dos cosméticos para os cambios de forma no cabelo, analizando con detemento as indicacións e contraindicacións do seu uso.

Seguridade e hixiene:

Aceptación e cumprimento das normas de seguridade e hixiene establecidas paro os salóns de perruquería.

Valoración da orde e da limpeza no traballo e do coidado dos materiais e productos.

Control de calidade dos procesos de cambios de forma temporais e permanentes no cabelo:

Responsabilidade e rigor na efectividade dos procesos de cambios de forma no cabelo.

Espírito crítico na avaliación dos resultados obtidos.

3.2.7. Módulo profesional 7: peiteados, acabados e recollidos:

Asociado á unidade de competencia 5: cambiar de maneira permanente e temporal a forma do cabelo, peitealo e recollelo, en función do estilo seleccionado.

Capacidades terminais elementais:

Analiza-las características do cabelo e a fisionomía da clientela tipo, relacionándoas coas características morfolóxicas.

Determina-lo estilo de peiteado, acabado ou recollido máis adecuado, relacionándoo coas posibles demandas e coas tendencias da moda.

Describi-los diferentes tipos de óvalos faciais explicando sobre cada debuxo as correccións que deben realizarse co cabelo en canto a peiteados, acabados e recollidos, para corrixir opticamente as desproporcións.

Analiza-los procesos de peiteados, acabados, recollidos e adaptación de postizos no cabelo, relacionándoos cos efectos que producen sobre as distintas fisionomías das persoas.

Describi-las técnicas de adaptación de extensións no cabelo, explicando as vantaxes e inconvenientes de cada unha delas.

Selecciona-la cosmética específica para peiteados, acabados e recollidos en función do tipo de peiteado e de cabelo do suxeito.

Determinar e selecciona-las operacións técnicas que se van seguir nas fases dos peiteados, acabados, recollidos e adaptación de postizos e extensións.

Realiza-la preparación e protección do profesional e da clientela e determina-la posición anatómica adecuada para a execución da técnica.

Executar destramente as operacións técnicas de peiteados, acabados, recollidos e adaptación de postizos e extensións no cabelo, preparando os productos, utensilios, aparellos e accesorios necesarios e operando os medios técnicos en función dos requirimentos do proceso.

Avalia-lo proceso de peiteados, acabados e recollidos no cabelo e os resultados obtidos, propoñendo as modificacións que permiten optimiza-los resultados cando non son os previstos.

Contidos (duración 215 horas).

Contidos procedementais: técnicas de peiteados, acabados e recollidos.

Análise da fisionomía das persoas, do seu estilo xeral e a súa relación cos estilos de peiteados, acabados e recollidos determinando a súa harmonía.

-O óvalo facial

-As faccións

-O cranio e pescozo

-As proporcións do pescozo

As características e condicións do cabelo e a súa relación cos procesos de peiteados, acabados e recollidos.

As distintas técnicas de peiteados, acabados e recollidos, relacionándoas coas necesidades e posibles demandas da clientela e coas tendencias da moda.

Selección dos peiteados, acabados e recollidos en función das tendencias da moda e estilos innovadores e necesidades e demandas da clientela.

Selección do material necesario segundo a técnica elixida.

Realización de diferentes técnicas de peiteados, acabados e recollidos, relacionándoos coa harmonía e morfoloxía do rostro.

Aplicación de extensións ó cabelo:

A fisionomía da persoa en relación cos distintos tipos de perrucas, postizos e extensións, aplicando técnicas de observación e diálogo.

As características e condicións do cabelo e das técnicas de adaptación de perrucas, postizos e extensións no cabelo.

Selección e aplicación de productos, aparellos accesorios e técnicas necesarios para a adaptación de perrucas, postizos e extensións no cabelo en función das tendencias da moda e as demandas/necesidades da clientela.

Aplicación das distintas técnicas de extensións: trenzado, soldadura, cosido, etc.

Adaptacións de perrucas e postizos operando os medios técnicos e productos necesarios.

Asesoramento e información á clientela sobre os coidados do cabelo de postizos e perrucas e medidas que deben adoptarse para a súa conservación.

Cosmética específica para peiteados, acabados e recollidos:

Selección de cosméticos en función de la técnica que se vai seguir, tendo en conta o coiro cabeludo e o cabelo do suxeito e a posible irritabilidade.

Determinación de pautas para a súa correcta preparación, manipulación, aplicación e conservación.

Aplicación no cabelo e no coiro cabeludo de distintos cosméticos en función da técnica e estilo de peiteado, acabado e recollido.

Orientación e información á clientela dos productos cosméticos adecuados para mante-los resultados.

Seguridade e hixiene nos procesos de peiteados, acabados, recollidos, colocación de perrucas, postizos e extensións:

Análise e comprobación de que están utilizando as medidas de protección persoal da e do profesional

e da clientela en canto a indumentaria e accesorios nos procesos de peiteados, acabados, recollidos e adaptación de perrucas, postizos e extensións no cabelo.

Comprobación de que na utilización dos equipos técnicos, productos, etc. utilizados nos procesos de adaptación de extensións, se cumpren as normas básicas de seguridade e hixiene.

Control de calidade nos procesos de peiteados, acabados, recollidos e aplicación de extensións no cabelo:

Análise dos procedementos que determinan a calidade dos procesos de peiteados, acabados, recollidos e aplicación de extensións no cabelo.

Avaliación das técnicas empregadas para detecta-lo grao de satisfacción da clientela.

Avaliación dos resultados obtidos, propoñendo medidas que optimicen os resultados.

Contidos conceptuais: técnicas de peiteados, acabados e recollidos.

A fisionomía humana e a súa relación cos distintos tipos de peiteados, acabados e recollidos:

-Morfoloxía do rostro e as súas faccións.

-Estilo xeral das persoas.

-Proporcións do corpo humano: estatura, peso, etc.

Características e condicións do cabelo e a súa relación cos distintos procesos de peiteados, acabados e recollidos:

-Tipos de cabelo.

-Características e condicións do cabelo, pautas de determinación e valoración de distribución, calidade, lonxitude e flexibilidade.

-Anomalías e alteracións.

Técnicas de peiteados, acabados e recollidos en función das tendencias da moda actual.

Aplicación de extensións ó cabelo:

Características e condicións do cabelo e a súa relación cos distintos procesos de adaptación de perrucas, postizos e extensións no cabelo:

-Tipos de cabelo.

-Distribución do cabelo.

-Calidade.

-Lonxitude e flexibilidade.

Técnicas de adaptación de perrucas e postizos.

Medios técnicos necesarios para a adaptación de postizos e perrucas e aplicación de extensións no cabelo.

Técnicas de aplicación de extensións, trenzado, soldadura, cosido e aplicación destas na perruquería étnica.

Cosmética específica para peiteados, acabados e recollidos:

Cosméticos específicos:

-Cosméticos fixadores: lacas, xeles...

-Cosméticos acondicionadores: espumas, locións...

-Cosméticos reestructurantes.

Pautas para a súa correcta manipulación, aplicación e conservación.

Seguridade e hixiene nos procesos de peiteados, acabados, recollidos, colocación de perrucas, postizos e extensións:

Seguridade e hixiene nos procesos de peiteados, acabados, recollidos e adaptación de perrucas, postizos e extensións no cabelo:

-Medidas de protección persoal.

-Posicións anatómicas aconsellables para o traballo.

-Medidas de protección persoal da clientela que deben adoptarse: indumentaria, etc.

Medidas de seguridade e hixiene que afectan ó uso de productos e aparellos relacionados cos procesos de peiteados, acabados, recollidos e adaptación de perrucas, postizos e extensións no cabelo.

Control de calidade nos procesos de peiteados, acabados, recollidos e aplicación de extensións no cabelo:

Parámetros que definen a calidade do proceso.

Técnicas empregadas para detecta-lo grao de satisfacción.

Contidos actitudinais: técnicas de peiteados, acabados e recollidos.

Actitude crítica e reflexiva para determina-lo estilo de peiteado, acabado e recollido que se vai realizar adaptándoo á fisionomía e estilo da persoa asesorándoa e tendo en conta os estilos máis actuais.

Responsabilidade na protección e preparación da clientela.

Aplicación de extensións ó cabelo:

Responsabilidade para a orientación e asesoramento á persoa sobre a colocación de perrucas, postizos e extensións en función das características e fisionomía da persoa.

Rigor e preocupación para unha boa elección das distintas técnicas de colocación de perrucas, postizos e extensións.

Confidencialidade e discreción no trato coas persoas que demandan aplicación de próteses capilares.

Predisposición para elaborar protocolos de traballo na adaptación de perrucas, postizos e extensións no cabelo.

Cosmética específica para peiteados, acabados e recollidos:

Valoración da importancia dunha correcta preparación, manipulación, aplicación e conservación da cosmética específica de peiteados, acabados, recollidos e aplicación de extensións.

Seguridade e hixiene nos procesos de peiteados, acabados, recollidos, colocación de perrucas, postizos e extensións:

Recoñecemento de que a protección da clientela e a prevención de accidentes optimizan a calidade do proceso.

Valoración da importancia dunhas boas medidas de limpeza, desinfección e esterilización nos procesos de peiteados, acabados e recollidos.

Control de calidade nos procesos de peiteados, acabados, recollidos e aplicación de extensións no cabelo:

Responsabilidade e interese para analiza-la imaxe das persoas relacionándoa cos efectos que producen os distintos estilos de peiteados, acabados, recollidos e adaptación de perrucas, postizos e extensións.

Responsabilidade para propo-las medidas necesarias para adecua-los resultados obtidos ás expectativas do suxeito.

3.2.8. Módulo profesional 8: técnicas básicas de manicura e pedicura:

Asociado á unidade de competencia 6: Aplicar técnicas de manicura e pedicura.

Capacidades terminais elementais:

Analiza-los procesos de manicura e pedicura, relacionándoos coas características e condicións da clientela e coas tendencias da moda.

Describir e identifica-las alteracións estéticas de unllas e pel das mans e pés para o seu posible tratamento estético ou remisión á consulta médica.

Analizar e estudia-las distintas técnicas de manicura e pedicura relacionándoas coa morfoloxía das unllas e anatomía de mans e pés.

Determinar e selecciona-la técnica de execución de manicura e/ou pedicura que terá que utilizarse, segundo o proceso que se realice.

Analiza-las técnicas e cosméticos utilizados na masaxe de mans e pés, segundo o proceso que se realice.

Aplicar destramente as técnicas de manicura e pedicura e técnicas de masaxe de mans e pés, en condicións de seguridade e hixiene axeitadas, para a obtención dos resultados pretendidos.

Avalia-los procesos de manicura e pedicura e os resultados obtidos, indicando as modificacións que terán que realizarse cando o resultado non sexa o previsto.

Contidos (duración 55 horas).

Contidos procedementais: seguridade e hixiene nos procesos de manicura e pedicura.

Normas de uso e seguridade de aparellos, útiles e accesorios empregado nos procesos de manicura e pedicura.

Aplicación das medidas de protección do profesional e da clientela e determinación da posición anatómica axeitada.

Aplicación de normas de hixiene, desinfección e esterilización establecidas no protocolo de traballo.

Cosmética específica para a manicura e pedicura:

Descrición das características dos cosméticos usados e manicura e pedicura.

Establecemento de criterios para a selección de cosméticos, e pautas para a súa preparación, manipulación, aplicación e conservación.

Manicura e pedicura. Masaxe de mans e pés:

Descrición das fases dos procesos da manicura e pedicura, relacionando as operacións técnicas de cada fase cos equipos e materiais que interveñen.

Análise da anatomía e aspecto externo de mans e pés: determinación das principais alteracións que afectan á lámina ungueal e ós tecidos periungueais.

Determinación e aplicación das técnicas de manicura e pedicura adecuadas ó caso concreto: desmaquillaxe, limpeza, corte e limado, acondicionamento da cutícula, pulimentado da lámina.

Aplicación de técnicas de masaxe de unllas, mans e pés.

Execución das técnicas de maquillaxe de unllas de mans e pés, buscando a harmonía en función da morfoloxía.

Control de calidade nos procesos de manicura e pedicura:

Análise dos procesos de manicura e pedicura e identificación dos aspectos que terán que ser avaliados por ser determinantes na calidade do servicio prestado.

Aplicación de técnicas para avalia-lo grao de satisfacción da clientela.

Análise e identificación das desviacións producidas no servicio prestado respecto dos resultados obtidos, detectando as súas causas, para propor medidas correctoras en caso necesario.

Contidos conceptuais: seguridade e hixiene nos procesos de manicura e pedicura.

Normas de seguridade e hixiene dos aparellos, útiles e accesorios empregados nos procesos de manicura e pedicura.

Medidas de protección do profesional e da clientela. Ergonomía.

Cosmética específica para a manicura e pedicura:

Cosméticos empregados nos procesos de manicura e pedicura.

-Cosméticos para as unllas e zona periungueal:

-Quitacutículas.

-Quitamanchas ungueais.

-Levigantes ungueais.

-Branqueadores subungueais.

-Quitaesmaltes e disolventes para vernices.

-Vernices de unllas.

-Reestructurantes e endurecedores.

-Cosmética para a pel da mans e pés:

-Cosméticos de hixiene.

-Cosméticos exfoliantes.

-Cosméticos hidratantes.

Manicura e pedicura. Masaxe de mans e pés

Os procesos de manicura e pedicura e as súas fases.

Anatomía de mans e pés. Principais alteracións que afectan a lámina ungueal e os tecidos periungueais.

Conformación das unllas: lonxitude, forma, etc.

Técnicas de manicura e pedicura:

-Desmaquillaxe e limpeza.

-Corte, igualado e limado.

-Amolecemento e acondicionamento de cutícula e limado de durezas.

-Pulimentado da lámina.

-Técnicas de maquillaxe.

-Útiles necesarios.

Masaxe de mans e pés: execución, secuenciación e efectos.

Harmonía entre a morfoloxía de mans e manicura e morfoloxía de pés e pedicura.

Control de calidade nos procesos de manicura e pedicura:

Control de calidade nos procesos de manicura e pedicura: factores de calidade.

Parámetros que determinan a calidade dos procesos de manicura e pedicura:

-Grao de satisfacción da clientela.

-Resultados obtidos: a súa avaliación.

Contidos actitudinais: seguridade e hixiene nos procesos de manicura e pedicura.

Recoñecemento da importancia de manter unhas normas e criterios de seguridade e hixiene nos procesos de manicura e pedicura.

Cosmética específica para a manicura e pedicura:

Responsabilidade na selección de cosméticos para a manicura e pedicura e dilixencia e rigor na súa aplicación.

Valoración da importancia da correcta manipulación e conservación dos cosméticos utilizados nos procesos de manicura e pedicura.

Manicura e pedicura. Masaxe de mans e pés:

Rigorosidade, orde e limpeza no traballo.

Responsabilidade e rigor na aplicación de técnicas de manicura e pedicura.

Valoración da importancia da harmonía de formas e cores e adecuación ó estilo persoal, nos procesos de manicura e pedicura.

Actitude crítica para detectar signos e síntomas de alteracións que poidan constituír unha patoloxía, para a súa remisión á consulta médica.

Sensibilidade ante as demandas e necesidades da clientela.

Control de calidade nos procesos de manicura e pedicura:

Recoñecemento da importancia da prestación dun servicio de calidade.

Valoración da importancia de ofrecer unha eficaz hixiene e esterilización no uso de útiles cortantes e uso do material dun só uso cando sexa necesario, para maior seguridade da clientela e do profesional.

3.2.9. Módulo profesional 9: administración, xestión e comercialización na pequena empresa:

Asociado á unidade de competencia 7: realiza-la administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller.

Capacidades terminais elementais:

Analiza-las diferentes formas xurídicas vixentes de constitución dunha empresa.

Identifica-la forma xurídica máis idónea segundo os obxectivos, os recursos dispoñibles e características da actividade económica da empresa.

Determina-la localización física, o ámbito de actuación, a demanda potencial, a estructura organizativa e a rendibilidade do proxecto empresarial, segundo o estudio de mercado existente, así como as normas urbanísticas e ambientais que regulan a actividade.

Identifica-los trámites administrativos e os requisitos formais que se esixen para a constitución dunha empresa, segundo a forma xurídica.

Identifica-las fontes de financiamento propias e alleas, así como as subvencións e axudas ofrecidas polas diferentes administracións públicas.

Determina-las necesidades de formación do persoal e as formas de contratación máis adecuadas segundo as características da empresa e o tipo de actividade.

Formaliza-la documentación necesaria para a constitución dunha empresa e a documentación básica para o desenvolvemento da súa actividade económica.

Defini-las obrigas mercantís, fiscais e laborais esixidas a unha empresa no desenvolvemento da súa actividade.

Identifica-los impostos indirectos, os directos e os municipais que afectan a unha empresa.

Aplica-las técnicas básicas da negociación con clientes e provedores.

Identifica-las ofertas de productos ou servicios máis vantaxosas con relación ó prezo de mercado, o prazo de entrega, a calidade, o transporte, o desconto, o volume de pedido, as condicións de pagamento, a garantía e a atención posvenda.

Describi-las formas máis habituais de promoción de vendas en función do tipo de producto ou servicio.

Elaborar un proxecto de creación dunha pequena empresa que inclúa os obxectivos, a organización, a localización, os plans de investimento, de financiamento e comercialización e a rendibilidade do proxecto.

Contidos (duración 80 horas).

Contidos procedementais: identificación dos distintos tipos de empresas.

Descrición dos requisitos legais mínimos esixidos para a constitución da empresa, segundo a súa forma xurídica.

Selección da forma xurídica máis adecuada para unha empresa, explicando vantaxes e inconvenientes, a partir duns datos supostos sobre capital dispoñible, riscos que se van asumir, tamaño da empresa e número de socios.

Identificación dos requisitos necesarios para a constitución dunha empresa: obrigas formais, trámites administrativos, documentación legal e organismos con competencia.

Comparación e clasificación das diferentes fontes de financiamento da empresa.

Determinación das características básicas dos distintos tipos de contratos laborais, establecendo as súas diferencias respecto á duración do contrato, tipo de xornada, subvencións e exencións.

A partir duns datos concretos, cubrimento dos seguintes documentos: factura, albará, nota de pedido, letra de cambio, cheque e recibo, explicando a finalidade de cada un deles.

Interpretación dos diferentes documentos contables.

Determinación da oferta máis vantaxosa de productos ou servicios existentes no mercado, en función de prezo, prazo de entrega, calidade, transporte, desconto, volume de pedido, condicións de pagamento, garantía e atención posvenda.

Descrición dos medios máis habituais de promoción de vendas en función do tipo de producto ou servicio.

Recoñecemento das diferentes técnicas de vendas.

Cubrimento da folla de salario e de liquidación da Seguridade Social.

Identificación dos distintos impostos que afectan á empresa.

Definición dun proxecto de creación dunha empresa.

-Descrición dos obxectivos empresariais.

-Análise económica do mercado.

-Selección da forma xurídica.

-Determinación das xestións de constitución.

-Xustificación da localización.

-Definición da organización e dos recursos económicos, financeiros e humanos.

-Valoración da viabilidade.

Contidos conceptuais: a empresa e o seu contorno:

Estructura básica da empresa e as súas distintas formas de organización.

Proceso de creación dunha empresa: localización e dimensión legal.

Formas xurídicas das empresas:

A forma xurídica da empresa: empresario individual, as sociedades mercantís e as cooperativas.

Xestión de constitución dunha empresa:

Financiamento da empresa: financiamento con fondos propios, financiamento con recursos alleos e subvencións. Custo da empresa.

Xestión do persoal:

Tipos de contratos laborais.

Réxime de autónomos.

Retribución salarial.

Cotizacións á Seguridade Social.

Xestión administrativa:

Documentación mercantil: pedido, albará, factura, recibo, cheque e letra de cambio.

Os libros contables e contas anuais.

Cálculo do custo, beneficio e prezo de venda.

Xestión comercial:

O producto ou servicio: características e requisitos.

A función de compras: prezo, prazo e forma de entrega.

A función de vendas: técnicas de vendas, política de prezos, bonificacións e descontos.

A distribución do producto: canles e modalidades.

A comunicación: publicidade e promoción de vendas, atención ó cliente e servicios posvenda.

Obrigas fiscais:

O calendario fiscal.

Os principais impostos que afectan a actividade empresarial: directos, indirectos e municipais.

Liquidación do IVE.

Liquidación do IRPF.

Contidos actitudinais: valoración e cumprimento das normas legais nos procesos de constitución e xestión da empresa.

Argumentación sobre o tipo de empresa, recursos humanos, fontes de financiamento, investimentos e estructura organizativa e funcional.

Rigorosidade na formalización dos documentos relacionados coa actividade empresarial.

Autosuficiencia na busca e tratamento da información para a creación do proxecto empresarial.

Cordialidade no trato coas persoas que se relacionan coa empresa.

Interese polos novos métodos de traballo que se propoñen na xestión dunha empresa.

Valoración da mentalidade emprendedora e creativa na empresa.

Achega de solucións adecuadas na busca das formas de actuación e de organización das tarefas, así como nas accións relacionadas co proxecto de creación dunha empresa.

Motivación no establecemento do plan de promoción da empresa e do producto ou servicio.

3.3. Módulos profesionais transversais.

Módulo profesional transversal 10: anatomía e fisioloxía humanas básicas.

Capacidades terminais elementais:

Analiza-las funcións principais que se realizan no corpo humano relacionándoas coas estructuras dos sistemas e aparellos encargados de desenvolvelas.

Analiza-la estructura e fisioloxía da pel e anexos, relacionándoas coas funcións que realizan no corpo humano e cos procesos de perruquería.

Analiza-la estructura, composición, funcións e propiedades e ciclos do cabelo relacionándoos cos procesos de perruquería.

Analiza-los tipos de pel, clasificándoos segundo as súas segregacións e relacionándoos coas alteracións máis frecuentes do coiro cabeludo e da pel con repercusión estética.

Describi-la anatomía, fisioloxía e patoloxías máis frecuentes de mans e pés relacionándoas cos coidados estéticos deles.

Valora-la importancia da práctica de hábitos de vida saudable, relacionándoa coas súas repercusións positivas na imaxe física das persoas.

Analiza-las principais reaccións adversas da pel ante axentes externos e productos cosméticos, describindo os signos e síntomas que caracterizan as reaccións de sensibilidade.

Avalia-las reaccións adversas ou inesperadas da pel ante os axentes externos e/ou cosméticos, determinando, en consecuencia, as medidas que terán que tomarse para a súa prevención ou para palialas.

Analiza-las enfermidades profesionais das mans de aparición frecuente nos traballadores e traballadoras dos salóns de perruquería e de beleza e determina-las medidas que se deben tomar para a súa prevención.

Analiza-los tipos de accidentes máis frecuentes que poden ter lugar nos establecementos de perruquería e salóns de beleza, describindo signos e síntomas e relacionándoos coas causas que os producen.

Determinar que medidas de primeiros auxilios deberán adoptarse para minimiza-las consecuencias dos accidentes máis frecuentes nos establecementos de perruquería e salóns de beleza.

Contidos (duración 105 horas).

Contidos procedementais: os sistemas e aparellos do corpo humano.

Análise e interpretación da organización e topografía do corpo humano, relacionándoa coas unidades estructurais que o compoñen: células, tecidos, órganos e aparellos.

Interpretación e diferenciación dos procesos e mecanismos que interveñen nos aparellos e sistemas implicados nas funcións de nutrición: aparello dixestivo, aparello respiratorio, aparello circulatorio e aparello excretor.

Interpretación e diferenciación dos procesos e mecanismos que interveñen nos aparellos e sistemas implicados nas función de relación e reproducción: sistema nervioso, sistema endócrino, aparello locomotor, aparello reproductor.

Control e regulación das funcións vitais:

Realización de investigacións e utilización de modelos para a comprobación do control e regulación das funcións vitais.

Realización de experiencias para detectar diferentes respostas ante determinados estímulos: térmicos, táctiles, etc.

O órgano cutáneo:

Observación da pel e interpretación e recoñecemento das súas características xerais: superficie, eminencias, depresións, etc.

Análise da estructura e funcións do órgano cutáneo, relacionando os aspectos fisiolóxicos coas estructuras histolóxicas responsables.

Análise da estructura e funcións dos anexos cutáneos, relacionando os aspectos fisiolóxicos coas estructuras histolóxicas responsables.

Planificación de experiencias sinxelas para estudia-lo comportamento do cabelo: ciclos de crecemento, propiedades, etc.

Clasificación dos tipos de pel segundo distintos parámetros: emulsión epicutánea, cor, textura, etc.

Anatomía descritiva, fisioloxía e patoloxía de mans e pés e a súa relación cos procesos de manicura e pedicura:

Análise e descrición da anatomía de mans e pés.

Principais alteracións de mans e pés con repercusión estética.

Observación, identificación e diferenciación das alteracións ungueais con repercusión estética, relacionándoas cos coidados estéticos de mans e pés.

As reaccións adversas e os accidentes. Primeiros auxilios:

Análise dos tipos de accidentes máis frecuentes nos salóns de perruquería e das medidas que se deben tomar para previlos.

Simulación de aplicación de medidas elementais de socorrismo en caso de accidentes.

Análise das reaccións adversas ou inesperadas da pel fronte a axentes externos e/ou productos cosméticos.

Aplicación de normas e medidas para a prevención de reaccións adversas ós productos cosméticos.

A dieta e a súa influencia no corpo humano:

Análise das necesidades enerxéticas dunha persoa distintas situacións: en condicións basais, con traballo sedentario, exercicio moderado, estados fisiolóxicos como o embarazo, adolescencia, etc.

Realización de cálculos para establece-la dieta equilibrada ó longo dun día en distintas situacións e con distintos requirimentos nutritivos.

Análise da influencia da dieta na pel, cabelo e na imaxe física das persoas.

Enfermidades profesionais de aparición frecuente no persoal dos salóns de perruquería e beleza:

Análise das enfermidades profesionais de aparición frecuente nos salóns de perruquería e beleza.

Establecemento de normas de seguridade e medidas de prevención dos danos profesionais e riscos das actividades de perruquería e beleza.

Contidos conceptuais: os sistemas e aparellos do corpo humano.

Funcións e estructura microscópica corporal:

-Histoloxía e fisioloxía celular. Funcións celulares.

Estructura e función dos diferentes tecidos: epitelial, conectivo, muscular, nervioso.

Organización e topografía do corpo humano:

-Termos usados para describi-la estructura corporal.

-Xeneralidades sobre a estructura e funcións corporais.

Aparellos e sistemas implicados nas funcións de nutrición:

-Estructura anatómica e fisioloxía básicas do aparello dixestivo.

-Estructura anatómica e fisioloxía básicas do aparello respiratorio.

-Estructura anatómica e fisioloxía básicas do sistema circulatorio sanguíneo e linfático.

-Estructura anatómica e fisioloxía básicas do aparello excretor.

Aparellos e sistemas implicados nas funcións de relación e reproducción:

-Estructura anatómica e fisioloxía básicas do sistema nervioso.

-Estructura anatómica e fisioloxía básicas do sistema endócrino.

-Estructura anatómica e fisioloxía básicas do aparello locomotor.

-Estructura anatómica e fisioloxía básicas do aparello reproductor feminino e masculino.

Control e regulación das funcións vitais:

Control e regulación nerviosos:

-Impulso nervioso e sinapse.

Organización do sistema nervioso.

Órganos dos sentidos.

Control e regulación endócrinos:

-Mecanismo de acción das hormonas.

-Regulación hormonal.

O órgano cutáneo:

A pel: características xerais e propiedades

Estructura histolóxica: epiderme, derme, tecido subcutáneo, vascularización e innervación.

Fisioloxía da epiderme: queratoxénese e melanoxénese

Funcións.

Anexos cutáneos:

-Glándulas sebáceas: histoloxía, segregacións, funcións.

-Glándulas sudoríparas: tipos, segregacións, funcións.

-As unllas: descrición, estructura, funcións. Formación e crecemento.

-O pelo: tipos, estructura, funcións, características. Ciclo vital.

-O cabelo: características e propiedades. Ciclo piloso. Factores que inflúen no seu crecemento.

Anatomía descritiva, fisioloxía e patoloxía de mans e pés e a súa relación cos procesos de manicura e pedicura:

Anatomía de mans e pés:

-Ósos.

-Articulacións.

-Músculos.

Principais alteracións de mans e pés con repercusión estética.

Alteracións ungueais patolóxicas e non patolóxicas con repercusión estética.

Relación da morfoloxía de mans, pés e unllas cos coidados estéticos que se deben aplicar.

As reaccións adversas e os accidentes. Primeiros auxilios:

Accidentes máis frecuentes nos salóns de perruquería e de beleza.

Técnicas de primeiros auxilios aplicables ós accidentes máis comúns nos salóns de perruquería e beleza. Pautas de actuación.

Reaccións adversas e inesperadas ante axentes externos e/ou cosméticos usados nos procesos de perruquería e de beleza:

-Queimaduras.

-Dermatites.

-Agresións físicas ou químicas.

-Trastornos oculares, etc.

Medidas xerais para previ-los efectos indesexables dos cosméticos.

A dieta e a súa influencia no corpo humano:

Análise da composición da materia viva. Compostos orgánicos e inorgánicos. Biocatalizadores.

Dieta equilibrada: requirimentos enerxéticos e nutritivos.

Fitoterapia e oligoterapia.

Influencia da dieta no estado da pel, cabelo e imaxe física das persoas.

Hábitos de vida saudable e promoción da saúde.

Enfermidades profesionais de aparición frecuente no persoal dos salóns de perruquería e beleza:

Enfermidades profesionais máis frecuentes no persoal dos salóns de perruquería e de beleza:

-Por axentes físicos.

-Por axentes químicos.

-Por axentes vivos.

-Por traumatismos, estancias prolongadas de pé, etc.

Enfermidades profesionais de mans de aparición frecuente no persoal dos salóns de perruquería e de beleza.

Contidos actitudinais: os sistemas e aparellos do corpo humano.

Recoñecemento e valoración das particularidades do corpo humano e da constitución humana como organismo.

Respecto pola individualidade biolóxica, entendendo que tódalas persoas somos iguais no fundamental. Tolerancia e respecto polas diferencias individuais que teñan a súa orixe en características corporais físicas.

Control e regulación das funcións vitais:

Valoración da importancia da forma en que o ser humano se relaciona co medio externo e cos seus semellantes.

O órgano cutáneo:

Interese polo estudio do órgano cutáneo en xeral, en particular o cabelo, e a súa importancia como substrato sobre o que actúan tódolos procesos de perruquería.

Actitude crítica fronte ás informacións e propagandas dos medios de comunicación, en relación co coidado e coas técnicas de embelecemento estético.

Predisposición e interese por recadar información e dedicar esforzo persoal e iniciativa ás actividades de formación relacionadas co estudio da pel e o seus anexos e os procesos da perruquería relacionados.

Anatomía descritiva, fisioloxía e patoloxía de mans e pés e a súa relación cos procesos de manicura e pedicura:

Recoñecemento da importancia de prever alteracións ungueais, e deformacións de mans e pés, como parte da saúde integral e non só con fin estético.

As reaccións adversas e os accidentes. Primeiros auxilios:

Valoración da importancia de tomar precaucións no manexo de productos químicos e cando se utilizan medios técnicos requiridos na profesión de técnico en perruquería. Precaución ante a nocividade de certos materiais e coidado no seu manexo e utilización.

Respecto polas normas e criterios establecidos para o uso e control de materiais utilizados na profesión.

Aceptación e consideración da importancia de dispoñer dun contorno de traballo equilibrado, seguro e saudable.

A dieta e a súa influencia no corpo humano:

Interese polo coidado do propio corpo e dos demais, atendendo ás particularidades e constitución anatomofisiolóxicas básicas de cada persoa.

Valoración dos efectos que teñen sobre a saúde os hábitos de alimentación, hixiene e coidado corporal.

Recoñecemento dos efectos dunha dieta equilibrada sobre a pel o cabelo e a imaxe física das persoas.

Enfermidades profesionais de aparición frecuente no persoal dos salóns de perruquería e beleza:

Recoñecemento da importancia das medidas preventivas hixiénicas, protectoras, posturais... destinadas a evita-la aparición de enfermidades profesionais.

Interese por saber interpreta-los procesos patolóxicos máis frecuentes que ocorren nas mans e nos pés e que teñen lugar como consecuencia da actividade profesional.

3.3.2. Módulo profesional transversal 11: cosmetoloxía aplicada á perruquería:

Capacidades terminais elementais:

Analiza-los distintos mecanismos de actuación dos productos cosméticos sobre o corpo humano, en función da súa composición cualitativa relacionándoos cos efectos que producen.

Clasifica-los cosméticos capilares en función da súa acción principal e o seu lugar de actuación.

Estudia-lo mecanismo de acción principal dos distintos cosméticos capilares, analizando os factores que poden alterar estes mecanismos de acción.

Esquematiza-la composición xeral dos cosméticos capilares, explicando a función de cada un dos compoñentes básicos.

Analiza-la lexislación vixente sobre productos cosméticos, identificando os aspectos máis significativos para comproba-lo seu cumprimento na embalaxe.

Analiza-los factores que poidan producir alteracións na composición de productos cosméticos establecendo pautas adecuadas.

Establecer pautas para o almacenamento e manipulación de productos cosméticos para mantelos en condicións óptimas.

Analiza-las reaccións adversas que se poden producir na aplicación de cosméticos, indicando os factores que poden desencadear estas reaccións.

Identifica-los signos e síntomas que deben valorarse para prever a posible aparición de reaccións adversas.

Analiza-las interaccións que poden producirse entre productos cosméticos e entre cosméticos e tratamentos medicamentosos, deducindo as precaucións necesarias para evitar que se produzan.

Analiza-los procesos de perruquería e os seus fundamentos científicos, relacionándoos cos mecanismos de acción dos cosméticos utilizados e coa composición dos devanditos productos.

Executar destramente e en condicións de seguridade e hixiene as operacións fisicoquímicas necesarias para preparación e manipulación de productos cosméticos para a súa utilización nos procesos de perruquería.

Analiza-los efectos dos productos cosméticos sobre o cabelo e coiro cabeludo, en relación cos requirimentos das técnicas e dos tratamentos capilares, deducindo criterios que permitan avalia-los resultados obtidos.

Contidos (duración 160 horas).

Contidos procedementais: química cosmética.

Conceptos básicos química: ácido, base, oxidación e reducción.

Análise das características e comprobación das propiedades das substancias de uso frecuente en perruquería: auga, alcohol, amoníaco e auga osixenada.

Dilucións de auga osixenada e as súas aplicacións en perruquería.

Análise das características e propiedades de disolucións e sistemas dispersos.

Análise da composición xeral e aplicacións cosméticas de disolucións, suspensións, emulsións e dispersións coloidais.

Análise das propiedades que confiren ás substancias os grupos químicos funcionais máis representativos.

Cosmetoloxía xeral:

As distintas definicións de cosmético e da diferencia entre cosmético e medicamento.

Análise da composición xeral dun cosmético. Excipiente e substancias activas.

Clasificación dos cosméticos segundo o lugar de aplicación, a forma cosmética e a función principal.

Identificación das distintas formas cosméticas en que se pode presentar un cosmético.

Análise da documentación e información que adoita acompaña-los productos cosméticos e medicamentos.

Mecanismos de actuación e penetración dos cosméticos.

Lexislación sobre productos cosméticos:

Análise da lexislación española e europea sobre productos cosméticos.

Análise da información que ofrecen os productos cosméticos, comprobando se cumpre a lexislación vixente.

Os procesos de perruquería e os seus fundamentos científicos:

Fundamentos científicos da hixiene capilar por deterxencia, dilución e adsorción.

Análise da estructura da queratina capilar.

Estudio dos principios científicos dos cambios de forma temporais e permanentes.

Estudio das leis de cor e a súa aplicación en perruquería.

Análise dos procesos químicos que se producen na coloración e decoloracións capilares.

Cosmética específica para o cabelo:

Clasificación dos cosméticos específicos para o cabelo segundo a función.

Análise da composición dos cosméticos de hixiene e acondicionamento do cabelo, relacionándoos coa súa función e os efectos que producen.

Análise da composición dos cosméticos de mantemento e protección do cabelo relacionándoos coa súa función e os efectos que producen.

Análise da composición dos cosméticos decorativos para o cabelo, de uso profesional e non profesional, relacionándoos coa súa función e os efectos que producen.

Análise da composición dos cosméticos de uso técnico para os procesos de cambios de cor e de forma permanente no cabelo, relacionándoos coa súa función e os efectos que producen.

Análise da composición dos cosméticos para o tratamento estético de alteracións capilares, relacionándoos coa súa función e os efectos que producen.

Cosmética específica para o rasurado de barba e bigote:

Clasificación dos cosméticos para o rasurado e amaño de barba e bigote.

Análise da composición, función, mecanismo de actuación, utilización e formas cosméticas dos cosméticos usados para antes do rasurado.

Análise da composición, función, mecanismo de actuación, utilización e formas cosméticas dos cosméticos usados para o rasurado de barba e bigote.

Análise da composición, función, mecanismo de actuación, utilización e formas cosméticas dos cosméticos usados para despois do rasurado.

Cosmética específica para manicura e pedicura:

Clasificación dos cosméticos específicos usados nos procesos de manicura e pedicura e coidados estéticos de mans e pés.

Análise da composición, función, mecanismo de actuación, utilización e formas cosméticas dos cosméticos usados nos tratamentos estéticos da pel de mans e pés.

Análise da composición, función, mecanismo de actuación, utilización e formas cosméticas dos cosméticos usados para o coidado das unllas e específicos para a zona periungueal.

Análise da composición, función, mecanismo de actuación, utilización e formas cosméticas dos cosméticos usados para a maquillaxe de unllas de mans e pés.

A fitocosmética e a súa aplicación en perruquería:

Identificación das substancias usadas na fitocosmética con aplicación en perruquería.

Descrición dos tratamentos fitocosméticos que se poden aplicar nos procesos de perruquería e nos tratamentos capilares, relacionando a súa composición e formas de actuación cos efectos que producen.

Operacións fisicoquímicas necesarias para e preparación e uso dos productos cosméticos e substancias de uso frecuente en perruquería:

Identificación das operacións e material necesario para a preparación e manipulación de cosméticos de uso frecuente en perruquería.

Realización de operacións sinxelas necesarias para a preparación e manipulación de productos cosméticos: medicións, filtracións, decantacións, homoxeneizacións, elaboración de filtros, etc.

Realización de operacións para a extracción de substancias activas. Infusións.

Preparación de cosméticos sinxelos para uso inmediato: disolucións, emulsións temporais, suspensións temporais, máscaras capilares, etc.

Seguridade e hixiene na manipulación e aplicación de productos cosméticos:

Identificación dos factores que inciden negativamente na conservación de productos cosméticos.

Observación das alteracións producidas nos productos cosméticos por incorrecta manipulación ou almacenaxe.

Establecemento de pautas para unha correcta organización do almacén e para a detección das posibles alteracións de productos cosméticos.

Determinación das precaucións que se deben tomar nas operacións de preparación e manipulación de productos cosméticos.

Accidentes cosméticos más frecuentes, relacionándoos coas súas causas e consecuencias.

Identificación das principais reaccións adversas e enfermidades profesionais relacionadas coa manipu

lación de productos cosméticos e substancias de uso frecuente en perruquería.

Contidos conceptuais: química cosmética.

Concepto de ácido e base, oxidación e reducción.

Características e propiedades das substancias de uso frecuente en perruquería: auga, alcohol, amoníaco.

Auga osixenada. Propiedades, características, dilucións. Aplicacións profesionais.

Características e propiedades das disolucións. Expresión da concentración. Aplicación en cosmética.

Sistemas dispersos:

-Composición xeral e propiedades das suspensións. Aplicación en cosmética.

-Fases, composición xeral e tipos das emulsións. Aplicacións en cosmética.

-Características e propiedades das dispersións coloidais. Aplicacións en cosmética.

Conceptos básicos de química orgánica con aplicación en cosmética. Propiedades que confiren ás substancias os grupos funcionais máis representativos.

Cosmetoloxía xeral:

Definición, composición xeral dos productos cosméticos.

Clasificación de productos cosméticos en función do seu lugar de aplicación, a súa forma cosmética e a súa función principal.

Formas cosméticas.

Penetración e mecanismos de actuación dos cosméticos.

Lexislación sobre productos cosméticos:

Lexislación española.

Lexislación da UE.

Os procesos de perruquería e os seus fundamentos científicos:

Hixiene capilar. Fundamentos da hixiene por deterxencia, dilución e adsorción.

Cambios de forma:

-A queratina capilar. Estructura.

-Principio científico dos cambios de forma temporais.

-Principio científico dos cambios de forma permanentes.

Cambios de cor:

-Leis da cor. Aplicacións en perruquería.

-Coloración e decoloración capilar: procesos químicos.

Cosmética específica para o cabelo:

Composición, función, formas cosméticas, mecanismo de actuación, clasificación e utilización de:

-Cosméticos para a hixiene, acondicionamento e protección do cabelo:

-Champús. Tensioactivos.

-Acondicionadores do cabelo.

-Fixadores.

-Locións capilares. Principios activos.

-Reestructurantes.

-Cosméticos decorativos para o cabelo, de uso profesional e non profesional.

-Cosméticos de uso técnico para procesos de cambios de forma do cabelo:

-Cosméticos para os cambios de forma temporal: para o cambio de forma e para despois do cambio (locións, plastificantes, xeles, escumas, etc.).

-Cosméticos para os cambios de forma permanente: para antes do cambio e para o cambio na fase de reducción (reductores e álcalis) e na fase de neutralización (oxidantes e ácidos).

-Cosméticos para os cambios de cor no cabelo:

-Cosméticos para coloración temporal.

-Cosméticos para coloración semipermanente.

-Cosméticos para coloración permanente.: tinturas vexetais, metálicas, vexetometálicas e de oxidación.

-Cosméticos decolorantes.

-Cosméticos para o tratamento estético de alteracións capilares que afecten a estructura do talo capilar.

Cosmética específica para o rasurado e amaño de barba e bigote:

Composición, función, mecanismos de actuación, clasificación, utilización e formas cosméticas de:

-Cosméticos para antes do rasurado, para o rasurado e para despois do rasurado.

Cosmética para manicura e pedicura:

Composición, función, mecanismo de actuación, clasificación, utilización e formas cosméticas de:

-Cosméticos para a pel de mans e pés.

-Cosméticos para o coidado das unllas e específicos para a zona periungueal.

-Cosméticos para a maquillaxe.

A fitocosmética e a súa aplicación en perruquería:

Definición de fitocosmética.

A aplicación da fitocosmética ós tratamentos capilares e os procesos de perruquería.

Substancias e productos máis relevantes.

Operacións fisicoquímicas para a preparación e uso dos productos cosméticos e substancias de uso frecuente en perruquería:

Medidas de peso e volume. Expresión e execución práctica de medicións.

Operacións de separación de compoñentes por procedementos físicos.

Homoxeneización.

Operacións para a extracción de substancias activas. Infusións.

Operacións para preparar cosméticos sinxelos para uso inmediato: emulsións temporais, disolucións, suspensións temporais, máscaras capilares.

Seguridade e hixiene na manipulación e aplicación de productos cosméticos:

Conservación dos productos cosméticos:

-Factores que inciden negativamente na conservación de productos cosméticos.

-Manifestación das alteracións producidas nos productos cosméticos e a súa detección.

Precaucións nas operacións de preparación e manipulación de productos cosméticos.

Causas e consecuencias dos accidentes cosméticos.

Enfermidades profesionais relacionadas coa manipulación dos productos cosméticos e substancias de uso frecuente en perruquería.

Contidos actitudinais: química cosmética.

Interese polo estudio dos conceptos básicos de química con aplicación en cosmética, recoñecendo a súa importancia para o coñecemento da cosmetoloxía.

Cosmetoloxía xeral:

Valoración da importancia do coñecemento da composición básica de cosméticos nos estudios de técnico en perruquería.

Lexislación sobre productos cosméticos:

Recoñecemento da importancia de posuír coñecementos básicos da lexislación española e europea sobre productos cosméticos para os e as profesionais da perruquería.

Cosmética específica para o cabelo:

Interese pola busca de información técnica sobre a composición de cosméticos, para coñece-los seus mecanismos de acción.

Espírito crítico nas informacións recollidas sobre os efectos dos cosméticos.

Interese polo estudio dos cosméticos para o cabelo, relacionando a súa composición coas súas funcións e usos.

Cosmética específica para o rasurado e amaño da barba e bigote:

Valoración da importancia das técnicas complementarias de perruquería e, polo tanto, do coñecemento dos cosméticos específicos para o rasurado e amaño de barba e bigote.

Cosmética específica para manicura e pedicura:

Predisposición polo estudio dos cosméticos usados en manicura e pedicura para coñece-los seus efectos e aplicacións.

A fitocosmética e a súa aplicación en perruquería:

Recoñecemento da importancia do uso de substancias fitocosméticas nos procesos e tratamentos estéticos de perruquería pola súa escasa toxicidade e como parte dos tratamentos naturais e integrais que se poden realizar no salón de perruquería.

Operacións fisicoquímicas para a preparación e uso de productos cosméticos e substancias de uso frecuente en perruquería:

Interese pola preparación de productos cosméticos sinxelos, non só como parte integrante das operacións necesarias para a súa manipulación e aplicación, senón como unha forma de estudio e comprensión da súa composición.

Respecto polas normas de manipulación de productos químicos e de uso de medios materiais no laboratorio.

Preocupación pola hixiene e coidado dos medios materiais usados na preparación e manipulación de productos cosméticos.

Seguridade e hixiene na manipulación e aplicación de productos cosméticos:

Recoñecemento da importancia dunha boa almacenaxe e conservación dos productos cosméticos para evitar alteracións neles.

Responsabilidade na manipulación e uso de productos cosméticos para evitar accidentes cosméticos, reaccións adversas e/ou enfermidades profesionais.

Conciencia da importancia de coñecer e detecta-las reaccións adversas producidas por productos cosméticos para actuar en caso necesario.

Preocupación por previ-las enfermidades profesionais adoptando as medidas e posturas anatómicas necesarias.

3.4. Módulo de formación en centros de traballo.

Duración 380 horas.

RealizaciónsCriterios de realización

1Participar nas actividades de recepción e atención xeral á clientela.-Recibir e atende-la clientela de acordo cos procedementos da empresa, amosando unha actitude correcta.-Realizar reservas de servicios no establecemento, persoal ou telefonicamente, confeccionando a axenda de servicios en función da planificación do establecemento e das demandas da clientela.
-Preparar e protexe-la clientela, coa indumentaria apropiada para a prestación do servicio, ordenando e custodiando as prendas de vestir, ó tempo que permanece no establecemento.
-Rexistrar no soporte habitual (ficha técnica ou informe da clientela) a información técnica necesaria para a prestación do servicio.

2Aplicar procedementos e técnicas de hixiene, desinfección e esterilización nas instalación e equipos de uso nos establecementos de perruquería.-Operar destramente cos medios técnicos necesarios para limpar, desinfectar e/ou esteriliza-los equipos e medios técnicos usados nos establecementos de perruquería, realizando os cálculos necesarios para a súa execución.
-Realiza-los procedementos de hixiene, desinfección e esterilización dos útiles cortantes, aplicando medidas de protección persoal e propoñendo o uso de material dun só uso cando sexa necesario.

RealizaciónsCriterios de realización

3Control e organización do almacén.-Ordena-lo almacén atendendo ós criterios establecidos na empresa e tendo en conta as medidas de seguridade e hixiene na conservación de productos cosméticos.

4Participar no asesoramento á clientela sobre os posibles cambios no cabelo, barba e bigote.-Aplicar técnicas de entrevista e diálogo coa clientela para detecta-las posibles demandas e necesidades, baixo supervisión directa.
-Estudia-la imaxe da clientela, as súas características físicas, condicións e características do cabelo, para elaborar propostas de cambios no cabelo, barba e bigote.
-Propoñer solucións ante a directora ou director técnico do equipo para responder ás demandas e necesidades da clientela.
-Asistir, coa actitude axeitada, as proposicións de cambios no cabelo efectuada á clientela pola dirección técnica.
-Elaborar esbozos que reflictan os cambios propostos á clientela.
-Localizar e utilizar axeitadamente o material de apoio na proposta presentada á clientela.

5Participar na identificación de alteracións do coiro cabeludo con repercusión estética.-Prepara-los medios técnicos necesarios e colaborar co persoal especializado no diagnóstico estético de alteracións capilares, logo de acomodación e protección da clientela.
-Participar, baixo supervisión directa, no diagnóstico das alteracións estéticas capilares e determinar cando é necesario remitir á consulta especializada.
-Propor posibles tratamentos capilares que respondan ás alteracións estéticas.
-Preparar e aplica-los cosméticos de tratamento, logo de acomodación e protección da clientela.
-Participar no seguimento do tratamento, colaborando coa supervisión técnica no asesoramento á clientela sobre os coidados cosmetolóxicos e prácticas de saúde que favorezan a optimización dos resultados.

6Aplicar técnicas de hixiene capilar baixo instruccións e supervisión directa.-Utiliza-los medios de protección persoal e da clientela, adoptando a posición anatómica axeitada e comprobando que se cumpren as condicións de seguridade e hixiene.
-Prepara-los medios técnicos e executa-las fases da hixiene capilar.

7Aplicar técnicas de cambios de cor no cabelo baixo instruccións e supervisión directa.-Prepara-los medios técnicos necesarios para os cambios de cor no cabelo, logo de acomodación e protección de profesional e clientela.
-Realiza-las fases dos procesos de cambios de cor no cabelo: análise e diagnóstico, determinación da técnica e productos, execución e avaliación de resultados, utilizando as distintas técnicas, baixo a supervisión da dirección técnica.
-Manexar destramente os aparellos e os medios técnicos necesarios para os cambios de cor, comprobando que se cumpren as medidas de seguridade e hixiene.

8Participar nas operacións técnicas de corte de cabelo.-Prepara-los medios técnicos necesarios para o corte de cabelo, logo de acomodación e protección da clientela, comprobando que se cumpren as medidas de seguridade e hixiene.
-Prepara-lo cabelo para a realización do corte e participar coa actitude axeitada na súa execución.
-Retira-los restos de corte da indumentaria da clientela e limpar e protexe-los instrumentos de corte e demais equipos utilizados.
-Realiza-los peiteados e acabados necesarios, amosando os cambios efectuados.

9Participar nas operacións técnicas de amaño de barba e bigote.-Prepara-los medios técnicos e productos necesarios para o amaño de barba e bigote, logo de acomodación e protección da clientela, comprobando que se cumpren as medidas de seguridade e hixiene.
-Executa-los amaños de barba e bigote tendo en conta as necesidades e demandas da clientela baixo supervisión directa.

RealizaciónsCriterios de realización

10Aplicar técnicas de cambios de forma temporal ou permanente no cabelo baixo instruccións e supervisión directa.-Prepara-los medios técnicos necesarios para os cambios de forma no cabelo, logo de acomodación e protección de profesional e clientela.
-Executa-las fases de cambios de forma temporal ou permanente do cabelo: diagnóstico, determinación da técnica, realización de montaxes con molde e aplicación dos productos cosméticos necesarios, realizando os acabados necesarios e a avaliación dos resultados.

11Aplicar técnicas de secados e peiteados baixo instruccións e supervisión directa.-Utiliza-los medios de protección persoal e da clientela, adoptando a posición anatómica axeitada e comprobando que se cumpren as condicións de seguridade e hixiene.
-Prepara-los medios técnicos e executa-las fases dos procesos de secados e peiteados, manexando destramente os equipos e medios técnicos necesarios.
-Analiza-los resultados obtidos, utilizando o espello para resalta-los cambios efectuados.

12Realizar distintos tipos de recollidos baixo instruccións e supervisión técnica directa.-Prepara-los medios técnicos necesarios para a realización de recollidos, logo de acomodación e protección da clientela.
-Executar destramente as distintas técnicas de recollidos axeitadas ás demandas da clientela e a ocasión.

13Participar nas operacións técnicas de aplicación de extensións e postizos.-Prepara-los medios técnicos necesarios para a aplicación de extensións e postizos, logo de acomodación e protección da clientela.
-Realizar distintas técnicas de aplicación de extensións baixo instruccións e supervisión directa.
-Realizar distintas técnicas de aplicación de postizos baixo instruccións e supervisión directa.

14Aplicar técnicas de manicura e pedicura baixo instruccións e supervisión directa.-Utiliza-los medios de protección persoal e da clientela, adoptando a posición anatómica axeitada e comprobando que se cumpren as condicións de seguridade e hixiene.
-Prepara-los medios técnicos e executa-las fases dos procesos de manicura e pedicura e masaxe de mans e pés.

15Participar no asesoramento á clientela sobre os cambios efectuados.-Amosar, utilizando o espello de tocador, os efectos que producen os cambios na imaxe persoal da clientela.
-Avalia-los resultados obtidos, aplicando técnicas para detecta-lo grao de satisfacción da clientela.
-Asesora-la clientela sobre a forma axeitada de tratar e manexa-lo cabelo para sacar maior partido dos cambios efectuados e optimiza-los resultados.

16Realiza-la producción e venda de servicios, productos cosméticos, utensilios e aparellos de uso en perruquería, aplicando técnicas de venda segundo os medios dispoñibles e as especificacións recibidas.-Identifica-lo tipo de clientela e as súas necesidades e demandas.-Seleccionar e presenta-la gama de productos e servicios que responden ás necesidades e demandas detectadas, destacando as propiedades e características dos productos ou do servicio prestado.
-Aplicar técnicas de negociación, pechando a venda e aténdose sempre ós principios da ética profesional.
-Elaborar documentación, anotando na ficha técnica ou informe da clientela, o servicio prestado e a venda realizada.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral.

Capacidades terminais elementais:

Analiza-las situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afecta-la saúde.

Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes.

Analiza-las actuacións que se seguirán no caso de accidentes de traballo.

Aplica-las medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

Analiza-las formas e procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

Analiza-las propias capacidades e intereses así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

Identifica-lo proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

Identifica-las ofertas de traballo no sector productivo referido ós seus intereses.

Analiza-los dereitos e obrigas que se derivan das relacións laborais.

Describi-lo sistema de protección social.

Analiza-la evolución socioeconómica do sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contidos (duración 55 horas).

Contidos procedementais: saúde laboral.

Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores.

Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

Identificación dos factores de riscos nun contexto concreto.

Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.

Identificación de anomalías nas máquinas e ferramentas do taller.

Determinación dos equipos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais:

Identificación das distintas modalidades de contratación.

Identificación dos dereitos e obrigas dos empresarios e traballadores.

Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

Elaboración dunha folla de salario.

Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

Orientación e inserción socio-laboral:

Elaboración do currículum vitae e actividades complementarias deste.

Identificación e definición de actividades profesionais.

Localización de institucións formativas asi como investigación e temporalización dos seus plans de estudios.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

Análise dunha empresa do sector.

Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.

Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais: saúde laboral.

Condicións de traballo e seguridade.

Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

Danos profesionais.

Medidas de prevención e protección.

Marco legal de prevención laboral.

Notificación e investigación de accidentes.

Estatística para a seguridade.

Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais:

Dereito laboral nacional e comunitario.

Contrato de traballo.

Modalidades de contratación.

Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

Órganos de representación dos traballadores.

Convenios colectivos.

Conflictos colectivos.

Seguridade Social e outras prestacións.

Orientación e inserción sociolaboral:

Mercado de traballo.

A autoorientación profesional.

O proceso da busca de emprego. Fontes de información e emprego.

Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

Itinerarios formativos/profesionalizadores.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

Tipoloxía e funcionamento das empresas.

Evolucio socioeconómica do sector.

Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais:

Respecto pola saúde persoal e colectiva.

Interese polas condicións de saúde no traballo.

Valoración do ambiente como patrimonio común.

Interese por coñecer e respecta-las disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

Valoración da necesidade do cumprimento da normativa laboral.

Igualdade ante as diferencias socioculturais e trato non discriminatorio en tódolos aspectos inherentes á relación laboral.

Toma de conciencia dos valores persoais.

Actitude emprendedora e creativa para adaptarse ás propias necesidades e aspiracións.

Preocupación polo mantemento da ética profesional.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Profesorado.

4.1.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de perruquería.

Módulo profesionalEspecialidade do

profesorado

Corpo

1Dirección técnico-artísticaPerruqueríaProfesor técnico de FP
2Tratamentos capilaresAsesoría e procesos de imaxe persoalProfesor de ensino secundario
3Hixiene, desinfección e esterilización aplicadas á perruqueríaPerruqueríaProfesor técnico de FP
4Cambios de cor no cabeloPerruqueríaProfesor técnico de FP
5Corte do cabelo e técnicas complementariasPerruqueríaProfesor técnico de FP
6Cambios de forma no cabeloPerruqueríaProfesor técnico de FP
7Peiteados, acabados e recollidosPerruqueríaProfesor técnico de FP
8Técnicas básicas de manicura e pedicuraPerruquería

Estética

Profesor técnico de FP

Profesor técnico de FP

9Administración, xestión e comercialización na pequena empresaFormación e orientación laboralProfesor de ensino secundario
10Anatomía e fisioloxía humanas básicasAsesoría e procesos de imaxe persoal

Procesos sanitarios

Profesor de ensino secundario

Profesor de ensino secundario

11Cosmetoloxía aplicada á perruqueríaAsesoría e procesos de imaxe persoalProfesor de ensino secundario
12Formación e orientación laboralFormación e orientación laboralProfesor de ensino secundario

4.1.2. Materias do bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas no presente decreto:

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

BioloxíaAsesoría e procesos de imaxe persoal

Procesos sanitarios

Profesor de ensino secundario

Profesor de ensino secundario

EconomíaFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario
Economía e organización de empresasFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

(1) Título de licenciado en administración e dirección de empresas, licenciado en ciencias empresariais, licenciado en ciencias actuariais e financeiras, licenciado en economía, licenciado en investigación e técnicas de mercado, diplomado en ciencias empresariais e diplomado en xestión e Administración pública.

4.1.3. Titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia:

As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docenica, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes para efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o R.D. 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade

do profesorado

Titulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Procesos sanitarios-Diplomado en enfermería
Formación e orientación laboral-Diplomado en ciencias empresariais-Diplomado en relacións laborais-Diplomado en traballo social-Diplomado en educación social-Diplomado en xestión e Administración pública

As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesores técnicos de formación profesional deste título son as que figuran na táboa.

Especialidade

do profesorado

Titulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Perruquería-Técnico especialista en perruquería
Estética-Técnico superior en estética-Técnico especialista en estética

4.2. Requisitos mínimos de espacios e instalacións para impartir estas ensinanzas.

De conformidade co establecido no R.D. 777/1998, do 30 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao medio de perruquería require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espacios mínimos:

Espacio formativoSuperficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Aula obradoiro de perruquería120 m90 m65%
Aula polivalente60 m40 m35%

A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ó número de postos escolares establecido no artigo 35 do R.D. 1004/1991, do 14 de xuño. Poderán autorizarse unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reduci-los espacios formativos proporcionalmente ó número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

O «grao de utilización» expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espacio prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

Na marxe permitida polo «grao de utilización», os espacios formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas ós espacios formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

Non debe interpretarse que os diversos espacios formativos identificados deban diferenciarse necesariamente mediante pechamentos.

4.3. Validacións e correspondencias.

4.3.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional:

-Dirección técnico-artística.

-Tratamentos capilares.

-Hixiene, desinfección e esterilización aplicadas á perruquería.

-Cambios de cor no cabelo.

-Corte do cabelo e técnicas complementarias.

-Cambios de forma no cabelo.

-Peiteados, acabados e recollidos.

-Técnicas básicas de manicura e pedicura.

-Administración, xestión e comercialización na pequena empresa.

4.3.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral:

-Dirección técnico-artística.

-Tratamentos capilares.

-Hixiene, desinfección e esterilización aplicadas á perruquería.

-Cambios de cor no cabelo.

-Corte do cabelo e técnicas complementarias.

-Cambios de forma no cabelo.

-Peiteados, acabados e recollidos.

-Técnicas básicas de manicura e pedicura.

-Formación e orientación laboral.

-Formación en centros de traballo.

4.4. Distribución horaria:

Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse da seguinte forma:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre
130Dirección técnico-artística
55Hixiene, desinfección e estirilización aplicadas á perruquería
215Cambios de forma no cabelo
215Peiteados acabados e recollidos
105Anatomía e fisioloxía humanas básicas
160Cosmetoloxía aplicada á perruquería
4º, 5º e 6º trimestre
110Tratamentos capilares
180Cambios de cor no cabelo
180Corte de cabelo e técnicas complementarias
55Técnicas básicas de manicura e pedicura
80Administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa
55Formación e orientación laboral
380Formación en centros de traballo

As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 80, que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.