Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 16 de marzo de 1999 Páx. 3.012

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de notificación (181/1998-10).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido.

Fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 181/1998-10 por instancia de María H. Novo Fernández e Ramón Núñez Fontáns contra Avelino Besada Gómez, nas actuacións do cal se dictou sentencia co encabezado e parte dispositiva que literalmente din:

Sentencia:

En nome de El-Rei.

En Santiago de Compostela o 18 de febreiro de 1999.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade, dictou a presente resolución no xuízo de faltas seguido perante este xulgado coa referencia número 181/1998 no que actuaron como partes, como denunciantes María Novo Fernández e Ramón Núñez Fontáns, e como denunciado Avelino Besada Gómez.

Foi parte o Ministerio Fiscal.

Resolvo que debo absolver e absolvo a Avelino Besada Gómez da falta que se lle imputaba, con declaración das custas de oficio.

Contra esta sentencia os interesados poderán interpo-lo recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial no prazo de 5 días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se exporán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal en que se basee a impugnación, e fixarase domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción das normas legais ou constitucionais que se consideren infinxidas, expresaranse as razóns da indefensión.

Así mesmo, deberase acreditar ter pedida a emenda da falta ou infracción na primeira instancia, agás no caso de que se cometesen en momento en que fose xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización poderá o recorrente pedi-la práctica de probas que non puido propoñer en primeira instancia, das probas propostas que lle foron indebidamente denegadas, sempre que formulase a oportuna reserva, e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle sexan imputables, expondo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciu indefensión.

Así por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa.

Lévese testemuño literal ós autos da súa razón, quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado.

E para que conste e lle sirva de notificación a Avelino Besada Gómez, expido e asino o presente en Santiago de Compostela o vintedous de febreiro de mil novecentos noventa e nove.

Secretario

Rubricado