Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 16 de marzo de 1999 Páx. 3.025

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución do parque eólico denominado Paxareiras IIC. (Expediente IN407A 96/118-1).

Examinado o expediente instruído a pedimento de Eurovento, S.L. (unipersoal), con enderezo social na rúa Galeras n º 17, 3º, 15705 Santiago de Compostela, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Paxareiras IIc, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data do 4 de outubro de 1996, Cristina Guillén Blecua, en nome e representación de Eurovento, S.L. (unipersoal), solicitou a autorización administrativa das instalacións, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial do parque eólico denominado Paxareiras IIc de 20,4 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, o Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre instalacións hidraúlicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovable, e Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O proxecto someteuse a información pública por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña con data do 2 de decembro de 1996, para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, 2619/1966, 2366/1994 e 205/1995, antes mencionados. A citada resolución foi publicada no Diario Oficial de Galicia do 23 de decembro de 1996, no Boletín Oficial del Estado do 27 de decembro de 1996, no BOP da Coruña do 16 de decembro de 1996 e no diario El Ideal Gallego do 12 de decembro de 1996.

Durante o prazo de información pública non se recibiron alegacións.

Terceiro.-Con data de novembro de 1997, a Dirección Xeral de Industria resolveu recoñece-la condición de instalacións acollidas ó réxime especial de producción eléctrica a determinados parques eólicos que se implantarán como consecuencia do desenvolvemento do Plan eólico estratéxico denominado Pee Seawest, entre os que figura o parque eólico de Paxareiras IIc.

Cuarto.-Con do data 13 de novembro de 1998, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental acordou aproba-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico.

Quinto.-Con data do 19 de marzo de 1997, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, emitiu informe favorable sobre

o citado proxecto, coas seguintes características básicas:

Localización e coordenadas poligonais:

NomeMunicipiosVértices

Paxareiras IIcMazaricos, Muros e CarnotaX Y

494.700 4.746.000

495.000 4.746.500

495.000 4.750.000

498.500 4.750.000

499.000 4.745.000

498.000 4.744.000

497.118 4.745.516

Nº de aeroxeradores: 34.

Potencia unitaria por aeroxerador: 600 kW.

Potencia total instalada: 20,4 MW.

Altura das torres: 40 m.

Diámetro das pas: 44 m.

Producción estimada: 73.500 MWh/año.

Investimento material previsto: 2.445.678.200 ptas.

Fundamentos de dereito.

Primero.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

-Autorizarlle administrativamente a Eurovento, S.L. (unipersoal) a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Paxareiras IIc que se situarán nos termos municipais de Mazaricos, Muros e Carnota.

-Aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.

A presente autorización axustarase ás condicións seguintes:

Primeira.-Eurovento, S.L. (unipersoal), para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes a contado desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza por importe 48.913.564 pesetas, consonte o disposto no artigo 14 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11, alínea 3º do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa, cun orzamento de 2.445.678.200 ptas.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto, será necesaria a previa autorización desta Dirección Xeral de Industria. Así mesmo, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será dun ano a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Eurovento, S.L. no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación ás instalacións que se autorizan do réxime especial creado polo Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, segundo o establecido na disposición transitoria primeira do Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración, a empresa titular da instalación deberá inscribir aquela no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (DOG do 14 de xullo), no prazo de dous meses, contados a partir da data da acta de posta en marcha da instalación. O parque interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Sexta.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencia ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Sétima.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento do condicionado imposto nesta resolución, así como aquelas que no seu día se emitan consonte o disposto no punto 4 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia.

Oitava.-A Administración resérvase o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1175/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso,

recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado desde a súa publicación, de acordo co establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria