Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 16 de marzo de 1999 Páx. 3.013

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se somete a información pública expediente de modificación concesional (ampliación de tráficos) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-7022; XG-396, da Coruña a Vigo e a Muros por Santiago de Compostela, con anexos e anexos-desviación.

A Dirección Xeral de Transportes mediante Resolución do 2 de marzo de 1998 (DOG do 24) somete a información pública o expediente de substitución e unificación das concesións da titularidade da empresa Castromil, S.A. seguintes:

-V-0430; XG-024, de Vilagarcía de Arousa a Vigo e a Bouzas.

-V-0461; XG-028, de San Clemente a Pontevedra, con anexos.

-V-0684; XG-043, de Campo Lameiro a Santiago de Compostela, con anexos.

-V-7022; XG-396, da Coruña a Vigo e a Muros por Santiago de Compostela, con anexos e anexos-desviación.

Con escritos presentados con data do 22 de decembro de 1998 e 2 de xaneiro de 1999, Castromil, S.A. solicita ampliación de tráficos (prolongación Vigo-CUVI) como modificación do proxecto de substitución e unificación das citadas concesións.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes da Coruña e Pontevedra (estación de autobuses) efectua-las alegacións que estimen oportunas no prazo dun mes contado a partir do día da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes