Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 16 de marzo de 1999 Páx. 3.013

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai público o cambio de titularidade da concesión do servicio público regular de transporte de viaxeiros por estrada a feiras e mercados: F-2476; XG-238, entre Celanova e diferentes localidades (de Podentes a Verín, Maceda, Ourense, Allariz, Couso de Salas, Vilanova, Bande, Xinzo de Limia, O Carballiño, Cartelle, Cualedro, Baltán e O Pinto).

O acordo directivo do 30 de novembro de 1998, autorizou a transmisión da concesión de referencia a favor da empresa Autocares Reza, S.L. por cesión do seu anterior titular, José Reza Vaquero.

O que se publica unha vez cumpridos os requisitos a que se condicionou a dita autorización, quedando subrogado o novo concesionario nos dereitos e obrigas da concesión.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes