Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 16 de marzo de 1999 Páx. 3.040

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

REAL ACADEMIA DE BELAS ARTES NOSA SEÑORA DO ROSARIO

ANUNCIO.

A Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario anuncia a provisión dunha vacante de académico de número na sección de Escultura. O candidato deberá residir en Galicia e, no caso de que non nacese na Comunidade galega, deberá acreditar seis anos de residencia nela.

Anúnciase tamén a provisión dunha vacante de académico correspondente á que se poden presentar persoas de nacionalidade española ou estranxeira, e poderán residir dentro ou fóra de Galicia.

As persoas que polas súas actividades a prol da arte se consideren en posesión das condicións esixidas para aspirar a estas prazas deberán acredita-los seus méritos mediante presentación do seu respectivo currículum vitae, e terán ser propostas, cada unha delas, por tres académicos de número, dentro do prazo dun mes a partir da publicación do presente anuncio.

Enderezo da academia: Praza do Pintor Sotomayor, s/n., 15001-A Coruña.

A Coruña, 17 de febreiro de 1999.

O presidente

Rubricado