Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 16 de marzo de 1999 Páx. 3.040

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO de contratación.

Obxecto. A contratación mediante concurso da obra de aforro enerxético en varios lugares.

Duración do contrato. Catro meses.

Tipo de licitación. 14.947.264 ptas.

Pago. O 50% da certificación unha vez aprobada pola Comisión de Goberno. A cantidade restante cando sexa recibida a subvención da Consellería de Industria e Comercio.

Prego de condicións. Poderá ser examinado na Secretaría do Concello.

Garantías. Provisional, 298.945 ptas. Definitiva, o 4% do prego de adxudicación.

Presentación de plicas. Durante os trece días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio.

Proposicións. Sobre A denominado «Proposición económica para optar ó concurso da obra de «Aforro enerxético en varios lugares», xuntando a oferta económica. Sobre B denominado «Documentos», que conterá:

-Empresario individual. Copia do DNI, se se actúa por representación copia do poder.

-Resgardo da fianza provisional.

-Declaración de non estar incurso en causa de incapacidade.

-Melloras ofrecidas e maior número das obras ofertadas sobre as establecidas no proxecto.

-Relación das obras realizadas para este concello nos 5 últimos anos.

-Informes ou referencias sobre a solvencia económica do licitador.

-Modelo e precio dos materiais ofertados.

Os gastos derivados da publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Teo, 22 de febreiro de 1999.

Armando Blanco Martínez

Alcalde